domingo, 10 de noviembre de 2013

Liga, xornada 13: Celta 0 - Raio 2

Un Celta agarrotado en Balaídos suma outra derrota ante o Raio, as continuas perdidas de tempo do equipo visitante unido ao consentimento do árbitro deixaron sen ritmo o partido.
Nolito e Charles e o resto do equipo sairon desquiciados polas decisións arbitrais
O partido empezaba dominándoo o Celta, que pronto faría a primeira ocasión de gol nunha xogada de Alex López que abre para Santi Mina na dereita  e este centra para Nolito que dispara despexando a defensa a saque de esquina. No minuto 23 gran contra e gol do equipo visitante. A partir de aquí continuas perdidas de tempo do equipo visitante, consentidas pola mala actuación do colexiado, Teixeira Vitienes, que todas as xogadas eran falta a favor do Raio coa súa perdida de tempo correspondente de máis de un minuto. A seguinte ocasión clara tívoa o Raio nun saque de esquina que remata só na área pequena e despexa a defensa celeste. Logo dous remates do Raio que se foron fóra, un de falta e outro dende fóra da área. A última xogada do primeiro tempo foi para o Celta nun saque de esquina de Nolito que remata David Costas alto por pouco. A segunda mitade comezaba cunha falta inexistente ao borde da área do Celta na que Trahorras tardou máis de 3 minutos en sacar. Xogadón de Augusto que rouba no seu campo e se vai de todos ata o borde da área na que cede a Rafinha e o seu disparo roza nun defensa e non entra por pouco. Outra xogada do Celta, agora pola esquerda onde Alex López cede a Rafinha na dereita e o seu disparo o atrapa o porteiro visitante. Contragolpe do Raio que atrapa Yoel nunha gran intervención. No minuto 72 centro do Raio dende a esquerda (esta banda foi unha autoestrada durante todo o partido) e remate perfecto coa testa batendo a Yoel e facendo o 0-2. O celta respondía cunha gran xogada de Alex López que abre para Nolito na esquerda este encara e a pasa a Krohn-Dehli que pegalle mal e o balón non entra por pouco. O peor foron os asubios a Toni por parte dos que son do Madrid e do Barcelona e que se seguimos nesta linea pronto deixaran de acudir a Balaídos ("por sorte").
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, David Costas (Jonny, 73'), Fontás, Toni; Augusto, Oubiña (Krohn-Dehli, 67'), Alex López; Santi Mina (Rafinha, 56'), Charles e Nolito.
Goles: 0-1, Viera (23'). 0-2, Larrivey (72').
Colexiado: Teixeira Vitienes, horroroso. Amonestou a Nolito, Oubiña e Krohn-Dehli.
Estadio: Balaídos, 20.696 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Ben. 3.
  • Hugo Mallo. Traballo. 3.
  • David Costas. Frouxo. 1.
  • Fontás. Ben. 3.
  • Toni. Fatal. 1.
  • Augusto. O mellor. 9.
  • Oubiña. Mal. 1.
  • Alex López. Gañas. 7.
  • Santi Mina. Aprobado. 3.
  • Charles. Iregular. 2.
  • Nolito. Loitador. 1.
  • Rafinha. Perigo. 5.
  • Krohn-Dehli. Regular. 1.
  • Jonny. Cumpridor. 3.
*Reparto de puntos en estadística

No hay comentarios:

Publicar un comentario