O Celta perde un partido que gañaba 1-3 en media hora gracias á mala actuación, outra vez, de Muñiz Fernández e á pouca intensidade defensiva.
Posición ilegal de Vela no empate a tres |
O partido comezaba cun gol ben anulado a Vela que estaba uns centímetros en fóra de xogo, aínda que nesta xogada tamén se equivoca xa que no comezo da xogada Castro, que é o que centra, esta en fóra de xogo. Aos 6 minutos erro de Cabral ao sacar o balón e primeiro gol de Vela. No minuto 22 piscinazo de Vela a un metro do árbitro e este pita falta e tarxeta para Cabral, a falta a para Yoel con dificultades. No minuto seguinte gran xogada de Nolito pola esquerda que pasa a Jonny e o centro deste remátao coa testa Rafinha batendo a Bravo. Cinco minutos despois xogada de Nolito que pasa a Augusto e este dálle un gran pase a Alex López que se planta diante de Bravo e marca o 1-2. Aos 30 minutos falta e primeira tarxeta a Fontás por un leve agarrón, eses que nunca pitan se os fai o Barcelona ou o Madrid, pero que e moi facil de pitarlle ao Celta. A última xogada foi, como non, para Vela que colle o balón no seu campo e se vai de todos os defensas célticos pero remata fóra (recordando ao gol de Maradona). No segundo tempo non houbo nada destacado ata o minuto 57 cando un erro da defensa donostiarra o aproveita Rafinha para facer o 1 a 3. Aos 61 minutos falta lateral inexistente de Jonny a Xabi Prieto, este saca a falta e Vela en posible fóra de xogo marca o 2-3. No minuto 64 expulsión de Fontás por dobre amoestación, por unha falta en carreira con Vela no centro do campo. No minuto 68 piscinazo de Xabi Prieto dentro da área do Celta e Muñiz Fernández sácalle tarxeta a Xabi Prieto por tirarse e a Yoel porque lle dá a gana. No minuto 78 Vela marca o empate a 3 estando un metro e medio en fóra de xogo, como se pode apreciar na foto de arriba. Tres minutos despois outro erro defensivo, esta vez de Aurtenetxe e Vela marca o seu cuarto gol do partido poñendo o 4-3 no marcador. A última xogada foi para a Real Sociedade con dobre remate de Griezmann ambos os dous a pase de Vela (omnipresente) no que Yoel respondeu con dous paradons. A actuación de Muñiz Fernández non é nova, xa que todos nos acordamos do penalti que se inventou o ano pasado no partido Levante-Celta, no que un xogador local cae só dentro da área e este pita penalti e tarxeta amarela a Jonny. Pero este ano róubolle o partido ao Elxe contra o Real Madrid, mandárono á neveira unhas semanas e volve no Levante-Espanyol pitando un penalti a favor dos locais que foi fóra da área. Despois nun Almería-Valladolid dá por legal un gol do Almería coa man e onte vólvea liar. ¿Qué máis ten que facer para que expulsen a este impresentable da arbitraxe?.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Aurtenetxe, Jonny; Rafinha, Fontás, Alex López (Madinda, 78'); Augusto, Charles (Santi Mina, 71') e Nolito (David Costas, 69').
Goles: 1-0, Vela (6'). 1-1, Rafinha (23'). 1-2, Alex López (28'). 1-3, Rafinha (57'). 2-3, Vela (61'). 3-3, Vela (78'). 4-3, Vela (81').
Colexiado: Muñiz Fernández, escandaloso. Amonestou a Cabral e Yoel, e expulsou por dobre amonestación a Fontás (64').
Estadio: Anoeta, 24.000 espectadores. A recaudación do partido, 35.270 euros, vai destinada a os damnificados polo tifón en Filipinas.
Puntuación:
- Yoel. Ben. 4.
- Hugo Mallo. Solvente. 1.
- Cabral. Mal. 0.
- Aurtenetxe. Mal. 0.
- Jonny. Ben. 3.
- Rafinha. Goleador. 13.
- Fontás. Expulsado. 1.
- Alex López. Notable. 10.
- Augusto. Cansado. 3.
- Charles. Loitador. 3.
- Nolito. Ben. 3.
- David Costas. Mal. 0.
- Santi Mina. Aprobado. 1.
- Madinda. Sentido. 1.
*Reparto de puntos en estadística.
No hay comentarios:
Publicar un comentario