lunes, 20 de abril de 2015

Liga, xornada 32: Eibar 0 - Celta 1

O Celta gaña ao Eibar no seu difícil campo de Ipurúa e alonga o soño europeo grazas ao go de Nolito dende o punto de penalti.
Jonny, Krohn-Dehli, Larrivey e Orellana ao remate do partido [Foto LOF]
A primeira ocasión clara foi para Larrivey tras pase de Nolito pero o seu disparo sae alto tras estorbarse con Santi Mina, que venia en mellor posición para o remate. A segunda foi para Krohn-Dehli cun disparo dende fóra da área axustado ao pau que para o meta local. Cando se ía cumprir a media hora, Larrivey fai un piscinazo ao Cristiano Penaldo e o colexiado a dous metros pita penalti que despois rectifica a instancias do xuíz de liña que estaba a 20 metros e con xogadores por diante, ¡Velasco Carballo que malo es!. O Eibar intentouno cun disparo dende fóra da área que para Sergio. Xogadón de Krohn-Dehli que se vai de tres defensas en carreira e o seu disparo tras pisar a área sae rozando o pau esquerdo. Remate de Orellana por enriba do longueiro. No minuto 40 Santi Mina é derrubado dentro da área e o colexiado pita penalti, que é bastante claro, que transforma Nolito no 0-1. Cando se cumpría o tempo Nolito intentou sorprender cunha vaselina case dende o medio do campo que sae rozando o longueiro. Nada máis comezar o Eibar intentouno cun lanzamento de falta que despexa Sergio con apuros. Pouco despois Sergio atrapa outro disparo, este sen problemas. Ocasión clara de Hugo Mallo, tras pase de Krohn-Dehli, que sae fóra. Taconazo de Krohn-Dehli para Hugo Mallo que centra para Orellana que controla dentro da área pero o seu disparo sae moi frouxo. Ocasión para Nolito pero o seu disparo rexéitao a defensa, o balón cáelle a Orellana e o seu disparo despéxao o porteiro. Outra ocasión para Nolito que despexa un defensa a saque de esquina. A última ocasión foi para o Eibar pero o seu lanzamento dende fóra da área estrélase no longueiro. 0-1 e a soñar con Europa.

FICHA:
[0] S. D. Eibar: Irureta, Bóveda, Capa (Piovaccari, 46'), Arruabarrena, Borja, Dani García (Lekic, 68'), Lillo, Didac Vila, Saúl, Raúl Navas e Javi Lara (Manu del Moral, 46').
[1] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Augusto, Krohn-Dehli (Radoja, 86'); Santi Mina (Pablo Hernández, 70'), Orellana,  Nolito (Charles, 91'); e Larrivey.
Colexiado: Velasco Carballo, ¡que malo es!. Amonestou a Arruabarrena e Lillo polo Eibar e a Larrivey e Orellana polo Celta.
Goles: 1-0, Nolito de penalti (40').
Estadio: Ipurúa, 4.520 espectadores.
Notas:
  • Sergio [7]
  • Hugo Mallo [7]
  • Cabral [5]
  • Fontás [5]
  • Jonny [7]
  • Augusto [5'5]
  • Krohn-Dehli [8]
  • Radoja [-]
  • Santi Mina [6]
  • Pablo Hernández [6]
  • Orellana [7]
  • Nolito [7]
  • Charles [-]
  • Larrivey [6'5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario