lunes, 22 de diciembre de 2014

Horario dos oitavos de final da Copa e das xornadas 19 e 20

Oitavos de final (ida)
Celta - Athletic
Data: martes 6 de xaneiro do 2015
Hora: 17:00 horas
Televisión: Sen confirmar
Estadio: Balaídos



Oitavos de final (volta)
Athletic - Celta
Data: mércores 14 de xaneiro do 2015
Hora: 20:00 horas
Televisión: Sen confirmar
Estadio: San Mamés



Xornada 19
Espanyol - Celta
Data: sábado 17 de xaneiro do 2015
Hora: 22:00 horas
Televisión: Energy
Estadio: Cornellà-El Prat



Xornada 20
Xetafe - Celta
Data: luns 26 de xaneiro do 2015
Hora: 20:45 horas
Televisión: C+ Liga / Gol TV
Estadio: Coliseum Alfonso Pérez

2ª división B, xornada 18: Coruxo 0 - Celta "B" 2

FICHA:
[0] Coruxo: Brais, Cristóbal, Álex Fernández, Luciano (Mella, 66'), Cifuentes, Moscardo, Pedro Vázquez, Antúnez (Ben, 69'), Alberto García, Pardavila e Aitor Aspas.
[2] Celta "B": Óscar Santiago, Kevin, Soto, De Amo, Pablo Crespo; Borja Fernández (Javi Rey, 83'), Borja Domínguez; Jordan, Luis Rioja, Javi Que (Omar Santana, 46'); e Borja Iglesias (Thaylor, 70').
Colexiado: Villoria Linacero. Amonestou a Jordan, Omar Santana e Javi Rey.
Goles: 0-1, Borja Fernández (64'). 0-2, Omar Santana (69').
Estadio: O Vao, uns 800 espectadores.

Liga, xornada 16: Celta 0 - Almería 1

O Celta continua co seu mal momento na Liga (5 derrotas seguidas) e cae por 0-1 ante o Almería. Orellana estrelou unha falta no longueiro e Nolito errou un penalti.
Nolito antes de errar o penalti
O Celta dominou por completo o partido de principio a fin, pero aos 16 minutos e tras un saque de esquina de Orellana o Almería monta unha contra e Fontás falla no despexe e déixalle o balón na liña ao dianteiro andaluz, 0-1. Cabral puido empatar cun remate de cabeza á escuadra tras un saque de falta de Orellana pero o porteiro visitante despexa a corner. De aquí ao descanso monólogo celeste cun Almería encerrado atrás cos 11 xogadores e constantes perdidas de tempo consentidas polo "impresentable" do colexiado Gil(ipollas) Manzano. A segunda parte seguiu igual que a primeira, o Almería defendéndose cos 11 xogadores, parando o xogo con faltas e con continuas perdidas de tempo. A primeira ocasión do segundo período foi de Orellana que estrelou unha falta ao borde da área no longueiro. Krohn-Dehli tamén o intentou cun disparo dende fóra da área. Aos 53 minutos un canso Nemanja Radoja abandonaba o terreo de xogo por Álex López, logo Charles remata de cabeza pero atrapa o meta visitante. No minuto 66 Nolito entraba por Santi Mina e tres minutos despois e tras un claro fóra de xogo de NolitoOrellana é derrubado dentro da área e o "impresentable" pita penalti que Nolito falla ou máis ben acerta o porteiro. Charles volveuno intentar de cabeza co mesmo resultado ca anterior. O Almería puido sentenciar cun man a man que Sergio detivo nunha gran parada. Larrivey entraba no minuto 81 por un lesionado Charles. Augusto rematou dende fóra da área e no desconto penalti clarísimo sobre Hugo Mallo que o "impresentable" non pita.

FICHA:
[0] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontàs, Jonny; Radoja (Álex López, 53'), Augusto, Krohn-Dehli; Orellana, Santi Mina (Nolito, 66') e Charles (Larrivey, 81').
[1] U. D. Almería: Cuesta, Ximo, Fran Vélez, Trujillo, Dubarbier, Verza, Corona (Quique, 92'), Thomas, Edgar (Mauro, 84'), Zongo (Thievy, 75') e Hemed.
Colexiado: Gil Manzano, impresentable. Amonestou a Augusto, Charles, Santi Mina, Fontás, Orellana e Nolito polo Celta e a Ximo, Hemed, Cuesta e Dubarbier.
Goles: 0-1, Hemed (16').
Estadio: Balaídos, 14.523 espectadores.
Notas:
  • Sergio [5'5]
  • Hugo Mallo [4]
  • Cabral [6'5]
  • Fontás [4]
  • Jonny [5]
  • Radoja [6]
  • Álex López [5]
  • Augusto [5]
  • Krohn-Dehli [6]
  • Orellana [6]
  • Santi Mina [5]
  • Nolito [4]
  • Charles [5'5]
  • Larrivey [-]

jueves, 18 de diciembre de 2014

Lista de convocados para o Celta - Almería

Aspecto de Balaídos no encontro da tempada pasada
Borja Oubiña é baixa por lesión. Non entra na lista por decisión técnica David Costas. Antes do partido o adestrador Eduardo Berizzo terá que facer un descarte xa que convocou a 19 xogadores.
  • Eduardo "Toto" Berizzo
  • 01. Sergio Álvarez
  • 02. Hugo Mallo
  • 03. Andreu Fontás
  • 05. Pablo Hernández
  • 06. Nemanja Radoja
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles Dias
  • 10. Manuel Agudo Nolito
  • 11. Joaquín Larrivey
  • 13. Rubén Blanco
  • 14. Fabián Orellana
  • 17. Levy Madinda
  • 19. Jonny Castro
  • 20. Sergi Gómez
  • 21. Carles Planas
  • 22. Gustavo Cabral
  • 23. Michael Krohn-Dehli
  • 24. Augusto Fernández

miércoles, 17 de diciembre de 2014

Copa, 1/16 volta: Celta 3 - As Palmas 1

O Celta elimina As Palmas (3-1) cun gol de Orellana no desconto (91'). Larrivey e Santi Mina marcaron os outros tantos.
Santi Mina marcou o segundo tanto
O Celta comezou dominando As Palmas e a primeira ocasión foi para Santi Mina cun bo disparo dende fóra da área que despexa ben o meta visitante. As Palmas salia rápido á contra e nun saque de esquina directo Rubén ten que empregarse a fondo. Tamén puido marcar o 0-1 nun remate de cabeza a porta baleira que sae alto e noutro remate cruzado diante de Rubén que sae rozando o pau. No minuto 19 Nolito pasa a Álex López e este pisa a área e pasa a Larrivey que toca o suficiente ante a saída do porteiro visitante e marca o 1-0. O Celta intentouno con disparos de Larrivey e Krohn-Dehli. Pasada a media hora o árbitro expulsaba a Berizzo tras unha pequena tangana ao lado do banco local. Chegábase ao descanso sen máis ocasións claras. Nada máis empezar a segunda metade, Nolito saca un pase maxistral para Santi Mina e este marca o 2-0 diante do porteiro. Tres minutos despois a defensa do Celta dórmese e As Palmas marcaba o 2-1 igualando a eliminatoria. No minuto 66 Nolito vaise de varios rivais e é parado cunha falta clara, mostrando o colexiado a segunda amarela ao defensa visitante, o lanzamento de Nolito sae rozando o longueiro. Larrivey marcaba o 3-1 tras un centro de Planas que cede Santi Mina de cabeza pero o árbitro o anula por falta inexistente de Santi Mina (2 últimos partidos, 3 goles legais anulados). No minuto 75 Augusto entraba por Jonny e dous minutos despois Santi Mina retirábase lesionado entrando Orellana ao terreo de xogoRadoja retirábase por Hugo Mallo no minuto 89 pensando na prórroga pero no desconto Nolito pasa a Orellana, este controla recorta e saca un zurdazo cruzado establecendo o 3-1 definitivo.

FICHA:
[3] Celta de Vigo: Rubén; Jonny (Augusto, 75'), Sergi Gómez, Fontás, Planas; Radoja (Hugo Mallo, 89'), Krohn-Dehli, Álex López; Santi Mina (Orellana, 77'), Nolito e Larrivey.
[1] U.D. As Palmas: Raúl Lizoain, David Simón, Aythami, Marcelo, Ángel López (Cristian, 53'), Hernán (Momo, 63'), Jesús, Nauzet Alemán (Tana, 81'), Roque, Culio e Araujo.
Colexiado: Teixeira Vitienes, regular. Amonestou a Santi Mina, Nolito e expulsou a Berizzo (32') polo Celta e a Ángel López, Nauzet, Marcelo e expulsou Aythami (66') pola As Palmas. 
Goles: 1-0, Larrivey (18'). 2-0, Santi Mina (49'). 2-1, Nauzet Alemán (52'). 3-1, Orellana (91').
Estadio: Balaídos, 11.320 espectadores.
Notas:
  • Rubén [6]
  • Jonny [5'5]
  • Augusto [5]
  • Sergi Gómez [5]
  • Fontás [5]
  • Planas [5'5]
  • Radoja [7]
  • Hugo Mallo [-]
  • Krohn-Dehli [6'5]
  • Álex López [6]
  • Santi Mina [7'5]
  • Orellana [6'5]
  • Nolito [6'5]
  • Larrivey [6]

lunes, 15 de diciembre de 2014

Lista de convocados para o Celta - As Palmas

Pablo Hernández e Levy Madinda durante o partido de ida
Borja Oubiña e baixa por lesión. Non entran na lista por decisión técnica David Costas e Levy Madinda.
  • Eduardo "Toto" Berizzo
  • 01. Sergio Álvarez
  • 02. Hugo Mallo
  • 03. Andreu Fontás
  • 05. Pablo Hernández
  • 06. Nemanja Radoja
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles Dias
  • 10. Manuel Agudo Nolito
  • 11. Joaquín Larrivey
  • 13. Rubén Blanco
  • 14. Fabián Orellana
  • 19. Jonny Castro
  • 20. Sergi Gómez
  • 21. Carles Planas
  • 22. Gustavo Cabral
  • 23. Michael Krohn-Dehli
  • 24. Augusto Fernández

Liga, xornada 15: Málaga 1 - Celta 0

O colexiado Del Cerro Grande volve ser o protagonista negativo do partido ao anular dous goles legais a Charles e perdoarlle a expulsión a Rosales pasada a primeira media hora.
O colexiado, Del Cerro Grande, outra vez protagonista
Nada máis comezar o partido o colexiado anulaba o primeiro gol legal de Charles por unha man previa de Santi Mina inexistente. Orellana tras pase de Charles puido marcar o 0-1 pero Kameni realizou unha gran parada. O Celta dominaba por completo ao Málaga pero no primeiro remate do equipo local marcaban o único gol do partido, minuto 21. Tralo gol o Celta perdeu o control do encontro e o Málaga creou varias ocasións de perigo, destacando un remate de Santa Cruz ao que Sergio responde cun paradón. Logo piscinazo descarado de Rosales e o colexiado dille que non o volva a facer perdoándolle a expulsión por dobre amonestación. Tralo descanso Charles remata de cabeza un centro de Orellana pero Kameni o para en dous tempos. Remate de Santa Cruz que sae desviado. No minuto 64 abandonaban o terreo de xogo Pablo Hernández e Orellana entrando no seu lugar Álex López e Nolito. Catro minutos despois pase de xenio de Krohn-Dehli para Charles que rompe o fóra de xogo e marca o empate a 1 pero o árbitro vólveo a anular. O Málaga á contra puido sentenciar pero o seu disparo sae por enriba do longueiro. Outro pase maxistral de Krohn-Dehli agora para Augusto que se dorme diante de Kameni. Bo saque lateral de falta que remata só, en fóra de xogo, Sergi Gómez a mans de Kameni. No minuto 85 Larrivey entraba por Hugo Mallo. Á contra o Málaga puido sentenciar pero Sergio volvía realizar outra gran parada. Nolito puido empatar pero o seu disparo dentro do área é moi frouxo e Kameni para sen problemas.

FICHA:
[1] Málaga C. F.: Kameni, Rosales, Angeleri, Weligton (Miguel Torres, 47'), Antunes, Samuel, Camacho, Darder, Castillejo (Boka, 83'), Duda (Recio, 67') e Santa Cruz. 
[0] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo (Larrivey, 85'), Sergi Gómez, Fontás, Jonny; Krohn-Dehli, Augusto, Pablo Hernández (Álex López, 64'); Orellana (Nolito, 64'), Santi Mina e Charles.
Colexiado: Del Cerro Grande, penoso. Amonestou a Rosales, Weligton, Camacho, Recio, e Samuel polo Málaga e a Fontàs, Augusto, Charles e Hugo Mallo polo Celta.
Goles: 1-0, Samuel (21').
Estadio: A Rosaleda, 23.650 espectadores.
Notas:
  • Sergio [7]
  • Hugo Mallo [5'5]
  • Larrivey [-]
  • Sergi Gómez [5]
  • Fontás [5]
  • Jonny [6]
  • Krohn-Dehli [7'5]
  • Augusto [4'5]
  • Pablo Hernández [3'5]
  • Álex López [5]
  • Orellana [5]
  • Nolito [5]
  • Santi Mina [6]
  • Charles [6'5]

sábado, 13 de diciembre de 2014

2ª división B, xornada 17: R. Ferrol 4 - Celta "B" 0

FICHA:
[4] Racing Ferrol: Mackay, Jonatan, Maceira (Cristian, 82'), Víctor Vázquez, Antonio, Iván Forte, Marcos Álvarez, Dani Rodríguez, Joselu (Thiago, 74'), Iosu Villar e Adrián Cruz (Dalmau, 62').
[0] Celta "B": Óscar Santiago; Kevin, Soto, Pablo Crespo, Samu; Borja Domínguez, Borja Fernández (Javi Rey, 68'); Jordan (Luis Rioja, 45'), Omar Santana, Thaylor; e Borja Iglesias (Javi Que, 59').
Colexiado: Alberto Fuente Martín. Amonestou a Borja Iglesias, Jordan, Kevin e Javi Rey.
Goles: 1-0, Marcos Álvarez (7'). 2-0, Adrián Cruz (13'). 3-0, Joselu (15'). 4-0, Dalmau (91').
Estadio: A Malata, uns 1.500 espectadores.

jueves, 11 de diciembre de 2014

Lista de convocados para o Málaga - Celta

Charles e Nolito no partido da tempada pasada na Rosaleda
Son baixa por lesión Borja Oubiña e Gustavo Cabral. Antes do partido o adestrador Eduardo Berizzo terá que facer un descarte xa que convocou a 19 xogadores.
  • Eduardo "Toto" Berizzo
  • 01. Sergio Álvarez
  • 02. Hugo Mallo
  • 03. Andreu Fontás
  • 05. Pablo Hernández
  • 06. Nemanja Radoja
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles Dias
  • 10. Manuel Agudo Nolito
  • 11. Joaquín Larrivey
  • 13. Rubén Blanco
  • 14. Fabián Orellana
  • 15. David Costas
  • 17. Levy Madinda
  • 19. Jonny Castro
  • 20. Sergi Gómez
  • 21. Carles Planas
  • 23. Michael Krohn-Dehli
  • 24. Augusto Fernández

miércoles, 10 de diciembre de 2014

2ª división B, xornada 16: Celta "B" 4 - U.D. Logroñés 2

FICHA:
[4] Celta "B": Óscar Santiago; Kevin (Casas, 73'), Pablo Crespo, De Amo, Samu; Borja Domínguez, Borja Fernández (Javi Rey, 62'); Jordan, Omar Santana, Thaylor; e Borja Iglesias (Javi Que, 77').
[2] U.D. Logroñés: Miguel, Gago, Santos (Ubis, 72'), Zubiri (Iker Alegre, 56'), Moisés, Jacobo, Titi, Rico, Camochu, Abaroa (Joel Valencia, 69') e Menudo.
Colexiado: González Hernández. Amonestou a Pablo Crespo, De Amo e Javi Que.
Goles: 1-0, Jordan (7'). 1-1, Rico (16'). 2-1, Borja Iglesias (26'). 3-1, Borja Iglesias de penalti (56'). 4-1, De Amo (76'). 4-2, Ubis de penalti (86').
Estadio: Barreiro, uns 800 espectadores.

Liga, xornada 14: R. Madrid 3 - Celta 0

O "piscinero", que créese o mellor xogador do mundo cando non o é, coa complicidade, outra vez máis e xa fede, do colexiado Undiano Mallenco rematan co Celta.
O protagonista Undiano Mallenco facendo das súas
Pouco que dicir deste partido xa que o árbitro, Undiano Mallenco, encargouse de rematar con el no minuto 35 inventándose un piscinazo dun personaxe que se cre o mellor xogador do mundo pero nunca o será (a proba son os seus números mediocres nos partidos importantes e os goles que marca de penalti inexistente)... por moito que lle foda a toda esa banda de merengones noxentos que van de xornalistas e tan só son unha cuadrilla de "Ultrillas fascistas" que teñen o beneplácito dalgúns medios de comunicación bastante potentes economicamente. Roubo ao Celta.

FICHA:
[3] Real Madrid: Casillas, Carvajal, Pepe, Ramos, Marcelo, Kroos, Illarramendi, James (Arbeloa, 52'), Bale, Cristiano (Chicharito, 84') e Benzema (Coentrao, 79').
[0] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral (Sergi Gómez, 73'), Fontás, Jonny; Radoja, Pablo Hernández, Krohn-Dehli (Santi Mina, 83'); Orellana (Augusto, 64'), Nolito e Larrivey.
Colexiado: Undiano Mallenco, ladrón con nocturnidade e aleivosía. Amonestou a James, Carvajal, Sergio Ramos, Arbeloa e Illarramendi polo R. Madrid e a Cabral, Nolito, Jonny e Pablo Hernández polo Celta.
Goles: 1-0, Cristiano de penalti (35'). 2-0, Cristiano (64'). 3-0, Cristiano (80').
Estadio: Santiago Bernabéu, 80.300 espectadores.
Notas:
  • Sergio [7'5]
  • Hugo Mallo [5'5]
  • Cabral [7]
  • Sergi Gómez [5'5]
  • Fontás [6]
  • Jonny [6]
  • Radoja [5'5]
  • Pablo Hernández [5]
  • Krohn-Dehli [5'5]
  • Santi Mina [-]
  • Orellana [5'5]
  • Augusto [5]
  • Nolito [5'5]
  • Larrivey [5] 

sábado, 6 de diciembre de 2014

Lista de convocados para o R. Madrid - Celta

Augusto e Charles no partido do Bernabéu da tempada pasada
Borja Oubiña é baixa por lesión. Non entra na lista por decisión técnica David Costas e Levy Madinda. Entra na lista o xogador do filial Borja Fernández. Antes do partido o adestrador Eduardo Berizzo terá que facer un descarte xa que convocou a 19 xogadores.
  • Eduardo "Toto" Berizzo
  • 01. Sergio Álvarez
  • 02. Hugo Mallo
  • 03. Andreu Fóntas
  • 05. Pablo Hernández
  • 06. Nemanja Radoja
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles Dias
  • 10. Manuel Agudo Nolito
  • 11. Joaquín Larrivey
  • 13. Rubén Blanco
  • 14. Fabián Orellana
  • 19. Jonny Castro
  • 20. Sergi Gómez
  • 21. Carles Planas
  • 22. Gustavo Cabral
  • 23. Michael Krohn-Dehli
  • 24. Augusto Fernández
  • 28. Borja Fernández

jueves, 4 de diciembre de 2014

Copa, 1/16 ida: As Palmas 2 - Celta 1

O Celta perde nas Palmas por 2 goles a 1 nun partido penoso, onde os suplentes non demostraron nada.
Pablo Hernández e Levy Madinda durante o encontro
A primeira ocasión do partido foi para Santi Mina cun disparo dende dentro da área que rexeita o meta local, o balón chega a Madinda que dispara, pega nun defensa e sae a corner. As Palmas respondeu cun golazo por toda a escuadra, era o minuto 23. Puido marcar o 2-0 pero Rubén realizou unha gran parada tras un bo lanzamento do atacante local. Augusto intentouno dende fóra da área pero o seu disparo atrápao ben o porteiro. O partido chegou ao descanso sen máis ocasións claras. Tras o descanso Orellana entraba por MadindaRubén realizaba outra gran parada e Santi Mina remata de cabeza rozando o pau. No minuto 66 Krohn-Dehli entraba por Pablo Hernández e un minuto despois penalti claro de Sergi Gómez que As Palmas estrela no longueiro. Despois saltaba Jonny ao terreo de xogo por David Costas, minuto 71. Sete minutos despois saque de esquina de As Palmas, Cabral e Sergi Gómez estórbanse e o xogador local remata só poñendo o 2-0 no marcador. A oito minutos para o final Orellana é derrubado polo meta local e Santi Mina marca o 2-1 de penalti. No desconto Charles puido empatar pero despois de regatear o porteiro non se atreveu a tirar a porta baleira coa súa perna mala. Final nas Palmas e Balaídos decidirá a eliminatoria.

FICHA:
[2] U.D. As Palmas: Raúl, Simón, Christian, Asdrúbal (Tana, 84'), Marcelo Silva, Hernán, Aythami, Guzmán (Roque Mesa, 60'), Castellano, Culio e Valerón (Vicente Gómez, 71').
[1] Celta de Vigo: Rubén; Costas (Jonny, 71'), Cabral, Sergi Gómez, Planas; Borja Fernández, Madinda (Orellana, 45'), Pablo Hernández (Krohn-Dehli, 66'); Augusto, Santi Mina e Charles.
Colexiado: Velasco Carballo, ben. Amonestou a Javi Castellanos e Hernán pola As Palmas e a David Costas, Borja Fernández, Sergi Gómez, Orellana e Krohn-Dehli polo Celta.
Goles: 1-0, Hernán (23'). 2-0, Marcelo Silva (78'). 2-1, Santi Mina de penalti (82').
Estadio: Gran Canaria, 10.679 espectadores.
Notas:
  • Rubén [6]
  • Costas [4'5]
  • Jonny [5]
  • Cabral [5'5]
  • Sergi Gómez [4'5]
  • Planas [4'5]
  • Borja Fernández [6]
  • Madinda [3'5]
  • Orellana [5'5]
  • Pablo Hernández [4]
  • Krohn-Dehli [5]
  • Augusto [4]
  • Santi Mina [6'5]
  • Charles [4'5]

lunes, 1 de diciembre de 2014

Horarios das xornadas 17 e 18

Xornada 17
Sevilla - Celta
Data: sábado 3 de xaneiro do 2015
Hora: 18:00 horas
Televisión: C+ Liga / Gol TV
Estadio: Ramón Sánchez Pizjuán



Xornada 18
Celta - Valencia
Data: sábado 10 de xaneiro do 2015
Hora: 20:00 horas
Televisión: C+ Liga / Gol TV
Estadio: Balaídos