lunes, 16 de febrero de 2015

Liga, xornada 23: Celta 2 - Atl. Madrid 0

O Celta, nun dos mellores partidos da tempada, gaña ao Atlético de Madrid por dous goles a cero e chega a "o noso derbi" con catro puntos de vantaxe sobre o Coruña.
Once inicial do Celta [Foto Felipe Sevillano]
O partido comeza cun penalti por agarrón de Miranda sobre Larrivey que o árbitro non pita. Intentouno Krohn-Dehli cun lanzamento desde fóra do área que sae desviado. Griezmann disparou moi brando desde fóra do área e Sergio para sen problemas, na única chegada con "perigo" da primeira parte do actual campión. Nolito tamén o intento desde fóra do área pero o seu disparo sae fóra. Ata o descanso o Celta dominou ao Atlético de Madrid en todo momento. A segunda metade empeza cun disparo de Augusto desde fóra do área que sae por enriba do longueiro. Aos doce minutos Augusto controla o balón e este sae rebotado á súa man, o árbitro non pita porque é involuntaria xa que non corta ningunha acción, este pasa a Nolito que encara e é derribado dentro do área e agora o colexiado pita o penalti, que é moi claro. Nolito marca o penalti enganando a Moyá. Tralo gol o Atlético foise ao ataque e obrigou a Sergio a realizar unha gran parada tras un forte disparo desde fóra do área. Krohn-Dehli avanza pasa á dereita onde atopa a Nolito e o centro chut deste fállao Larrivey a porta baleira. Gran remate de Griezmann que entre o pau e Sergio evitan o empate a un. No minuto 71 Augusto avanza e pasa a Larrivey ao borde do área, este pasa a Krohn-Dehli que pasa a Orellana na dereita e o chileno bate a Moyá cun gran disparo cruzado, 2-0. No minuto 75 Larrivey abandonaba o terreo de xogo entrando Pablo Hernández. No minuto 85 penalti clarísimo de Fontás sobre Siqueira que o árbitro non pita. Nolito volve tolo á defensa visitante pasa a Orellana e o seu remate despéxao a saque de esquina Moyá realizando un paradón. No minuto 89 Álex López entraba por Krohn-Dehli e un minuto despois Santi Mina por Orellana. Final en Balaídos e agora toca o Coruña.

FICHA:
[2] Celta de Vigo: Sergio; Sergi Gómez, Cabral, Fontás, Jonny; Radoja, Augusto, Krohn-Dehli (Álex López, 89'); Orellana (Santi Mina, 90'), Nolito e Larrivey (Pablo Hernández, 75').
[0] Atlético de Madrid: Moyá, Juanfran, Godín, Miranda, Siqueira, Tiago (Mario Suárez, 33'), Gabi (Jiménez, 71'), Saúl, Torres (Cani, 46'), Griezmann e Mandzukic.
Colexiado: Martínez Munuera, mal. Amonestou a Godín, Cani e Mario Suárez polo Atlético de Madrid. 
Goles: 1-0, Nolito (13'). 2-0, Orellana (71').
Estadio: Balaídos, 22.090 espectadores.
Notas:
  • Sergio [7'5]
  • Sergi Gómez [6]
  • Cabral [7]
  • Fontás [6'5]
  • Jonny [6'5]
  • Radoja [7]
  • Augusto [7]
  • Krohn-Dehli [7'5]
  • Álex López [-]
  • Orellana [8]
  • Santi Mina [-]
  • Nolito [8'5]
  • Larrivey [5]
  • Pablo Hernández [5'5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario