sábado, 31 de enero de 2015

Lista de convocados para o Celta - Córdoba

Orellana no partido da primeira volta
Non entran na lista Hugo Mallo e Borja Oubiña por lesión, Jonny Castro por sanción, David Costas e Levy Madinda por decisión técnica. Entra na lista o xogador do filial Samu Araujo.
  • Eduardo "Toto" Berizzo
  • 01. Sergio Álvarez
  • 03. Andreu Fontás
  • 05. Pablo Hernández
  • 06. Nemanja Radoja
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles Dias
  • 10. Manuel Agudo "Nolito"
  • 11. Joaquín Larrivey
  • 13. Rubén Blanco
  • 14. Fabián Orellana
  • 18. Théo Bongonda
  • 20. Sergi Gómez
  • 21. Carles Planas
  • 22. Gustavo Cabral
  • 23. Michael Krohn-Dehli
  • 24. Augusto Fernández
  • 31. Samu Araujo

jueves, 29 de enero de 2015

Horario da xornada 25

Xornada 25
Celta - Elxe
Data: luns 2 de marzo do 2015
Hora: 20:45 horas
Televisión: C+ Liga / Gol TV
Estadio: Balaídos

martes, 27 de enero de 2015

Liga, xornada 20: Xetafe 2 - Celta 1

O Celta volve perder en Xetafe (2-1) nun partido lamentable, onde presidente*, director deportivo**, adestrador***, xogadores**** (case todos) e árbitros***** parece que están empeñados en mandarnos a segunda.
Penalti de libro que o árbitro Mateu Lahoz non quixo pitar con empate a 1 [Foto www.moiceleste.com]
A primeira parte estivo bastante igualada onde os dous equipos xogaban a ver quen o facia peor, non daban un pase ben nin a un metro. Aos 15 minutos saque de banda rápido de Nolito para Charles e este só ante o porteiro marca o 0-1. Catro minutos despois erro en cadea da defensa do Celta, sobre todo de Planas e o Xetafe empataba o partido. Boa contra de Orellana que é parado por Alexis cunha falta de tarxeta vermella directa, xa que vai a polo xogador e non ao balón, pero o señor colexiado só mostráballe a tarxeta amarela. Ocasión de Jonny (o mellor do partido) cun disparo que atrapa o meta local. O Xetafe puido sentenciar o partido pero primeiro Sergio nunha parada tras unha falta directa que ía á escuadra, despois o atacante local que remata fóra e logo outra vez Sergio cunha gran parada tras outro erro da defensa evitaron que o Celta fixese un ridículo maior. Na reanudación primeiro parada de Sergio e despois remate fóra nunha ocasión moi clara do Xetafe, a banda de Planas era unha autoestrada sen peaxe para o Xetafe. Pase de Krohn-Dehli para Charles e o seu remate dá na man do defensa local pero o árbitro non pita nada (como é habitual). Na xogada seguinte, o árbitro pita saque de porta a favor do Celta pero tras as protestas locais cambia de parecer e dá saque de esquina, tras o lanzamento man de Radoja clara e penalti (este si o pitan como tamén é habitual) pero perdóalle a tarxeta vermella (milagre) despois de estar a buscar case tres minutos quen lle dera coa man. O penalti estrélano no longueiro. A continuación Santi Mina entraba por Orellana e no minuto 84 Larrivey entraba por Charles. Logo do cambio e tras outro erro en cadea da defensa chegaba o 2-1 para o Xetafe. Despois do gol entraba Bongonda por RadojaRidículo absoluto no Coliseum.

FICHA:
[2] Xetafe C. F.: Codina, Arroyo, Naldo, Alexis, Roberto Lago (Escudero, 46'), Rodríguez, Diego Castro (Felip, 91'), Freddy (Pedro León, 69'), Sammir, Sarabia e Álvaro Vázquez.
[1] Celta de Vigo: Sergio; Jonny, Cabral, Sergi Gómez, Planas; Radoja (Bongonda, 85'), Augusto, Krohn-Dehli; Orellana (Santi Mina, 67'), Nolito e Charles (Larrivey, 84').
Colexiado: Mateu Lahoz, penoso (incrible que este individuo sexa árbitro profesional). Amonestou a Alexis e Escudero polo Xetafe e a Planas, Sergi Gómez, Jonny, Radoja e Augusto polo Celta.
Goles: 1-0, Charles (15'). 1-1, Álvaro Vázquez (19'). 2-1, Sarabia (85').
Estadio: Coliseum Alfonso Pérez, 4.570 espectadores.
Notas:
  • Sergio [5]
  • Jonny [5'5]
  • Cabral [3'5]
  • Sergi Gómez [3]
  • Planas [3]
  • Radoja [4'5]
  • Bongonda [-]
  • Augusto [4]
  • Krohn-Dehli [3'5]
  • Orellana [4'5]
  • Santi Mina [4'5]
  • Nolito [4]
  • Charles [5'5]
  • Larrivey [-]
*Presidente: segue sen falar dos árbitros, dende que chegou ao club os árbitros estanse a rir de nós, pero para Carlos Mouriño non pasa nada.
**Director deportivo: levamos anos necesitando un lateral esquerdo e un central, e aquí só traemos xente para arriba, cando temos unha defensa que fai augas.
***Adestrador: non sabe xestionar as segundas partes nin os cambios.
****Xogadores: quitando excepcións (JonnyRadoja...) nos últimos partidos uns saen a pasear polo campo e outro (Krohn-Dehli) a pensar no seu futuro equipo e a non meter o pé por medo a lesionarse.
*****Árbitros: se ledes as crónicas dos partidos xa saberedes a que me refiro, son unha auténtica vergoña estes ladróns.

domingo, 25 de enero de 2015

Horarios das xornadas 23 e 24

Xornada 23
Celta - Atl. Madrid
Data: domingo 15 de febreiro do 2015
Hora: 21:00 horas
Televisión: C+1
Estadio: Balaídos



Xornada 24
Coruña - Celta
Data: sábado 21 de febreiro do 2015
Hora: 22:00 horas
Televisión: Energy Cuatro
Estadio: Riazor

2ª división B, xornada 22: Celta "B" 0 - Murcia 2

[Foto celtadevigo.net]
FICHA:
[0] Celta "B": Óscar Santiago; Kevin, Soto, Casas (Javi Que, 73'), Pablo Crespo; Borja Domínguez, Javi Rey; Jordan, Omar Santana, Luis Rioja (Pucheta, 60'); e Borja Iglesias (Thaylor, 73').
[2] Murcia: Crespo, José, Víctor Ruiz (Arturo, 82'), Prieto, Acciari, Jaume, Rubén Sánchez (Pumar, 67'), Javi Flores, Gerard, Armando e Jairo (Javi Saura, 55').
Colexiado: Ruiz Álvarez. Amonestou a Omar Santana, Javi Que e Thaylor e expulsou a Borja Domínguez (65') con vermella directa.
Goles: 0-1, Javi Flores (39'). 0-2, Gerard (64').
Estadio: Barreiro, uns 1.000 espectadores.

Lista de convocados para o Xetafe - Celta

Partido da tempada pasada en Xetafe
Non entran na lista Hugo Mallo e Borja Oubiña por lesión, Andreu Fontás por sanción e Levy Madinda por estar disputando coa selección de Gabón a Copa de África. Entra na lista o xogador do filial Borja Fernández. Antes do partido o adestrador Eduardo Berizzo terá que facer un descarte xa que convocou a 19 xogadores.
  • Eduardo "Toto" Berizzo
  • 01. Sergio Álvarez
  • 05. Pablo Hernández
  • 06. Nemanja Radoja
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles Dias
  • 10. Manuel Agudo Nolito
  • 11. Joaquín Larrivey
  • 13. Rubén Blanco
  • 14. Fabián Orellana
  • 15. David Costas
  • 18. Théo Bongonda
  • 19. Jonny Castro
  • 20. Sergi Gómez
  • 21. Carles Planas
  • 22. Gustavo Cabral
  • 23. Michael Krohn-Dehli
  • 24. Augusto Fernández
  • 28. Borja Fernández

lunes, 19 de enero de 2015

Jonny renova ata o 2019

O Canteirán Jonny renova o seu contrato como xogador do Celta ata xuño do 2019.
Jonny Castro e Carlos Mouriño asinando o contrato [Foto celtadevigo.net]
O polivalente lateral Jonny Castro Otto seguirá defendendo a zamarra celeste ata o final da tempada 2018 - 2019 tras renovar o seu contrato por cinco tempadas. Jonny leva no primeiro equipo 3 tempadas, disputando 69 partidos.

Horarios das xornadas 21 e 22

Xornada 21
Celta - Córdoba
Data: sábado 31 de xaneiro do 2015
Hora: 22:00 horas
Televisión: Energy
Estadio: Balaídos



Xornada 22
R. Sociedade - Celta
Data: sábado 7 de febreiro do 2015
Hora: 22:00 horas
Televisión: Energy
Estadio: Anoeta

2ª división B, xornada 21: Langreo 1 - Celta "B" 0

[Foto lavozdegalicia.es]
FICHA:
[1] Langreo: Adrián Torre, Dani Hevia, Borja Fernández, Nuño, Blanco, Fanjul, Guille Mendez (Acebal, 63'), Nacho Calvillo, Robi, Robert (Ramón, 83') e Ortiz.
[0] Celta "B": Óscar Santiago; Kevin, Soto, De Amo, Samu; Borja Fernández (Javi Que, 58'), Borja Dominguez; Omar Santana, Jordan (Javi Rey, 63'), Thaylor; e Borja Iglesias.
Colexiado: Gorostegui Fernández. Amonestou a Samu, Thaylor e De Amo e expulsou a De Amo (90') por dobre amonestación.
Goles: 1-0, Nuño (36').
Estadio: Nuevo Ganzábal, uns 600 espectadores.

Liga, xornada 19: Espanyol 1 - Celta 0

O Celta perde no minuto 90 co Espanyol, no peor partido da tempada, e remata a primeira volta no posto 11 a 5 puntos do descenso.
Jonny nun lance do partido [Foto celtadevigo,net]
O Celta fixo o seu peor partido da tempada e o Espanyol foi superior tanto na primeira parte como na segunda, a primeira ocasión do partido a tivo o equipo local cun disparo lexano que sae rozando o pau. A segunda ocasión clara foi tamén para o Espanyol cun centro dende a dereita que se pasea pola área pequena e Cabral despexa corner quitándolle o gol ao atacante local. A primeira aproximación do Celta foi nun bo pase de Krohn-Dehli para Nolito que queda só diante do porteiro pero o árbitro pita fóra de xogo moi dubidoso. Ata o descanso non houbo ocasións claras para ningún dos dous equipos. Tras o descanso o Celta tivo a ocasión máis clara nun pase de Nolito para Larrivey, este remata, despexa o porteiro e Orellana non chega ao rexeite. O Espanyol respondeu cun remate de cabeza que sae por enriba do longueiro. Larrivey tivo o gol nun bo control co peito, tras un gran pase de Nolito, pero o seu remate de primeiras atrápao o meta local. O Espanyol puido marcar nun disparo dende fóra da área que Sergio roza coa punta dos dedos e o balón se estrela no longueiro. O primeiro e único cambio do Celta foi no minuto 83 entrando Sergi Gómez por Krohn-Dehli. Outro disparo do Espanyol que atrapa Sergio. No minuto 90 centro dende a dereita, falla Cabral e Caicedo bate a Sergio, 1-0 e final do partido.

FICHA:
[1] Espanyol de Barcelona: Casilla, Arbilla, Álvaro, H. Moreno, Fuentes, Abraham, Cañas, L. Vázquez, S. Sevilla (Montañés, 69'), Stuani (Caicedo, 76') e S. García (V. Sánchez, 92').
[0] Celta de Vigo: Sergio; Augusto, Radoja, Cabral, Fontàs, Jonny; Krohn-Dehli (Sergi Gómez, 83'), Pablo Hernández; Orellana, Nolito e Larrivey.
Colexiado: Prieto Iglesias, suficiente. Amonestou a Arbilla, Cañas, Álvaro González polo Espanyol e a Fontàs,  Pablo Hernández e Nolito polo Celta.
Goles: 1-0, Caicedo (90').
Estadio: Cornellà-El Prat, 12.710 espectadores.
Notas:
  • Sergio [5]
  • Augusto [4]
  • Radoja [5'5]
  • Cabral [5]
  • Fontás [5]
  • Jonny [5'5]
  • Krohn-Dehli [4]
  • Sergi Gómez [-]
  • Pablo Hernández [3]
  • Orellana [5]
  • Nolito [5'5]
  • Larrivey [5]

jueves, 15 de enero de 2015

Copa, 1/8 volta: Athletic 0 - Celta 2

O Celta queda eliminado polo valor dos goles fóra de casa e polas malas arbitraxes sufridas tanto na ida coma na volta.
Os xogadores do Celta ao remate do partido [Foto LOF]
A primeira ocasión do partido foi para o Athletic cun disparo cruzado de Williams. O Celta respondeu cun disparo de Santi Mina, que foise de Balenziaga en velocidade, pero atrapou ben Herrerín. O Celta dominaba completamente ao Athletic que só era capaz de parar os ataques vigueses a base de faltas, outra vez e como é habitual co consentimento do "señor" colexiado. No minuto 32 centro dende a dereita de Álex López e remate de Santi Mina que despexa De Marcos coas mans pero o árbitro incomprensiblemente non pita penalti. A continuación intentouno Orellana cun lanzamento directo de falta que despexa Herrerín nunha boa intervención. Con dominio absoluto do Celta chegábase ao descanso. Tras o descanso Augusto quedaba na caseta entrando no seu lugar Borja Fernández e nada máis empezar Santi Mina vólvese ir en velocidade de Balenziaga e o seu centro dende a dereita méteo na súa propia portería Etxeita, 0-1 minuto 48. Tres minutos despois producíase o debut coa camiseta celeste de Théo Bongonda, entrando por Álex López. No minuto 61 saque de esquina de Orellana, o balón contrólao Charles e é derrubado por Mikel Rico, o penalti transfórmao Orellana enganando a Herrerín (o penalti é tan claro como o primeiro que non pitou, polo que o colexiado o sinalou para que non fose un escándalo). No minuto 67 entraba Pablo Hernández por Orellana. O primeiro disparo do Athletic na segunda parte prodúcese cun disparo de falta dende moi lonxe que atrapa Rubén en dous tempos. Coa entrada de Aduriz o Athletic foise un pouco máis arriba e este último tras un erro de Fontás rematou, realizando Rubén unha gran parada. O Celta volveu dominar ao Athletic pero sen crear ocasións claras de gol. 0-2 e quedamos a un gol da remontada.

FICHA:
[0] Athletic de Bilbao: Herrerín, De Marcos, Balenziaga, Etxeita, Gurpegui, Iturraspe, Rico, Beñat (Iraola, 61'), Muniain, Williams (Aduriz, 61') e Ibai (Susaeta, 67'). 
[2] Celta de Vigo: Rubén; Sergi Gómez, Cabral, Fontàs, Samu; Radoja, Augusto (Borja Fernández, 46'), Álex López (Bongonda, 51'); Santi Mina, Orellana (Pablo Hernández, 67') e Charles.
Colexiado: Martínez Munuera, mal. Amonestou a Beñat, Mikel Rico e Gurpegui polo o Athletic e a Samu, Pablo Hernández e Charles polo Celta.
Goles: 0-1, Etxeitia en propia porta (48'). 0-2, Orellana de penalti (61').
Estadio: San Mamés, uns 25.000 espectadores.
Notas:
  • Rubén [6'5]
  • Sergi Gómez [6'5]
  • Cabral [7'5]
  • Fontás [6]
  • Samu [6]
  • Radoja [8]
  • Augusto [4'5]
  • Borja Fernández [6]
  • Álex López [5]
  • Bongonda [5'5]
  • Santi Mina [8'5]
  • Orellana [8]
  • Pablo Hernández [4'5]
  • Charles [6'5]

lunes, 12 de enero de 2015

Lista de convocados para o Athletic - Celta e o Espanyol - Celta

Partido de volta da Copa da tempada pasada no novo San Mamés
Non entran na lista Hugo Mallo e Borja Oubiña por lesión, e Levy Madinda por estar concentrado coa selección de Gabón para disputar a Copa de África. Son baixa por sanción Charles Dias, para o partido do Espanyol, Joaquín Larrivey e David Costas para o partido ante o Athletic. Entran na lista os xogadores do filial Borja Fernández, Samu Araujo, Borja Iglesias e Pape Diop. Antes dos partidos o adestrador Eduardo Berizzo terá que facer varios descartes xa que convocou a 23 xogadores.
  • Eduardo "Toto" Berizzo
  • 01. Sergio Álvarez
  • 03. Andreu Fontás
  • 05. Pablo Hernández
  • 06. Nemanja Radoja
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles Dias
  • 10. Manuel Agudo Nolito
  • 11. Joaquín Larrivey
  • 13. Rubén Blanco
  • 14. Fabián Orellana
  • 15. David Costas
  • 18. Théo Bongonda
  • 19. Jonny Castro
  • 20. Sergi Gómez
  • 21. Carles Planas
  • 22. Gustavo Cabral
  • 23. Michael Krohn-Dehli
  • 24. Augusto Fernández
  • 28. Borja Fernández
  • 31. Samu Araujo
  • 34. Borja Iglesias
  • 36. Pape Diop

2ª división B, xornada 20: Celta "B" 1 - Lealtade 1

[Foto www.celtadevigo.net]
FICHA:
[1] Celta "B": Óscar Santiago; Kevin, Soto, De Amo, Pablo Crespo (Thaylor, 54'); Borja Domínguez, Javi Rey (Jordan, 73'); Luis Rioja (Javi Que, 76'), Omar Santana, Brais Méndez; e Borja Iglesias.
[1] Lealtade: Porrón, Keko, Pantiga, Marcos, Pelayo, Yosu (Peláez, 85'), Hedreda, Matías, Villanueva (Steven, 72'), Espina e Jorge.
Colexiado: Gávez Bastón. Expulsou a Brais Méndez (53').
Goles: 0-1, Espina (14'). 1-1, Borja Iglesias de penalti (90').
Estadio: Barreiro, uns 800 espectadores.

Liga, xornada 18: Celta 1 - Valencia 1

O Celta volve marcar 7 partidos despois e saca un punto ante un Valencia que só dedicouse a dar patadas, outra vez co consentimento do "señor" colexiado.
Nolito recibiu antes do partido o premio "Manuel de Castro" ao mellor xogador do ano 2014 e sucede a Augusto, mellor xogador do ano 2013 [Foto Marta G. Brea]
A primeira ocasión do partido tívoa Orellana que se quedou só ante Diego Alves tras un bo pase de Pablo Hernández pero o seu remate o para o meta visitante. O único remate do Valencia con perigo tívoo nun remate de cabeza ao que Sergio respondeu cun paradón. Intentouno Kronh-Dehli cun disparo lexano pero salio desviado. Aos 26 minutos Charles é derrubado dentro da área e o colexiado pita penalti que Orellana falla, despexando a corner Diego Alves. No minuto 42 Fontás falla no pase, recupera o ex canteirán Rodrigo e o seu disparo dende fóra da área convertese no 0-1, tras un erro de Sergio. Na seguinte xogada entrada a Hugo Mallo de tarxeta vermella directa que o colexiado non amoesta e Hugo Mallo lesiónase o ligamento lateral interno do seu xeonllo e é cambiado por Nolito nada máis empezar a segunda parte. Na segunda metade o Valencia non pasou do medio do campo e despois de varios saques de esquina, Orellana marcaba o empate a un tras peitear Charles o corner de Krohn-DehliNolito puido marcar o 2-1 cun potente disparo dende fóra da área pero outra vez Diego Alves realiza outro paradón. Noutra xogada, Nolito recorta dentro da área e o defensa do Valencia despexa a saque de esquina coa man, pero o colexiado non pita penalti (sería un milagre que nos pitase dous penaltis nun mesmo partido). No minuto 79 Augusto Fernández cae lesionado e entra o canteirán Borja Fernández. O Celta puido levarse os tres puntos no tempo de desconto tras un centro dende a esquerda de Nolito a Orellana que centra e Charles empurra coa punteira e o seu remate sae rozando o pau. Final en Balaídos.

FICHA:
[1] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo (Nolito, 46'), Radoja, Sergi Gómez, Fontás, Jonny; Krohn-Dehli, Augusto (Borja Fernández, 79'), Pablo Hernández; Orellana e Charles.
[1] Valencia C. F.: Diego Alves, Orbán, Mustafi, Otamendi, Barragán, André Gomes, Parejo (Javi Fuego, 80'), Enzo Pérez, Rodrigo (Cancelo, 91'), Alcácer e Negredo (De Paul, 64').
Colexiado: González González, mal. Amonestou a Charles, Jonny e Pablo Hernández polo Celta e a Rodrigo, Barragán e Parejo polo Valencia.
Goles: 0-1, Rodrigo (42'). 1-1, Orellana (60').
Estadio: Balaídos, 19.218 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio na memoria das víctimas dos atentados de París.
Notas:
  • Sergio [4'5]
  • Hugo Mallo [6'5]
  • Nolito [7'5]
  • Radoja [7]
  • Sergi Gómez [6]
  • Fontás [5]
  • Jonny [7]
  • Krohn-Dehli [7]
  • Augusto [6'5]
  • Borja Fernández [6]
  • Pablo Hernández [6]
  • Orellana [7]
  • Charles [6]