lunes, 13 de abril de 2015

Liga, xornada 30: Granada 1 - Celta 1

O Celta rescata un punto no desconto, no peor partido do que vai de tempada, ante un equipo que dende o minuto tres dedicouse a dar patadas e a perder tempo, sempre co consentimento do árbitro.
Bongonda, Álex López e Jonny festexan o gol do primeiro [Foto Pepe Villoslada]
O partido comenzou co habitual fallo da defensa do Celta e o gol do Granada no minuto 3. A partir de aquí o Granada dedicouse a dar patadas e perder tempo. O Celta puido empatar por medio de Santi Mina pero o seu disparo diante do porteiro sae por enriba do longueiro. No minuto 25 Augusto abandonaba o campo lesionado entrando no seu lugar Álex López. No minuto 41 o colexiado amoestaba a Cabral polo Celta e a Murrillo polo Granada e un minuto despois falta durísima de Murillo sobre Pablo Hernández e ao árbitro non lle queda máis remedio que expulsalo. Murillo xa lle deu unha patada na cara que case lle rompe o nariz a Pablo Hernández ao principio do partido e o señor colexiado nin sequera pitou falta. Na segunda parte dominio do Celta e patadas e perdidas de tempo do Granada. Bo remate de Cabral a pase de Nolito que sae rozando o pau. No minuto 67 Bongonda entraba por Radoja e no minuto 81 Larrivey por un canso Pablo Hernández. Disparo desviado de Larrivey. Outro remate de Nolito desviado e o meta local retórcese de dor coma se lle desen unha malleira, incrible. No minuto 92 Hugo Mallo centra dende a dereita Larrivey déixaa de cabeza para Charles, este tamén de cabeza para Bongonda que bate a Roberto. Milagrosamente tras o gol do Celta aos xogadores do Granada rematáronselle os problemas físicos e xa non perdían tempo. Ao finalizar o partido o xogador local Iturra agrediu a Charles na cara pero como sempre pasa nesta merda de liga o comité de competición non fai absolutamente nada, iso si para meterlle 4 paridos a un xogador que non fixo nada como Larrivey andan rapidísimos.

FICHA:
[1] Granada C. F.: Roberto, Nyom, Babin, Murillo, Insua, Iturra, Rubén Pérez, Robert Ibáñez (Candellas, 76'), Márquez, Piti (Mainz, 44') e El Arabi (Córdoba, 64').
[1] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Radoja (Bongonda, 67'), Augusto (Álex López, 25'), Pablo Hernández (Larrivey, 81'); Santi Mina, Nolito e Charles.
Colexiado: Álvarez Izquierdo, mal. Expulsou a Murillo por dobre amonestación (42') e amonestou a Roberto, Nyom, Córdoba e Iturra polo Granada e a Jonny, Cabral, Álex López, Radoja e Pablo Hernández polo Celta.
Goles: 1-0, Robert (3'). 1-1, Bongonda (92').
Estadio: Os Cármenes, 14.338 espectadores.
Notas:
  • Sergio [5]
  • Hugo Mallo [5]
  • Cabral [6]
  • Fontás [4'5]
  • Jonny [5]
  • Radoja [5]
  • Bongonda [6]
  • Augusto [5]
  • Álex López [4]
  • Pablo Hernández [6'5]
  • Larrivey [-]
  • Santi Mina [5]
  • Nolito [6]
  • Charles [5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario