lunes, 2 de febrero de 2015

Liga, xornada 21: Celta 1 - Córdoba 0

O Celta rompe o seu mal momento e volve gañar once xornadas despois, nun bo partido onde lamentablemente o árbitro quixo ser outra vez protagonista.
Festexando o gol de Nolito [Foto www.farodevigo.es]
A primeira ocasión do partido foi para o Córdoba cun disparo dende a área pequena que despexa ben Sergio. A partir de aquí o Celta fíxose co control do partido e puido marcar cun remate de Santi Mina a pase de Nolito que sae rozando o pau. Tívoa outra vez Santi Mina en xogada individual, vaise do defensa e o seu disparo despéxao a saque de esquina o meta visitante. Intentouno Krohn-Dehli cun lanzamento dende fóra da área que volve despexar a corner o porteiro. Boa combinación de Nolito e Larrivey, que é derrubado dentro da área pero o árbitro como é habitual non pita penalti. O Córdoba intentouno cun potente disparo dende fóra da área que Sergio despexa ben. Caída de Nolito dentro da área que o colexiado non pita e xa van dous penaltis non pitados neste encontro. Bo remate de cabeza de Larrivey a pase de Krohn-Dehli que o porteiro visitante rexeita, realizando unha gran parada. Larrivey tivo a última da primeira parte tras un gran pase de Krohn-Dehli dende o seu campo que o deixa só diante do porteiro pero o seu disparo sae moi brando e o porteiro para sen problemas. Cando pasaban 10 minutos da segunda parte e con dominio do Celta boa xogada de Santi Mina que pasa na frontal a Orellana, este deixa pasar e Nolito remata maxistral poñendo o 1-0 no marcador. Puido empatar o Córdoba pero Sergio volveu facer outra parada de mérito. No minuto 66 Álex López entraba ao campo por Santi Mina e doce minutos despois Radoja entraba por Orellana. Cando quedaban dez minutos para o final o árbitro quixo ter o seu protagonismo e pita penalti de Planas sobre un xogador visitante, cando o seu linier pitaba xogo perigoso do atacante, despois de varios minutos discutindo e tras expulsar a Berizzo faille caso ao seu linier e pita falta en ataque, na miña opinión hai prancha do atacante primeiro e logo Carles Planas arrolla o dianteiro. Pablo Hernández entraba por Augusto no minuto 89 e no desconto Nolito saca rápido de banda (como fixo en Xetafe) e deixa a Larrivey só diante do porteiro que realiza unha gran parada ao disparo do atacante arxentino.

FICHA:
[1] Celta de Vigo: Sergio; Sergi Gómez, Cabral, Fontás, Planas; Augusto (Pablo Hernández, 89'), Krohn-Dehli; Santi Mina (Álex López, 66'), Orellana (Radoja, 78'), Nolito; e Larrivey.
[0] Córdoba C. F.: Juan Carlos, Pantic, Crespo, Deivid (Borja Garcia, 78'), Rossi, Gunino, Edimar, Ghilas, Bebé, Florin e Heldon (Abel, 46').
Colexiado: Antonio Texeira Vitienes, mal. Amonestou a Orellana, Santi Mina e expulsou a Berizzo (80') polo Celta e a Heldon, Bebé e Abel polo Córdoba.
Goles: 1-0, Nolito (55').
Estadio: Balaídos, 15.502 espectadores.
Notas:
  • Sergio [7]
  • Sergi Gómez [6]
  • Cabral [6'5]
  • Fontás [7]
  • Planas [5]
  • Augusto [7'5]
  • Pablo Hernández [-]
  • Krohn-Dehli [8'5]
  • Santi Mina [7'5]
  • Álex López [6]
  • Orellana [7'5]
  • Radoja [5]
  • Nolito [8]
  • Larrivey [5'5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario