lunes, 19 de enero de 2015

Liga, xornada 19: Espanyol 1 - Celta 0

O Celta perde no minuto 90 co Espanyol, no peor partido da tempada, e remata a primeira volta no posto 11 a 5 puntos do descenso.
Jonny nun lance do partido [Foto celtadevigo,net]
O Celta fixo o seu peor partido da tempada e o Espanyol foi superior tanto na primeira parte como na segunda, a primeira ocasión do partido a tivo o equipo local cun disparo lexano que sae rozando o pau. A segunda ocasión clara foi tamén para o Espanyol cun centro dende a dereita que se pasea pola área pequena e Cabral despexa corner quitándolle o gol ao atacante local. A primeira aproximación do Celta foi nun bo pase de Krohn-Dehli para Nolito que queda só diante do porteiro pero o árbitro pita fóra de xogo moi dubidoso. Ata o descanso non houbo ocasións claras para ningún dos dous equipos. Tras o descanso o Celta tivo a ocasión máis clara nun pase de Nolito para Larrivey, este remata, despexa o porteiro e Orellana non chega ao rexeite. O Espanyol respondeu cun remate de cabeza que sae por enriba do longueiro. Larrivey tivo o gol nun bo control co peito, tras un gran pase de Nolito, pero o seu remate de primeiras atrápao o meta local. O Espanyol puido marcar nun disparo dende fóra da área que Sergio roza coa punta dos dedos e o balón se estrela no longueiro. O primeiro e único cambio do Celta foi no minuto 83 entrando Sergi Gómez por Krohn-Dehli. Outro disparo do Espanyol que atrapa Sergio. No minuto 90 centro dende a dereita, falla Cabral e Caicedo bate a Sergio, 1-0 e final do partido.

FICHA:
[1] Espanyol de Barcelona: Casilla, Arbilla, Álvaro, H. Moreno, Fuentes, Abraham, Cañas, L. Vázquez, S. Sevilla (Montañés, 69'), Stuani (Caicedo, 76') e S. García (V. Sánchez, 92').
[0] Celta de Vigo: Sergio; Augusto, Radoja, Cabral, Fontàs, Jonny; Krohn-Dehli (Sergi Gómez, 83'), Pablo Hernández; Orellana, Nolito e Larrivey.
Colexiado: Prieto Iglesias, suficiente. Amonestou a Arbilla, Cañas, Álvaro González polo Espanyol e a Fontàs,  Pablo Hernández e Nolito polo Celta.
Goles: 1-0, Caicedo (90').
Estadio: Cornellà-El Prat, 12.710 espectadores.
Notas:
  • Sergio [5]
  • Augusto [4]
  • Radoja [5'5]
  • Cabral [5]
  • Fontás [5]
  • Jonny [5'5]
  • Krohn-Dehli [4]
  • Sergi Gómez [-]
  • Pablo Hernández [3]
  • Orellana [5]
  • Nolito [5'5]
  • Larrivey [5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario