jueves, 4 de diciembre de 2014

Copa, 1/16 ida: As Palmas 2 - Celta 1

O Celta perde nas Palmas por 2 goles a 1 nun partido penoso, onde os suplentes non demostraron nada.
Pablo Hernández e Levy Madinda durante o encontro
A primeira ocasión do partido foi para Santi Mina cun disparo dende dentro da área que rexeita o meta local, o balón chega a Madinda que dispara, pega nun defensa e sae a corner. As Palmas respondeu cun golazo por toda a escuadra, era o minuto 23. Puido marcar o 2-0 pero Rubén realizou unha gran parada tras un bo lanzamento do atacante local. Augusto intentouno dende fóra da área pero o seu disparo atrápao ben o porteiro. O partido chegou ao descanso sen máis ocasións claras. Tras o descanso Orellana entraba por MadindaRubén realizaba outra gran parada e Santi Mina remata de cabeza rozando o pau. No minuto 66 Krohn-Dehli entraba por Pablo Hernández e un minuto despois penalti claro de Sergi Gómez que As Palmas estrela no longueiro. Despois saltaba Jonny ao terreo de xogo por David Costas, minuto 71. Sete minutos despois saque de esquina de As Palmas, Cabral e Sergi Gómez estórbanse e o xogador local remata só poñendo o 2-0 no marcador. A oito minutos para o final Orellana é derrubado polo meta local e Santi Mina marca o 2-1 de penalti. No desconto Charles puido empatar pero despois de regatear o porteiro non se atreveu a tirar a porta baleira coa súa perna mala. Final nas Palmas e Balaídos decidirá a eliminatoria.

FICHA:
[2] U.D. As Palmas: Raúl, Simón, Christian, Asdrúbal (Tana, 84'), Marcelo Silva, Hernán, Aythami, Guzmán (Roque Mesa, 60'), Castellano, Culio e Valerón (Vicente Gómez, 71').
[1] Celta de Vigo: Rubén; Costas (Jonny, 71'), Cabral, Sergi Gómez, Planas; Borja Fernández, Madinda (Orellana, 45'), Pablo Hernández (Krohn-Dehli, 66'); Augusto, Santi Mina e Charles.
Colexiado: Velasco Carballo, ben. Amonestou a Javi Castellanos e Hernán pola As Palmas e a David Costas, Borja Fernández, Sergi Gómez, Orellana e Krohn-Dehli polo Celta.
Goles: 1-0, Hernán (23'). 2-0, Marcelo Silva (78'). 2-1, Santi Mina de penalti (82').
Estadio: Gran Canaria, 10.679 espectadores.
Notas:
  • Rubén [6]
  • Costas [4'5]
  • Jonny [5]
  • Cabral [5'5]
  • Sergi Gómez [4'5]
  • Planas [4'5]
  • Borja Fernández [6]
  • Madinda [3'5]
  • Orellana [5'5]
  • Pablo Hernández [4]
  • Krohn-Dehli [5]
  • Augusto [4]
  • Santi Mina [6'5]
  • Charles [4'5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario