lunes, 22 de diciembre de 2014

Liga, xornada 16: Celta 0 - Almería 1

O Celta continua co seu mal momento na Liga (5 derrotas seguidas) e cae por 0-1 ante o Almería. Orellana estrelou unha falta no longueiro e Nolito errou un penalti.
Nolito antes de errar o penalti
O Celta dominou por completo o partido de principio a fin, pero aos 16 minutos e tras un saque de esquina de Orellana o Almería monta unha contra e Fontás falla no despexe e déixalle o balón na liña ao dianteiro andaluz, 0-1. Cabral puido empatar cun remate de cabeza á escuadra tras un saque de falta de Orellana pero o porteiro visitante despexa a corner. De aquí ao descanso monólogo celeste cun Almería encerrado atrás cos 11 xogadores e constantes perdidas de tempo consentidas polo "impresentable" do colexiado Gil(ipollas) Manzano. A segunda parte seguiu igual que a primeira, o Almería defendéndose cos 11 xogadores, parando o xogo con faltas e con continuas perdidas de tempo. A primeira ocasión do segundo período foi de Orellana que estrelou unha falta ao borde da área no longueiro. Krohn-Dehli tamén o intentou cun disparo dende fóra da área. Aos 53 minutos un canso Nemanja Radoja abandonaba o terreo de xogo por Álex López, logo Charles remata de cabeza pero atrapa o meta visitante. No minuto 66 Nolito entraba por Santi Mina e tres minutos despois e tras un claro fóra de xogo de NolitoOrellana é derrubado dentro da área e o "impresentable" pita penalti que Nolito falla ou máis ben acerta o porteiro. Charles volveuno intentar de cabeza co mesmo resultado ca anterior. O Almería puido sentenciar cun man a man que Sergio detivo nunha gran parada. Larrivey entraba no minuto 81 por un lesionado Charles. Augusto rematou dende fóra da área e no desconto penalti clarísimo sobre Hugo Mallo que o "impresentable" non pita.

FICHA:
[0] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontàs, Jonny; Radoja (Álex López, 53'), Augusto, Krohn-Dehli; Orellana, Santi Mina (Nolito, 66') e Charles (Larrivey, 81').
[1] U. D. Almería: Cuesta, Ximo, Fran Vélez, Trujillo, Dubarbier, Verza, Corona (Quique, 92'), Thomas, Edgar (Mauro, 84'), Zongo (Thievy, 75') e Hemed.
Colexiado: Gil Manzano, impresentable. Amonestou a Augusto, Charles, Santi Mina, Fontás, Orellana e Nolito polo Celta e a Ximo, Hemed, Cuesta e Dubarbier.
Goles: 0-1, Hemed (16').
Estadio: Balaídos, 14.523 espectadores.
Notas:
  • Sergio [5'5]
  • Hugo Mallo [4]
  • Cabral [6'5]
  • Fontás [4]
  • Jonny [5]
  • Radoja [6]
  • Álex López [5]
  • Augusto [5]
  • Krohn-Dehli [6]
  • Orellana [6]
  • Santi Mina [5]
  • Nolito [4]
  • Charles [5'5]
  • Larrivey [-]

No hay comentarios:

Publicar un comentario