lunes, 23 de febrero de 2015

Liga, xornada 24: Coruña 0 - Celta 2

O Celta reina en Galiza gañando ao Coruña en Riazor por 0-2 con goles de Charles, que foi titular, e Larrivey, que sustituiu ao brasileiro na segunda parte.
Os xogadores festexando a vitoria coa afección o remate do partido [Foto Paco Rodríguez, La Voz de Galicia]
Aos cinco minutos do partido Charles "róuballe a carteira" ao central Lopo e este agárrao cando se ía só diante do porteiro, o árbitro perdóalle a tarxeta vermella e só móstralle a amarela. A primeira ocasión do noso derbi foi para Augusto cun remate de tacón dende fóra da área que obrigou ao meta local a despexar a saque de esquina. O Coruña respondeu cun remate dende dentro da área á saída dun corner que sae fóra rozando o pau. Bo cambio de sentido de Nolito dende a dereita a Orellena que controla e o seu remate dende fóra da área o volve atrapar o meta local. O ex céltico Oriol Riera intentouno cun disparo dende fóra da área ao que Sergio respondeu cunha gran parada desviando o esférico a saque de esquina. O partido chegaba ao descanso con dominio total do Celta. No primeiro minuto da reanudación Augusto rouba o balón no campo do Celta, pasa a Nolito na banda esquerda, vaise de Juanfran, e no borde da área pasa a Orellana que entra pola dereita e ante a saída do porteiro a pica para Charles que remata de cabeza ao fondo das mallas poñendo o 0-1 no marcador. Uns minutos despois o Coruña pediu penalti sobre Oriol Riera, totalmente inexistente. Remate alto do Coruña dende fóra da área. Sergio realiza un paradón, levántase realiza outro e con Sergio no chan e a portería baleira Oriol Riera estrélao no longueiro. No minuto 72 Lopo caza o nocello de Charles no campo do Celta e o árbitro sácalle a segunda tarxeta amarela. Charles retirábase entrando Larrivey no seu lugar. Catro minutos despois Álex López entraba ao terreo de xogo por Orellana. No minuto 82 o Celta presiona un saque de banda, o defensa do Coruña dórmese e Larrivey róuballe o balón vaise do porteiro e marca a porta baleira establecendo o 0-2 no electrónico de Riazor. Outra gran ocasión de Krohn-Dehli a pase de Nolito. Pablo Hernández entrou no minuto 90 por Krohn-Dehli. No tempo de desconto Nolito marcou o terceiro pero o árbitro anulouno por fóra de xogo.

FICHA:
[0] Deportivo de la Coruña: Fabricio, Juanfran, Lopo, Sidnei, Luisinho, Bergantiños, Borges, J. Rodríguez (Cuenca, 55'), Cavaleiro (Hélder Costa, 68'), Lucas Pérez e Oriol Riera.
[2] Celta de Vigo: Sergio; Sergi Gómez, Fontás, Cabral, Jonny; Radoja, Augusto, Krohn-Dehli (Pablo Hernández, 90'); Orellana (Álex López, 76'), Nolito e Charles (Larrivey, 72').
Colexiado: Pérez Montero, ben. Amonestou a Lucas Pérez, Luisinho e expulsou a Lopo con dobre amarela (72') polo Coruña e amonestou a Charles, Nolito, Sergio e Sergi Gómez polo Celta.
Goles: 0-1, Charles (46'). 0-2, Larrivey (82').
Estadio: Riazor, 30.334 espectadores.
Notas:
  • Sergio [8]
  • Sergi Gómez [7]
  • Cabral [7]
  • Fontás [6]
  • Jonny [6'5]
  • Radoja [6]
  • Augusto [8]
  • Krohn-Dehli [8'5]
  • Pablo Hernández [-]
  • Orellana [7'5]
  • Álex López [6]
  • Nolito [7'5]
  • Charles [8]
  • Larrivey [6'5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario