O Celta dálle unha lección de como xogar ao fútbol a un equipo que só sabe xogar á contra e meter goles de rebote e que conseguiu gañar unha vez máis grazas ás axudas arbitrais. ¡Hasta los huevos, estamos hasta los huevos...!.
Os dous penaltis non sinalados polo ladrón, con nocturnidade e aleivosia, Perez Montero |
Baño absoluto do Celta que aos nove minutos xa se adiantara no marcador con gol de Nolito, que controla na esquerda vaise de dous defensas (máis ben déixaos en evidencia) e bate a Casillas de disparo raso. Aos 15 minutos o R. Mandril empata cun balón que queda morto na área tras un rebote. O Celta seguía dominando pero o R. Mandril dáballe a volta ao marcador noutra xogada de churro na que "Chicharrito" a quere deixar co peito, dálle mal e sáelle unha parede perfecta, cagada absoluta. O Celta seguiu ao seu e cinco minutos despois Orellana dáballe un pase a Santi Mina que deixa en evidencia a Marcelo e no man a man volve bater a Casillas. Outra gran xogada do Celta con pase de Orellana para Larrivey e o seu disparo o para Casillas. O Madrid puido empatar nunha contra precedida por unha falta sobre un xogador do Celta que o colexiado non quere pitar pero o disparo de Cristiano "piscinas" Penaldo estrélase no pau. No minuto 44 a super cagada, Krohn-Dehli perde un balón no seu campo o esférico chega a James "Infravalorado" Rodríguez que dispara o balón pega en Fontás, cambia a traxectoria e se coa na meta de Sergio. Nada máis comezar a segunda metade penalti sobre Nolito que o árbitro non pita. A continuación penalti de libro de Toni "non me quixo o Barça" Kroos sobre Orellana que o colexiado ao lado non pita (curiosamente este SINVERGÜENZA pitou 10 veces ao R. Mandril e gaño as 10, a maioría con polémica). O cagón de Europa só saía á contra e seguía encerrado na súa área co Celta pasándoo por enriba e foi entón cando o árbitro decidiu pitar faltas cada vez que un xogador do Celta se achegaba a un do R. Mandril pero o colmo foi cando manda saír do campo a Larrivey porque tiña sangue na camiseta e non o deixou entrar durante case 3 minutos porque non lle salio dos ovos e enfriou o partido xa que con 10 o Celta tivo que baixar a presión. O R. Mandril marcaba o cuarto nun pase longo que sorprende á defensa do Celta. O Celta realiza en cinco minutos un carrusel de cambios Bongonda, Charles e Pablo Hernández entraban por Orellana, Larrivey e Santi Mina. Despois os que presumen de equipo de categoría quitou dos xogadores de ataque e meteu dous defensas máis (Pepe "o asasino do Xetafe" e Alvaro "cono de ouro" Arbeloa) e rematou o partido con 6 defensas. As últimas do árbitro foi amoestar a Krohn-Dehli tras Sergio "que listo son que me acabo de sacar a ESO" Ramos montar unha tangana por non tirar o danes o balón fóra cando eles non o tiraron antes, non o amoesto porque senón teríao que ter expulsado. E xa para rematar, Larrivey tivo que esperar preto de tres minutos para que o deixase entrar ao campo pero a Kroos déixao entrar en segundos atacando o Celta por esa banda, incrible.
FICHA:
[2] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Augusto, Krohn-Dehli; Santi Mina (Pablo Hernández, 74'), Orellana (Bongonda, 69'), Nolito; e Larrivey (Charles, 73').
[4] Real Madrid: Casillas, Carvajal, Varane, Sergio Ramos, Marcelo, Kroos, Illarra, Isco (Jesé, 81'), James Rodríguez (Arbeloa, 84'), Ronaldo e Chicharito (Pepe, 74').
Colexiado: Pérez Montero, atraco a man armada. Amonestou a Jonny, Krohn-Dehli e Orellana polo Celta e a Sergio Ramos e Carvajal polo R. Madrid.
Goles: 1-0, Nolito (9'). 1-1, Kroos (15'). 1-2, Chicharito (23'). 2-2, Santi Mina (27'). 2-3, James Rodríguez (44'). 2-4, Chicharito (68').
Estadio: Balaídos, 25.274 espectadores.
Notas:
- Sergio [5'5]
- Hugo Mallo [7]
- Cabral [6]
- Fontás [5'5]
- Jonny [5]
- Augusto [7'5]
- Krohn-Dehli [6'5]
- Santi Mina [7]
- Pablo Hernández [6]
- Orellana [7'5]
- Bongonda [5]
- Nolito [9]
- Larrivey [6'5]
- Charles [6]
No hay comentarios:
Publicar un comentario