domingo, 3 de noviembre de 2013

Liga, xornada 12: Sevilla 0 - Celta 1

O Celta continua co seu momento vitorioso en terras andaluzas (tres vitorias de tres, 8 goles a favor e 1 en contra) e gaña o seu terceiro partido da tempada.
Os xogadores do Celta ao remate do encontro
O Celta comezou creando perigo, centro dende a dereita de Santi Mina, rexeita de puños Beto e remate de Augusto que despexa a corner o porteiro. Pase longo para Charles e o remate o para Beto. O Celta seguía atacando, esta vez dende a esquerda ata a dereita onde Santi Mina remata ao pau. No minuto 30, penalti clarísimo e expulsión do porteiro sevillista a Augusto, desentendéndose totalmente do balón agárrao e tírao ao chan, pero o colexiado como sempre mira para outro lado. Centro de Augusto dende a dereita para Nolito á esquerda, este controla dentro da área e deixalla a Santi Mina que remata e despexa un defensa a corner. O resto do primeiro tempo o Sevilla domino máis o partido pero sen xerar perigo. O segundo tempo non podía comezar mellor e no minuto 2 Beto equivócase no pase e dálla a Alex López e este marca o 0-1 dende fóra da área. A partir de aquí dominio absoluto do Sevilla pero a defensa do celta estivo moi segura, en especial Cabral y Fontás. Reaccionou o Sevilla cunha dobre ocasión nun saque de esquina con remate de cabeza de M'Bia ao pau e o rexeite chégalle a outro xogador local que remata e Yoel saca un pé espectacular realizando a parada do partido (M'Bia non debería de xogar este encontro, xa que foi expulsado no anterior, pero o lixo do comité de competición segue manipulando ao seu antollo a competición). Despois a afección do Sevilla reclamou un posible penalti de Fontás a Gameiro, para min non é penalti. O Sevilla seguía buscando o empate e Vitolo remataba desviado. O partido remataría cun remate desviado do Sevilla ao saque dun corner.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Toni; Augusto, Oubiña, Alex López (Orellana, 82'); Santi Mina (Rafinha, 64'), Charles e Nolito (Vila, 90').
Goles: 0-1, Alex López (47').
Colexiado: Martínez Munuera, mal. Amonestou a Toni.
Estadio: Ramón Sánchez Pizjuán, uns 25.000 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Reflexos. 5.
  • Hugo Mallo. Traballador. 5.
  • Cabral. Seguro. 6.
  • Fontás. Líder. 10.
  • Toni. Regular. 1.
  • Augusto. Grande. 9.
  • Oubiña. Activo. 5.
  • Alex López. Goleador. 14.
  • Santi Mina. Loitador. 5.
  • Charles. Ben. 5.
  • Nolito. Cumplidor. 5.
  • Rafinha. Suficiente. 3.
  • Orellana. Irregular. 3.
  • Vila. Inédito. 2.
*Reparto de puntos en estadística

No hay comentarios:

Publicar un comentario