O Celta volve marcar 7 partidos despois e saca un punto ante un Valencia que só dedicouse a dar patadas, outra vez co consentimento do "señor" colexiado.
Nolito recibiu antes do partido o premio "Manuel de Castro" ao mellor xogador do ano 2014 e sucede a Augusto, mellor xogador do ano 2013 [Foto Marta G. Brea] |
A primeira ocasión do partido tívoa Orellana que se quedou só ante Diego Alves tras un bo pase de Pablo Hernández pero o seu remate o para o meta visitante. O único remate do Valencia con perigo tívoo nun remate de cabeza ao que Sergio respondeu cun paradón. Intentouno Kronh-Dehli cun disparo lexano pero salio desviado. Aos 26 minutos Charles é derrubado dentro da área e o colexiado pita penalti que Orellana falla, despexando a corner Diego Alves. No minuto 42 Fontás falla no pase, recupera o ex canteirán Rodrigo e o seu disparo dende fóra da área convertese no 0-1, tras un erro de Sergio. Na seguinte xogada entrada a Hugo Mallo de tarxeta vermella directa que o colexiado non amoesta e Hugo Mallo lesiónase o ligamento lateral interno do seu xeonllo e é cambiado por Nolito nada máis empezar a segunda parte. Na segunda metade o Valencia non pasou do medio do campo e despois de varios saques de esquina, Orellana marcaba o empate a un tras peitear Charles o corner de Krohn-Dehli. Nolito puido marcar o 2-1 cun potente disparo dende fóra da área pero outra vez Diego Alves realiza outro paradón. Noutra xogada, Nolito recorta dentro da área e o defensa do Valencia despexa a saque de esquina coa man, pero o colexiado non pita penalti (sería un milagre que nos pitase dous penaltis nun mesmo partido). No minuto 79 Augusto Fernández cae lesionado e entra o canteirán Borja Fernández. O Celta puido levarse os tres puntos no tempo de desconto tras un centro dende a esquerda de Nolito a Orellana que centra e Charles empurra coa punteira e o seu remate sae rozando o pau. Final en Balaídos.
FICHA:
[1] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo (Nolito, 46'), Radoja, Sergi Gómez, Fontás, Jonny; Krohn-Dehli, Augusto (Borja Fernández, 79'), Pablo Hernández; Orellana e Charles.
[1] Valencia C. F.: Diego Alves, Orbán, Mustafi, Otamendi, Barragán, André Gomes, Parejo (Javi Fuego, 80'), Enzo Pérez, Rodrigo (Cancelo, 91'), Alcácer e Negredo (De Paul, 64').
Colexiado: González González, mal. Amonestou a Charles, Jonny e Pablo Hernández polo Celta e a Rodrigo, Barragán e Parejo polo Valencia.
Goles: 0-1, Rodrigo (42'). 1-1, Orellana (60').
Estadio: Balaídos, 19.218 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio na memoria das víctimas dos atentados de París.
Notas:
- Sergio [4'5]
- Hugo Mallo [6'5]
- Nolito [7'5]
- Radoja [7]
- Sergi Gómez [6]
- Fontás [5]
- Jonny [7]
- Krohn-Dehli [7]
- Augusto [6'5]
- Borja Fernández [6]
- Pablo Hernández [6]
- Orellana [7]
- Charles [6]
No hay comentarios:
Publicar un comentario