lunes, 15 de diciembre de 2014

Liga, xornada 15: Málaga 1 - Celta 0

O colexiado Del Cerro Grande volve ser o protagonista negativo do partido ao anular dous goles legais a Charles e perdoarlle a expulsión a Rosales pasada a primeira media hora.
O colexiado, Del Cerro Grande, outra vez protagonista
Nada máis comezar o partido o colexiado anulaba o primeiro gol legal de Charles por unha man previa de Santi Mina inexistente. Orellana tras pase de Charles puido marcar o 0-1 pero Kameni realizou unha gran parada. O Celta dominaba por completo ao Málaga pero no primeiro remate do equipo local marcaban o único gol do partido, minuto 21. Tralo gol o Celta perdeu o control do encontro e o Málaga creou varias ocasións de perigo, destacando un remate de Santa Cruz ao que Sergio responde cun paradón. Logo piscinazo descarado de Rosales e o colexiado dille que non o volva a facer perdoándolle a expulsión por dobre amonestación. Tralo descanso Charles remata de cabeza un centro de Orellana pero Kameni o para en dous tempos. Remate de Santa Cruz que sae desviado. No minuto 64 abandonaban o terreo de xogo Pablo Hernández e Orellana entrando no seu lugar Álex López e Nolito. Catro minutos despois pase de xenio de Krohn-Dehli para Charles que rompe o fóra de xogo e marca o empate a 1 pero o árbitro vólveo a anular. O Málaga á contra puido sentenciar pero o seu disparo sae por enriba do longueiro. Outro pase maxistral de Krohn-Dehli agora para Augusto que se dorme diante de Kameni. Bo saque lateral de falta que remata só, en fóra de xogo, Sergi Gómez a mans de Kameni. No minuto 85 Larrivey entraba por Hugo Mallo. Á contra o Málaga puido sentenciar pero Sergio volvía realizar outra gran parada. Nolito puido empatar pero o seu disparo dentro do área é moi frouxo e Kameni para sen problemas.

FICHA:
[1] Málaga C. F.: Kameni, Rosales, Angeleri, Weligton (Miguel Torres, 47'), Antunes, Samuel, Camacho, Darder, Castillejo (Boka, 83'), Duda (Recio, 67') e Santa Cruz. 
[0] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo (Larrivey, 85'), Sergi Gómez, Fontás, Jonny; Krohn-Dehli, Augusto, Pablo Hernández (Álex López, 64'); Orellana (Nolito, 64'), Santi Mina e Charles.
Colexiado: Del Cerro Grande, penoso. Amonestou a Rosales, Weligton, Camacho, Recio, e Samuel polo Málaga e a Fontàs, Augusto, Charles e Hugo Mallo polo Celta.
Goles: 1-0, Samuel (21').
Estadio: A Rosaleda, 23.650 espectadores.
Notas:
  • Sergio [7]
  • Hugo Mallo [5'5]
  • Larrivey [-]
  • Sergi Gómez [5]
  • Fontás [5]
  • Jonny [6]
  • Krohn-Dehli [7'5]
  • Augusto [4'5]
  • Pablo Hernández [3'5]
  • Álex López [5]
  • Orellana [5]
  • Nolito [5]
  • Santi Mina [6]
  • Charles [6'5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario