jueves, 15 de enero de 2015

Copa, 1/8 volta: Athletic 0 - Celta 2

O Celta queda eliminado polo valor dos goles fóra de casa e polas malas arbitraxes sufridas tanto na ida coma na volta.
Os xogadores do Celta ao remate do partido [Foto LOF]
A primeira ocasión do partido foi para o Athletic cun disparo cruzado de Williams. O Celta respondeu cun disparo de Santi Mina, que foise de Balenziaga en velocidade, pero atrapou ben Herrerín. O Celta dominaba completamente ao Athletic que só era capaz de parar os ataques vigueses a base de faltas, outra vez e como é habitual co consentimento do "señor" colexiado. No minuto 32 centro dende a dereita de Álex López e remate de Santi Mina que despexa De Marcos coas mans pero o árbitro incomprensiblemente non pita penalti. A continuación intentouno Orellana cun lanzamento directo de falta que despexa Herrerín nunha boa intervención. Con dominio absoluto do Celta chegábase ao descanso. Tras o descanso Augusto quedaba na caseta entrando no seu lugar Borja Fernández e nada máis empezar Santi Mina vólvese ir en velocidade de Balenziaga e o seu centro dende a dereita méteo na súa propia portería Etxeita, 0-1 minuto 48. Tres minutos despois producíase o debut coa camiseta celeste de Théo Bongonda, entrando por Álex López. No minuto 61 saque de esquina de Orellana, o balón contrólao Charles e é derrubado por Mikel Rico, o penalti transfórmao Orellana enganando a Herrerín (o penalti é tan claro como o primeiro que non pitou, polo que o colexiado o sinalou para que non fose un escándalo). No minuto 67 entraba Pablo Hernández por Orellana. O primeiro disparo do Athletic na segunda parte prodúcese cun disparo de falta dende moi lonxe que atrapa Rubén en dous tempos. Coa entrada de Aduriz o Athletic foise un pouco máis arriba e este último tras un erro de Fontás rematou, realizando Rubén unha gran parada. O Celta volveu dominar ao Athletic pero sen crear ocasións claras de gol. 0-2 e quedamos a un gol da remontada.

FICHA:
[0] Athletic de Bilbao: Herrerín, De Marcos, Balenziaga, Etxeita, Gurpegui, Iturraspe, Rico, Beñat (Iraola, 61'), Muniain, Williams (Aduriz, 61') e Ibai (Susaeta, 67'). 
[2] Celta de Vigo: Rubén; Sergi Gómez, Cabral, Fontàs, Samu; Radoja, Augusto (Borja Fernández, 46'), Álex López (Bongonda, 51'); Santi Mina, Orellana (Pablo Hernández, 67') e Charles.
Colexiado: Martínez Munuera, mal. Amonestou a Beñat, Mikel Rico e Gurpegui polo o Athletic e a Samu, Pablo Hernández e Charles polo Celta.
Goles: 0-1, Etxeitia en propia porta (48'). 0-2, Orellana de penalti (61').
Estadio: San Mamés, uns 25.000 espectadores.
Notas:
  • Rubén [6'5]
  • Sergi Gómez [6'5]
  • Cabral [7'5]
  • Fontás [6]
  • Samu [6]
  • Radoja [8]
  • Augusto [4'5]
  • Borja Fernández [6]
  • Álex López [5]
  • Bongonda [5'5]
  • Santi Mina [8'5]
  • Orellana [8]
  • Pablo Hernández [4'5]
  • Charles [6'5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario