lunes, 23 de febrero de 2015

2ª división B, xornada 26: Celta "B" 0 - Compostela 1

[Foto www.celtadevigo.net]
FICHA:
[0] Celta "B": Óscar Santiago; Kevin, Soto, Casas (Goldar, 63'), Samu; Borja Domínguez, Borja Fernández (Luis Rioja, 64'); Señé, Jordan, Pucheta (Omar Santana, 64'); e Borja Iglesias.
[1] Compostela: Marqueta, Yosu, Alcañiz, Catú, Jimmy, Marcos, Manu Rodríguez, Lemos (Teles, 60'), Iván Pérez, Borja (Jordan, 75') e Yacine (Mensha, 79').
Colexiado: López Fernández-Montes. Amonestou a Borja Fernández, Omar Santana e Borja Domínguez.
Goles: 0-1, Yacine (1').
Estadio: Barreiro, uns 1.000 espectadores.

Liga, xornada 24: Coruña 0 - Celta 2

O Celta reina en Galiza gañando ao Coruña en Riazor por 0-2 con goles de Charles, que foi titular, e Larrivey, que sustituiu ao brasileiro na segunda parte.
Os xogadores festexando a vitoria coa afección o remate do partido [Foto Paco Rodríguez, La Voz de Galicia]
Aos cinco minutos do partido Charles "róuballe a carteira" ao central Lopo e este agárrao cando se ía só diante do porteiro, o árbitro perdóalle a tarxeta vermella e só móstralle a amarela. A primeira ocasión do noso derbi foi para Augusto cun remate de tacón dende fóra da área que obrigou ao meta local a despexar a saque de esquina. O Coruña respondeu cun remate dende dentro da área á saída dun corner que sae fóra rozando o pau. Bo cambio de sentido de Nolito dende a dereita a Orellena que controla e o seu remate dende fóra da área o volve atrapar o meta local. O ex céltico Oriol Riera intentouno cun disparo dende fóra da área ao que Sergio respondeu cunha gran parada desviando o esférico a saque de esquina. O partido chegaba ao descanso con dominio total do Celta. No primeiro minuto da reanudación Augusto rouba o balón no campo do Celta, pasa a Nolito na banda esquerda, vaise de Juanfran, e no borde da área pasa a Orellana que entra pola dereita e ante a saída do porteiro a pica para Charles que remata de cabeza ao fondo das mallas poñendo o 0-1 no marcador. Uns minutos despois o Coruña pediu penalti sobre Oriol Riera, totalmente inexistente. Remate alto do Coruña dende fóra da área. Sergio realiza un paradón, levántase realiza outro e con Sergio no chan e a portería baleira Oriol Riera estrélao no longueiro. No minuto 72 Lopo caza o nocello de Charles no campo do Celta e o árbitro sácalle a segunda tarxeta amarela. Charles retirábase entrando Larrivey no seu lugar. Catro minutos despois Álex López entraba ao terreo de xogo por Orellana. No minuto 82 o Celta presiona un saque de banda, o defensa do Coruña dórmese e Larrivey róuballe o balón vaise do porteiro e marca a porta baleira establecendo o 0-2 no electrónico de Riazor. Outra gran ocasión de Krohn-Dehli a pase de Nolito. Pablo Hernández entrou no minuto 90 por Krohn-Dehli. No tempo de desconto Nolito marcou o terceiro pero o árbitro anulouno por fóra de xogo.

FICHA:
[0] Deportivo de la Coruña: Fabricio, Juanfran, Lopo, Sidnei, Luisinho, Bergantiños, Borges, J. Rodríguez (Cuenca, 55'), Cavaleiro (Hélder Costa, 68'), Lucas Pérez e Oriol Riera.
[2] Celta de Vigo: Sergio; Sergi Gómez, Fontás, Cabral, Jonny; Radoja, Augusto, Krohn-Dehli (Pablo Hernández, 90'); Orellana (Álex López, 76'), Nolito e Charles (Larrivey, 72').
Colexiado: Pérez Montero, ben. Amonestou a Lucas Pérez, Luisinho e expulsou a Lopo con dobre amarela (72') polo Coruña e amonestou a Charles, Nolito, Sergio e Sergi Gómez polo Celta.
Goles: 0-1, Charles (46'). 0-2, Larrivey (82').
Estadio: Riazor, 30.334 espectadores.
Notas:
  • Sergio [8]
  • Sergi Gómez [7]
  • Cabral [7]
  • Fontás [6]
  • Jonny [6'5]
  • Radoja [6]
  • Augusto [8]
  • Krohn-Dehli [8'5]
  • Pablo Hernández [-]
  • Orellana [7'5]
  • Álex López [6]
  • Nolito [7'5]
  • Charles [8]
  • Larrivey [6'5]

viernes, 20 de febrero de 2015

Lista de convocados para o Coruña - Celta

Larrivey festexando o gol da vitoria ante o Coruña no partido da primeira volta
O adestrador Eduardo "Toto" Berizzo convocou para #onosoderbi a todos os xogadores, lesionados incluídos e aos xogadores do filial Borja Fernández e Samu Araujo.
  • Eduardo "Toto" Berizzo
  • 01. Sergio Álvarez
  • 02. Hugo Mallo [lesionado]
  • 03. Andreu Fontás
  • 04. Borja Oubiña [lesionado]
  • 05. Pablo Hernández
  • 06. Nemanja Radoja
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles Dias
  • 10. Manuel Agudo "Nolito"
  • 11. Joaquín Larrivey
  • 13. Rubén Blanco
  • 14. Fabián Orellana
  • 15. David Costas
  • 17. Levy Madinda
  • 18. Théo Bongonda
  • 19. Jonny Castro
  • 20. Sergi Gómez
  • 21. Carles Planas
  • 22. Gustavo Cabral
  • 23. Michael Krohn-Dehli
  • 24. Augusto Fernández
  • 28. Borja Fernández
  • 31. Samu Araujo

lunes, 16 de febrero de 2015

Horarios das xornadas 26, 27 e 28

Xornada 26
Vilarreal - Celta
Data: domingo 8 de marzo do 2015
Hora: 19:00 horas
Televisión: C+ Liga / Gol TV
Estadio: O Madrigal



Xornada 27
Celta - Athletic
Data: domingo sábado 15 14 de marzo do 2015
Hora: 17:00 22:00 horas
Televisión: C+ Liga / Gol TV Catro
Estadio: Balaídos



Xornada 28
Levante - Celta
Data: sábado 21 de marzo do 2015
Hora: 20:00 horas
Televisión: C+ Liga / Gol TV
Estadio: Ciutat de Valencia

2ª división B, xornada 25: Tropezón 3 - Celta "B" 1

[Foto www.eldiariomontañes.es]
FICHA:
[3] Tropezón: Iván, Cote, Bustillo, Sergio Conde, Luis Alberto, Nacho, Iñaki (Daniel, 45'), Luis González, Sota (Igor, 77'), Rafa (Juan, 68') e Álex.
[1] Celta "B": Óscar Santiago; Kevin, Soto, Casas, Samu; Borja Domínguez, Borja Fernández (Javi Que, 74'); Señé, Pucheta (Jordan, 62'), Omar Santana (Luis Rioja, 40') e Borja Iglesias.
Colexiado: González Hernández. Amonestou a Señé.
Goles: 1-0, Álex (31'). 1-1, Señé (44'). 2-1, Casas en propia porta (48'). 3-1, Juan (87').
Estadio: Santa Ana, uns 700 espectadores.

Liga, xornada 23: Celta 2 - Atl. Madrid 0

O Celta, nun dos mellores partidos da tempada, gaña ao Atlético de Madrid por dous goles a cero e chega a "o noso derbi" con catro puntos de vantaxe sobre o Coruña.
Once inicial do Celta [Foto Felipe Sevillano]
O partido comeza cun penalti por agarrón de Miranda sobre Larrivey que o árbitro non pita. Intentouno Krohn-Dehli cun lanzamento desde fóra do área que sae desviado. Griezmann disparou moi brando desde fóra do área e Sergio para sen problemas, na única chegada con "perigo" da primeira parte do actual campión. Nolito tamén o intento desde fóra do área pero o seu disparo sae fóra. Ata o descanso o Celta dominou ao Atlético de Madrid en todo momento. A segunda metade empeza cun disparo de Augusto desde fóra do área que sae por enriba do longueiro. Aos doce minutos Augusto controla o balón e este sae rebotado á súa man, o árbitro non pita porque é involuntaria xa que non corta ningunha acción, este pasa a Nolito que encara e é derribado dentro do área e agora o colexiado pita o penalti, que é moi claro. Nolito marca o penalti enganando a Moyá. Tralo gol o Atlético foise ao ataque e obrigou a Sergio a realizar unha gran parada tras un forte disparo desde fóra do área. Krohn-Dehli avanza pasa á dereita onde atopa a Nolito e o centro chut deste fállao Larrivey a porta baleira. Gran remate de Griezmann que entre o pau e Sergio evitan o empate a un. No minuto 71 Augusto avanza e pasa a Larrivey ao borde do área, este pasa a Krohn-Dehli que pasa a Orellana na dereita e o chileno bate a Moyá cun gran disparo cruzado, 2-0. No minuto 75 Larrivey abandonaba o terreo de xogo entrando Pablo Hernández. No minuto 85 penalti clarísimo de Fontás sobre Siqueira que o árbitro non pita. Nolito volve tolo á defensa visitante pasa a Orellana e o seu remate despéxao a saque de esquina Moyá realizando un paradón. No minuto 89 Álex López entraba por Krohn-Dehli e un minuto despois Santi Mina por Orellana. Final en Balaídos e agora toca o Coruña.

FICHA:
[2] Celta de Vigo: Sergio; Sergi Gómez, Cabral, Fontás, Jonny; Radoja, Augusto, Krohn-Dehli (Álex López, 89'); Orellana (Santi Mina, 90'), Nolito e Larrivey (Pablo Hernández, 75').
[0] Atlético de Madrid: Moyá, Juanfran, Godín, Miranda, Siqueira, Tiago (Mario Suárez, 33'), Gabi (Jiménez, 71'), Saúl, Torres (Cani, 46'), Griezmann e Mandzukic.
Colexiado: Martínez Munuera, mal. Amonestou a Godín, Cani e Mario Suárez polo Atlético de Madrid. 
Goles: 1-0, Nolito (13'). 2-0, Orellana (71').
Estadio: Balaídos, 22.090 espectadores.
Notas:
  • Sergio [7'5]
  • Sergi Gómez [6]
  • Cabral [7]
  • Fontás [6'5]
  • Jonny [6'5]
  • Radoja [7]
  • Augusto [7]
  • Krohn-Dehli [7'5]
  • Álex López [-]
  • Orellana [8]
  • Santi Mina [-]
  • Nolito [8'5]
  • Larrivey [5]
  • Pablo Hernández [5'5]

domingo, 15 de febrero de 2015

Lista de convocados para o Celta - Atl. Madrid

Mateo Lahoz demostrando a súa prepotencia no encontro da tempada pasada contra o Atl. Madrid en Balaídos
Non entran na lista Hugo Mallo e Borja Oubiña por lesión, David Costas e Levy Madinda por decisión técnica.
  • Eduardo "Toto" Berizzo
  • 01. Sergio Álvarez
  • 03. Andreu Fontás
  • 05. Pablo Hernández
  • 06. Nemanja Radoja
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles Dias
  • 10. Manuel Agudo "Nolito"
  • 11. Joaquín Larrivey
  • 13. Rubén Blanco
  • 14. Fabián Orellana
  • 18. Théo Bongonda
  • 19. Jonny Castro
  • 20. Sergi Gómez
  • 21. Carles Planas
  • 22. Gustavo Cabral
  • 23. Michael Krohn-Dehli
  • 24. Augusto Fernández

lunes, 9 de febrero de 2015

2ª división B, xornada 24: Celta "B" 4 - Zamora 1

[Foto www.lavozdegalicia.es]
FICHA:
[4] Celta "B": Óscar Santiago; Kevin, Soto, Goldar, Samu; Javi Rey (Casas, 55'), Jordan; Señé, Omar Santana (Luis Rioja, 66'), Pucheta; e Borja Iglesias (Javi Que, 66').
[1] Zamora: Miguel, Dani Mateos, Prada, Rivas, Kurbus, Garreta, Aarón, Cristian (Ocho, 55'), De la Nava, Rodri (Sergi Mut, 49') e Coque.
Colexiado: Alonso Prendes. Amonestou a Javi Rey, Omar Santana e Soto.
Goles: 1-0, Señé (12'). 2-0, Jordan (30'). 3-0, Borja Iglesias (43'). 3-1, Aarón (62'). 4-1, Javi Que (75').
Estadio: Barreiro, uns 500 espectadores.

Liga, xornada 22: R. Sociedade 1 - Celta 1

O Celta suma un punto en Anoeta nun partido bastante frouxo gracias a un gol de Nolito no minuto 85.
Nolito festexando o gol do empate [Foto www.farodevigo.es]
Aos 8 minutos de partido Krohn-Dehli precipítase na banda esquerda e o xogador local marcha pegado á liña de banda, centra, Sergi Gómez non defende e outro xogador local deixa de cabeza para que Agirretxe bata a Sergio dentro da área pequena tras gañarlle as costas a Cabral. A ocasión máis clara do Celta foi nun saque de esquina de Nolito que remata de cabeza Santi Mina rozando o pau. Agirretxe puido marcar o segundo pero Sergio realiza unha gran intervención. O partido non tivo nada máis destacado nesta primeira parte. A primeira ocasión da segunda parte foi de Santi Mina que realiza un gran remate tras pase de Sergi Gómez pero o porteiro local fai unha gran parada. No minuto 64 entraba no terreo de xogo Bongonda por Sergi Gómez. Remate frouxo de cabeza que para Sergio. Larrivey remata de cabeza fóra unha falta de Nolito. Nolito intentouno cun disparo dende moi lonxe que sae moi alto. Outro remate de Santi Mina que para o porteiro local. No minuto 79 Charles entraba por Álex López. Bongonda encara, pisa a área e pasa a Nolito que controla e á media volta marca o empate a un no minuto 85. Santi Mina abandonaba o campo por Pablo Hernández no minuto 88. O partido chegaba ao final.

FICHA:
[1] Real Sociedade: Rulli, Mikel (Elustondo, 81'), Íñigo, Granero, Agirretxe (Finnbogason, 64'), Xabi Prieto, Rubén Pardo, Canales, Chory Castro (Zurutuza, 64'), Yuri e Zaldua. 
[1] Celta de Vigo: Sergio; Sergi Gómez (Bongonda, 64'), Cabral, Fontás, Jonny; Augusto, Krohn-Dehli; Santi Mina (Pablo Hernández, 88'), Álex López (Charles, 79'), Nolito; e Larrivey.
Colexiado: Jaime Latre, ben. Amonestou a Mikel González, Granero, Agirretxe, Zaldua e Rubén Pardo pola R. Sociedade e a Augusto, Álex López, Cabral e Jonny polo Celta.
Goles: 1-0, Agirretxe (8'). 1-1, Nolito (85').
Estadio: Anoeta, 14.836 espectadores.
Notas:
  • Sergio [6]
  • Sergi Gómez [5]
  • Bongonda [6]
  • Cabral [6]
  • Fontás [6]
  • Jonny [6]
  • Augusto [6]
  • Krohn-Dehli [6'5]
  • Santi Mina [6'5]
  • Pablo Hernández [-]
  • Álex López [5'5]
  • Charles [5'5]
  • Nolito [7'5]
  • Larrivey [5]

domingo, 8 de febrero de 2015

Segundo aniversario


¡¡¡Segundo aniversario, gracias a tod@s l@s que algunha vez vos pasastes polo blog!!!.

viernes, 6 de febrero de 2015

Lista de convocados para o R.Sociedade - Celta

Gol ilegal da R.Sociedade no partido da tempada pasada que o árbitro non anulou
Non entran na lista Hugo Mallo, Borja Oubiña e Nemanja Radoja por lesión e Fabián Orellana por sanción. Entra na lista o xogador do filial Borja Fernández. Antes do partido o adestrador Eduardo Berizzo terá que facer un descarte, xa que convocou a 19 xogadores.
  • Eduardo "Toto" Berizzo
  • 01. Sergio Álvarez
  • 03. Andreu Fontás
  • 05. Pablo Hernández
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles Dias
  • 10. Manuel Agudo Nolito
  • 11. Joaquín Larrivey
  • 13. Rubén Blanco
  • 15. David Costas
  • 17. Levy Madinda
  • 18. Théo Bongonda
  • 19. Jonny Castro
  • 20. Sergi Gómez
  • 21. Carles Planas
  • 22. Gustavo Cabral
  • 23. Michael Krohn-Dehli
  • 24. Augusto Fernández
  • 28. Borja Fernández

lunes, 2 de febrero de 2015

2ª división B, xornada 23: Astorga 0 - Celta "B" 0

[Foto: Peio García (www.leonoticias.com)]
FICHA:
[0] Astorga: Javi, Cristian, Lago, David Uña, Víctor, Porfirio Puente, Diego (Asier, 31'), Taranilla (Rubén, 26'), Borjas, David Bandera (Marcos Blanco, 39') e Ivi Vales.
[0] Celta "B": Óscar Santiago; Kevin, Pablo Crespo, Soto, Casas; Borja Fernández, Javi Rey; Señé, Omar Santana (Youssef, 28')Javi Que (Puchetta, 35') e Borja Iglesias.
Colexiado: Vila Sánchez. Amonestou a Kevin, Puchetta, Borja Fernández e Pablo Crespo.
Goles: 0-0.
Estadio: A Eragudina.

Liga, xornada 21: Celta 1 - Córdoba 0

O Celta rompe o seu mal momento e volve gañar once xornadas despois, nun bo partido onde lamentablemente o árbitro quixo ser outra vez protagonista.
Festexando o gol de Nolito [Foto www.farodevigo.es]
A primeira ocasión do partido foi para o Córdoba cun disparo dende a área pequena que despexa ben Sergio. A partir de aquí o Celta fíxose co control do partido e puido marcar cun remate de Santi Mina a pase de Nolito que sae rozando o pau. Tívoa outra vez Santi Mina en xogada individual, vaise do defensa e o seu disparo despéxao a saque de esquina o meta visitante. Intentouno Krohn-Dehli cun lanzamento dende fóra da área que volve despexar a corner o porteiro. Boa combinación de Nolito e Larrivey, que é derrubado dentro da área pero o árbitro como é habitual non pita penalti. O Córdoba intentouno cun potente disparo dende fóra da área que Sergio despexa ben. Caída de Nolito dentro da área que o colexiado non pita e xa van dous penaltis non pitados neste encontro. Bo remate de cabeza de Larrivey a pase de Krohn-Dehli que o porteiro visitante rexeita, realizando unha gran parada. Larrivey tivo a última da primeira parte tras un gran pase de Krohn-Dehli dende o seu campo que o deixa só diante do porteiro pero o seu disparo sae moi brando e o porteiro para sen problemas. Cando pasaban 10 minutos da segunda parte e con dominio do Celta boa xogada de Santi Mina que pasa na frontal a Orellana, este deixa pasar e Nolito remata maxistral poñendo o 1-0 no marcador. Puido empatar o Córdoba pero Sergio volveu facer outra parada de mérito. No minuto 66 Álex López entraba ao campo por Santi Mina e doce minutos despois Radoja entraba por Orellana. Cando quedaban dez minutos para o final o árbitro quixo ter o seu protagonismo e pita penalti de Planas sobre un xogador visitante, cando o seu linier pitaba xogo perigoso do atacante, despois de varios minutos discutindo e tras expulsar a Berizzo faille caso ao seu linier e pita falta en ataque, na miña opinión hai prancha do atacante primeiro e logo Carles Planas arrolla o dianteiro. Pablo Hernández entraba por Augusto no minuto 89 e no desconto Nolito saca rápido de banda (como fixo en Xetafe) e deixa a Larrivey só diante do porteiro que realiza unha gran parada ao disparo do atacante arxentino.

FICHA:
[1] Celta de Vigo: Sergio; Sergi Gómez, Cabral, Fontás, Planas; Augusto (Pablo Hernández, 89'), Krohn-Dehli; Santi Mina (Álex López, 66'), Orellana (Radoja, 78'), Nolito; e Larrivey.
[0] Córdoba C. F.: Juan Carlos, Pantic, Crespo, Deivid (Borja Garcia, 78'), Rossi, Gunino, Edimar, Ghilas, Bebé, Florin e Heldon (Abel, 46').
Colexiado: Antonio Texeira Vitienes, mal. Amonestou a Orellana, Santi Mina e expulsou a Berizzo (80') polo Celta e a Heldon, Bebé e Abel polo Córdoba.
Goles: 1-0, Nolito (55').
Estadio: Balaídos, 15.502 espectadores.
Notas:
  • Sergio [7]
  • Sergi Gómez [6]
  • Cabral [6'5]
  • Fontás [7]
  • Planas [5]
  • Augusto [7'5]
  • Pablo Hernández [-]
  • Krohn-Dehli [8'5]
  • Santi Mina [7'5]
  • Álex López [6]
  • Orellana [7'5]
  • Radoja [5]
  • Nolito [8]
  • Larrivey [5'5]