sábado, 30 de noviembre de 2013

Lista de convocados para o Celta - Almería

Os xogadores do Celta festexan un dos goles da eliminatoria da Copa da tempada pasada
Samuel é baixa por lesión. Fontás e baixa por sanción. Non entran na lista por decisión técnica Vila, Bellvís, Madinda e David Rodríguez. Entran na lista os xogadores do filial Santi Mina e David Costas.
  1. Sergio
  2. Hugo Mallo
  3. ---
  4. Oubiña
  5. ---
  6. ---
  7. ---
  8. Alex López
  9. Bermejo
  10. Nolito
  11. Charles
  12. Rafinha
  13. Yoel
  14. Orellana
  15. Aurtenetxe
  16. ---
  17. ---
  18. ---
  19. Jonny
  20. Toni
  21. ---
  22. Cabral
  23. Krohn-Dehli
  24. Augusto
  25. ---
  26. ---
  27. ---
  28. ---
  29. Santi Mina
  30. David Costas

lunes, 25 de noviembre de 2013

2ª división B, xornada 15: Celta "B" 2 - Oviedo 2

O filial celeste empata cun xogador máis e saca un punto ante un candidato ao ascenso a segunda división.
Ficha:
Alineación: Rubén, Marcos Torres, Soto (Thaylor, 73'), Antón, Maceira, Borja Domínguez, Javi Rey, Borja Fernández (Yelko Pino, 62'), Fernán (Aitor, 62'), Añón e Borja Iglesias.
Goles: 0-1, Alain (6'). 1-1, Borja Iglesias (13'). 1-2, Javi Hernández (55'). 2-2, Aitor (83').
Colexiado: Pizarro Gómez. Amonestou a Maceira e Javi Rey.
Estadio: Barreiro, uns 1.000 espectadores.

domingo, 24 de noviembre de 2013

Liga, xornada 14: R. Sociedade 4 - Celta 3

O Celta perde un partido que gañaba 1-3 en media hora gracias á mala actuación, outra vez, de Muñiz Fernández e á pouca intensidade defensiva.
Posición ilegal de Vela no empate a tres
O partido comezaba cun gol ben anulado a Vela que estaba uns centímetros en fóra de xogo, aínda que nesta xogada tamén se equivoca xa que no comezo da xogada Castro, que é o que centra, esta en fóra de xogo. Aos 6 minutos erro de Cabral ao sacar o balón e primeiro gol de Vela. No minuto 22 piscinazo de Vela a un metro do árbitro e este pita falta e tarxeta para Cabral, a falta a para Yoel con dificultades. No minuto seguinte gran xogada de Nolito pola esquerda que pasa a Jonny e o centro deste remátao coa testa Rafinha batendo a Bravo. Cinco minutos despois xogada de Nolito que pasa a Augusto e este dálle un gran pase a Alex López que se planta diante de Bravo e marca o 1-2. Aos 30 minutos falta e primeira tarxeta a Fontás por un leve agarrón, eses que nunca pitan se os fai o Barcelona ou o Madrid, pero que e moi facil de pitarlle ao Celta. A última xogada foi, como non, para Vela que colle o balón no seu campo e se vai de todos os defensas célticos pero remata fóra (recordando ao gol de Maradona). No segundo tempo non houbo nada destacado ata o minuto 57 cando un erro da defensa donostiarra o aproveita Rafinha para facer o 1 a 3. Aos 61 minutos falta lateral inexistente de Jonny a Xabi Prieto, este saca a falta e Vela en posible fóra de xogo marca o 2-3. No minuto 64 expulsión de Fontás por dobre amoestación, por unha falta en carreira con Vela no centro do campo. No minuto 68 piscinazo de Xabi Prieto dentro da área do Celta e Muñiz Fernández sácalle tarxeta a Xabi Prieto por tirarse e a Yoel porque lle dá a gana. No minuto 78 Vela marca o empate a 3 estando un metro e medio en fóra de xogo, como se pode apreciar na foto de arriba. Tres minutos despois outro erro defensivo, esta vez de Aurtenetxe e Vela marca o seu cuarto gol do partido poñendo o 4-3 no marcador. A última xogada foi para a Real Sociedade con dobre remate de Griezmann ambos os dous a pase de Vela (omnipresente) no que Yoel respondeu con dous paradonsA actuación de Muñiz Fernández non é nova, xa que todos nos acordamos do penalti que se inventou o ano pasado no partido Levante-Celta, no que un xogador local cae só dentro da área e este pita penalti e tarxeta amarela a Jonny. Pero este ano róubolle o partido ao Elxe contra o Real Madrid, mandárono á neveira unhas semanas e volve no Levante-Espanyol pitando un penalti a favor dos locais que foi fóra da área. Despois nun Almería-Valladolid dá por legal un gol do Almería coa man e onte vólvea liar. ¿Qué máis ten que facer para que expulsen a este impresentable da arbitraxe?.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Aurtenetxe, Jonny; Rafinha, Fontás, Alex López (Madinda, 78'); Augusto, Charles (Santi Mina, 71') e Nolito (David Costas, 69').
Goles: 1-0, Vela (6'). 1-1, Rafinha (23'). 1-2, Alex López (28'). 1-3, Rafinha (57'). 2-3, Vela (61'). 3-3, Vela (78'). 4-3, Vela (81').
Colexiado: Muñiz Fernández, escandaloso. Amonestou a Cabral e Yoel, e expulsou por dobre amonestación a Fontás (64').
Estadio: Anoeta, 24.000 espectadores. A recaudación do partido, 35.270 euros, vai destinada a os damnificados polo tifón en Filipinas.
Puntuación:
  • Yoel. Ben. 4.
  • Hugo Mallo. Solvente. 1.
  • Cabral. Mal. 0.
  • Aurtenetxe. Mal. 0.
  • Jonny. Ben. 3.
  • Rafinha. Goleador. 13.
  • Fontás. Expulsado. 1.
  • Alex López. Notable. 10.
  • Augusto. Cansado. 3.
  • Charles. Loitador. 3.
  • Nolito. Ben. 3.
  • David Costas. Mal. 0.
  • Santi Mina. Aprobado. 1.
  • Madinda. Sentido. 1.
*Reparto de puntos en estadística.


viernes, 22 de noviembre de 2013

Lista de convocados para o R. Sociedade - Celta

Krohn-Dehli no encontro da tempada pasada
Son baixa por lesión Oubiña e Samuel. Non entran na lista por decisión técnica Vila, Bermejo, Bellvís e David Rodríguez. Entran na lista os xogadores do filial Santi Mina e David Rodríguez.
  1. Sergio
  2. Hugo Mallo
  3. Fontás
  4. ---
  5. ---
  6. ---
  7. ---
  8. Alex López
  9. ---
  10. Nolito
  11. Charles
  12. Rafinha
  13. Yoel
  14. Orellana
  15. Aurtenetxe
  16. ---
  17. Madinda
  18. ---
  19. Jonny
  20. Toni
  21. ---
  22. Cabral
  23. Krohn-Dehli
  24. Augusto
  25. ---
  26. ---
  27. ---
  28. ---
  29. Santi Mina
  30. David Costas

martes, 19 de noviembre de 2013

Horario da volta dos dezaseisavos de final da Copa

Copa:
Dezaseisavos de final (volta):
Athletic - Celta
Fecha: xoves 19 de decembro do 2013
Hora: 21:30 horas
Estadio: Novo San Mamés

domingo, 17 de noviembre de 2013

2ª división B, xornada 14: Sporting Xixón "B" 2 - Celta "B" 0

O Celta "B" perde por 2 goles a 0 ante o Sporting de Xixón "B" nun partido moi intenso. No duelo de canteiras, Mareo gañou á A Madroa.
Ficha:
Alineación: Rubén, Pablo Pérez, Soto, Antón, Maceira, Borja Domínguez, Javi Rey, Yelko Pino (Borja Fernández, 55'), Marcos Torres (Aitor, 55'), Añón e Borja Iglesias (Thaylor, 75').
Goles: 1-0, Benito (45'). 2-0, Pablo Pérez (66').
Colexiado: Villoria Linacero. Amonestou a Pablo Pérez, Soto e Borja Domínguez.
Estadio: Pepe Ortiz, 600 espectadores.

miércoles, 13 de noviembre de 2013

Homenaxe a Fernando Cáceres

Hoxe, mércores 13 de novembro, celébrase no estadio da Romareda de Zaragoza as 20:30 horas a homenaxe ao ex xogador do Celta, Fernando Gabriel "el negro" Cáceres, defensa central que xogou durante 6 tempadas no Celta de Vigo (1998-2004), disputando 198 partidos e anotando 3 goles. Para min foi un dos mellores defensas centrais, senón o mellor, que pasou por Balaídos. O pasado 1 de novembro do 2009 sufriu un atraco, recibindo un disparo na cabeza, perdendo o ollo dereito, e sufrindo a fractura da base do cranio (os propios médicos dixeron que tiña poucas probabilidades de vida, pero conseguiu sair adiante). Recentemente volveu a ser asaltado na súa casa, recibindo unha brutal malleira e roubandolle o diñeiro destinado á súa recuperación. A homenaxe ten como obxetivo recadar fondos para sufragar os gastos do tratamento de Fernando Cáceres en Bos Aires.
Fernando Cáceres, Iturralde González e Mauro Silva no inicio dun derbi
O partido enfronta ao Zaragoza contra un equipo formado por amigos de Cáceres. O combinado, composto por ex zaragocistas e futbolistas da liga, estará dirixido por Víctor Fernández (ex adestador do Celta de Vigo) e Diego Pablo "Cholo" Simeone dende o banco, e formado polos seguintes xogadores:
  • Pinto (Barcelona)
  • Soriano e Corona (Almería)
  • Cani (Vilarreal)
  • Ander Herrera (Athletic)
  • Lafita (Xetafe)
  • Camacho (Huesca)
  • Gabi (Atl. Madrid)
  • Perotti (Sevilla)
  • Colotto e Sergio García (Espanyol)
  • Albelda (retirado)
  • Jorge López (Gent)
  • Juanfran (Levante)
  • Generelo (Elxe)
  • Vila, Bermejo, Bellvís, Madinda, David Rodríguez e Jonny (Celta de Vigo)
  • Javi Fuego, Alcácer, Oriol Romeu e Míchel (Valencia)
Foto de familia no homenaxe a Fernando Cáceres
Ficha:
Alineación:
1 - Zaragoza: Alcolea, Cortés, Laguardia, Álvaro, Rico, Paglialunga, Cidoncha, Antón, Javi Álamo, Suárez e Roger. Tamén xogaron Whalley, Paredes, Movilla, Barkero, Jorge Ortí, José Mari, Fernández, Víctor, Porcar, Abraham e Tarsi.
0 - Amigos de Fernando Cáceres: Pinto, Camacho, Javi Fuego, Colotto, Juanfran, Albelda, Gabi, Ander Herrera, Cani, Sergio García e Lafita. Tamén xogaron Leo Franco, Jonny, Vila, Madinda, Bellvís, Generelo, Oriol Romeu, Soriano, Corona, Míchel, Jorge López, David Rodríguez, Bermejo, Perotti e Alcácer.
Goles: 1-0, Roger (16').
Colexiado: Cristian Lixandru.
Estadio: A Romareda, 15.000 espectadores.

Horario da ida dos dezaseisavos de final da Copa

Copa
Dezaseisavos de final (ida):
Celta - Athletic
Fecha: sábado 7 de decembro do 2013
Hora: 20:00 horas
Estadio: Balaídos


domingo, 10 de noviembre de 2013

2ª división B, xornada 13: Celta "B" 0 - Racing Ferrol 1

Un Celta "B" pragado de baixas (Kevin e Goldar por lesión, Borja Dominguez e Pablo Pérez por sanción e David Costas e Santi Mina co primeiro equipo) e un gol de carambola condenan o filial a unha derrota no derbi ante un Racing de Ferrol moi serio.
Ficha:
Alineación: Rubén, Marcos Torres, Soto, Antón, Maceira, Borja Fernández (Javi Rey, 68'), Jordan, Yelko Pino, Añón, Thaylor e Borja Iglesias (Aitor, 57').
Goles: 0-1, Víctor Vázquez (5').
Colexiado: Alonso de la Lama. Amonestou a Borja Fernández e Javi Rey.
Estadio: Barreiro, uns 1.200 espectadores.

Liga, xornada 13: Celta 0 - Raio 2

Un Celta agarrotado en Balaídos suma outra derrota ante o Raio, as continuas perdidas de tempo do equipo visitante unido ao consentimento do árbitro deixaron sen ritmo o partido.
Nolito e Charles e o resto do equipo sairon desquiciados polas decisións arbitrais
O partido empezaba dominándoo o Celta, que pronto faría a primeira ocasión de gol nunha xogada de Alex López que abre para Santi Mina na dereita  e este centra para Nolito que dispara despexando a defensa a saque de esquina. No minuto 23 gran contra e gol do equipo visitante. A partir de aquí continuas perdidas de tempo do equipo visitante, consentidas pola mala actuación do colexiado, Teixeira Vitienes, que todas as xogadas eran falta a favor do Raio coa súa perdida de tempo correspondente de máis de un minuto. A seguinte ocasión clara tívoa o Raio nun saque de esquina que remata só na área pequena e despexa a defensa celeste. Logo dous remates do Raio que se foron fóra, un de falta e outro dende fóra da área. A última xogada do primeiro tempo foi para o Celta nun saque de esquina de Nolito que remata David Costas alto por pouco. A segunda mitade comezaba cunha falta inexistente ao borde da área do Celta na que Trahorras tardou máis de 3 minutos en sacar. Xogadón de Augusto que rouba no seu campo e se vai de todos ata o borde da área na que cede a Rafinha e o seu disparo roza nun defensa e non entra por pouco. Outra xogada do Celta, agora pola esquerda onde Alex López cede a Rafinha na dereita e o seu disparo o atrapa o porteiro visitante. Contragolpe do Raio que atrapa Yoel nunha gran intervención. No minuto 72 centro do Raio dende a esquerda (esta banda foi unha autoestrada durante todo o partido) e remate perfecto coa testa batendo a Yoel e facendo o 0-2. O celta respondía cunha gran xogada de Alex López que abre para Nolito na esquerda este encara e a pasa a Krohn-Dehli que pegalle mal e o balón non entra por pouco. O peor foron os asubios a Toni por parte dos que son do Madrid e do Barcelona e que se seguimos nesta linea pronto deixaran de acudir a Balaídos ("por sorte").
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, David Costas (Jonny, 73'), Fontás, Toni; Augusto, Oubiña (Krohn-Dehli, 67'), Alex López; Santi Mina (Rafinha, 56'), Charles e Nolito.
Goles: 0-1, Viera (23'). 0-2, Larrivey (72').
Colexiado: Teixeira Vitienes, horroroso. Amonestou a Nolito, Oubiña e Krohn-Dehli.
Estadio: Balaídos, 20.696 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Ben. 3.
  • Hugo Mallo. Traballo. 3.
  • David Costas. Frouxo. 1.
  • Fontás. Ben. 3.
  • Toni. Fatal. 1.
  • Augusto. O mellor. 9.
  • Oubiña. Mal. 1.
  • Alex López. Gañas. 7.
  • Santi Mina. Aprobado. 3.
  • Charles. Iregular. 2.
  • Nolito. Loitador. 1.
  • Rafinha. Perigo. 5.
  • Krohn-Dehli. Regular. 1.
  • Jonny. Cumpridor. 3.
*Reparto de puntos en estadística

sábado, 9 de noviembre de 2013

Lista de convocados para o Celta - Raio

Alex López no encontro da tempada pasada
Son baixa por lesión Bermejo, Aurtenetxe, Samuel e Cabral. Non entran na lista por decisión técnica Bellvís e Madinda. Entran na lista os xogadores do filial Santi Mina e David Costas.
  1. Sergio
  2. Hugo Mallo
  3. Fontás
  4. Oubiña
  5. ---
  6. Vila
  7. ---
  8. Alex López
  9. ---
  10. Nolito
  11. Charles
  12. Rafinha
  13. Yoel
  14. Orellana
  15. ---
  16. ---
  17. ---
  18. David Rodríguez
  19. Jonny
  20. Toni
  21. ---
  22. ---
  23. Krohn-Dehli
  24. Augusto
  25. ---
  26. ---
  27. ---
  28. ---
  29. Santi Mina
  30. David Costas

O Athletic de Bilbao primeiro rival do Celta na Copa

Charles festexa o primeiro gol da historia do Novo San Mames
O Celta tamén terá o privilexio de ser o encargado, ao igual que na liga, de inaugurar o Novo San Mames na Copa. A ida se xogará no estadio de Balaídos entre o 6 e o 8 de decembro, mentres que a volta xogarase no Novo San Mames o 18 de decembro. Se superamos a eliminatoria ante o Athletic, o Celta mediríanse ao vencedor do Lleida - Betis, xa en oitavos de final. Así quedou o sorteo ata semifinais:
Sorteo da Copa 2013-2014

lunes, 4 de noviembre de 2013

2ª división B, xornada 12: Celta "B" 4 - Caudal 2

O Celta "B" gaña por 4-2 ao Caudal, a pesar da mala actuación do árbitro, que xusto despois do 2-2 expulsou inxustamente o xogador local Pablo Pérez.
Ficha:
Alineación: Rubén, Soto, Goldar (Pablo Pérez, 26'), Antón, Samuel, Borja Domínguez, Borja Fernández, Yelko Pino, Fernán (Marcos Torres, 58'), Añón (Thaylor, 76') e Borja Iglesias.
Goles: 1-0, Borja Fernández (17'). 1-1, Borja (24'). 2-1, Borja Fernández (28'). 2-2, Domenech (70'). 3-2, Thaylor (82'). 4-2, Thaylor (89').
Colexiado: Díaz Cano. Amonestou a Soto, Borja Iglesias, Borja Domínguez e ao adestrador David de Dios. Expulsou por dobre amarela a Pablo Pérez (73').
Estadio: Barreiro, uns 400 espectadores.

domingo, 3 de noviembre de 2013

Liga, xornada 12: Sevilla 0 - Celta 1

O Celta continua co seu momento vitorioso en terras andaluzas (tres vitorias de tres, 8 goles a favor e 1 en contra) e gaña o seu terceiro partido da tempada.
Os xogadores do Celta ao remate do encontro
O Celta comezou creando perigo, centro dende a dereita de Santi Mina, rexeita de puños Beto e remate de Augusto que despexa a corner o porteiro. Pase longo para Charles e o remate o para Beto. O Celta seguía atacando, esta vez dende a esquerda ata a dereita onde Santi Mina remata ao pau. No minuto 30, penalti clarísimo e expulsión do porteiro sevillista a Augusto, desentendéndose totalmente do balón agárrao e tírao ao chan, pero o colexiado como sempre mira para outro lado. Centro de Augusto dende a dereita para Nolito á esquerda, este controla dentro da área e deixalla a Santi Mina que remata e despexa un defensa a corner. O resto do primeiro tempo o Sevilla domino máis o partido pero sen xerar perigo. O segundo tempo non podía comezar mellor e no minuto 2 Beto equivócase no pase e dálla a Alex López e este marca o 0-1 dende fóra da área. A partir de aquí dominio absoluto do Sevilla pero a defensa do celta estivo moi segura, en especial Cabral y Fontás. Reaccionou o Sevilla cunha dobre ocasión nun saque de esquina con remate de cabeza de M'Bia ao pau e o rexeite chégalle a outro xogador local que remata e Yoel saca un pé espectacular realizando a parada do partido (M'Bia non debería de xogar este encontro, xa que foi expulsado no anterior, pero o lixo do comité de competición segue manipulando ao seu antollo a competición). Despois a afección do Sevilla reclamou un posible penalti de Fontás a Gameiro, para min non é penalti. O Sevilla seguía buscando o empate e Vitolo remataba desviado. O partido remataría cun remate desviado do Sevilla ao saque dun corner.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Toni; Augusto, Oubiña, Alex López (Orellana, 82'); Santi Mina (Rafinha, 64'), Charles e Nolito (Vila, 90').
Goles: 0-1, Alex López (47').
Colexiado: Martínez Munuera, mal. Amonestou a Toni.
Estadio: Ramón Sánchez Pizjuán, uns 25.000 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Reflexos. 5.
  • Hugo Mallo. Traballador. 5.
  • Cabral. Seguro. 6.
  • Fontás. Líder. 10.
  • Toni. Regular. 1.
  • Augusto. Grande. 9.
  • Oubiña. Activo. 5.
  • Alex López. Goleador. 14.
  • Santi Mina. Loitador. 5.
  • Charles. Ben. 5.
  • Nolito. Cumplidor. 5.
  • Rafinha. Suficiente. 3.
  • Orellana. Irregular. 3.
  • Vila. Inédito. 2.
*Reparto de puntos en estadística

viernes, 1 de noviembre de 2013

Lista de convocados para o Sevilla - Celta

Oubiña e Jonny no encontro da tempada pasada
Son baixa por lesión Bermejo, Aurtenetxe e Samuel. Non entran na lista por decisión técnica Bellvís e Madinda. Entra na lista o xogador do filial Santi Mina.
  1. Sergio
  2. Hugo Mallo
  3. Fontás
  4. Oubiña
  5. ---
  6. Vila
  7. ---
  8. Alex López
  9. ---
  10. Nolito
  11. Charles
  12. Rafinha
  13. Yoel
  14. Orellana
  15. ---
  16. ---
  17. ---
  18. David Rodríguez
  19. Jonny
  20. Toni
  21. ---
  22. Cabral
  23. Krohn-Dehli
  24. Augusto
  25. ---
  26. ---
  27. ---
  28. ---
  29. Santi Mina