O Celta elimina As Palmas (3-1) cun gol de Orellana no desconto (91'). Larrivey e Santi Mina marcaron os outros tantos.
Santi Mina marcou o segundo tanto |
O Celta comezou dominando As Palmas e a primeira ocasión foi para Santi Mina cun bo disparo dende fóra da área que despexa ben o meta visitante. As Palmas salia rápido á contra e nun saque de esquina directo Rubén ten que empregarse a fondo. Tamén puido marcar o 0-1 nun remate de cabeza a porta baleira que sae alto e noutro remate cruzado diante de Rubén que sae rozando o pau. No minuto 19 Nolito pasa a Álex López e este pisa a área e pasa a Larrivey que toca o suficiente ante a saída do porteiro visitante e marca o 1-0. O Celta intentouno con disparos de Larrivey e Krohn-Dehli. Pasada a media hora o árbitro expulsaba a Berizzo tras unha pequena tangana ao lado do banco local. Chegábase ao descanso sen máis ocasións claras. Nada máis empezar a segunda metade, Nolito saca un pase maxistral para Santi Mina e este marca o 2-0 diante do porteiro. Tres minutos despois a defensa do Celta dórmese e As Palmas marcaba o 2-1 igualando a eliminatoria. No minuto 66 Nolito vaise de varios rivais e é parado cunha falta clara, mostrando o colexiado a segunda amarela ao defensa visitante, o lanzamento de Nolito sae rozando o longueiro. Larrivey marcaba o 3-1 tras un centro de Planas que cede Santi Mina de cabeza pero o árbitro o anula por falta inexistente de Santi Mina (2 últimos partidos, 3 goles legais anulados). No minuto 75 Augusto entraba por Jonny e dous minutos despois Santi Mina retirábase lesionado entrando Orellana ao terreo de xogo. Radoja retirábase por Hugo Mallo no minuto 89 pensando na prórroga pero no desconto Nolito pasa a Orellana, este controla recorta e saca un zurdazo cruzado establecendo o 3-1 definitivo.
FICHA:
[3] Celta de Vigo: Rubén; Jonny (Augusto, 75'), Sergi Gómez, Fontás, Planas; Radoja (Hugo Mallo, 89'), Krohn-Dehli, Álex López; Santi Mina (Orellana, 77'), Nolito e Larrivey.
[1] U.D. As Palmas: Raúl Lizoain, David Simón, Aythami, Marcelo, Ángel López (Cristian, 53'), Hernán (Momo, 63'), Jesús, Nauzet Alemán (Tana, 81'), Roque, Culio e Araujo.
Colexiado: Teixeira Vitienes, regular. Amonestou a Santi Mina, Nolito e expulsou a Berizzo (32') polo Celta e a Ángel López, Nauzet, Marcelo e expulsou Aythami (66') pola As Palmas.
Goles: 1-0, Larrivey (18'). 2-0, Santi Mina (49'). 2-1, Nauzet Alemán (52'). 3-1, Orellana (91').
Estadio: Balaídos, 11.320 espectadores.
Notas:
- Rubén [6]
- Jonny [5'5]
- Augusto [5]
- Sergi Gómez [5]
- Fontás [5]
- Planas [5'5]
- Radoja [7]
- Hugo Mallo [-]
- Krohn-Dehli [6'5]
- Álex López [6]
- Santi Mina [7'5]
- Orellana [6'5]
- Nolito [6'5]
- Larrivey [6]
No hay comentarios:
Publicar un comentario