miércoles, 13 de noviembre de 2013

Homenaxe a Fernando Cáceres

Hoxe, mércores 13 de novembro, celébrase no estadio da Romareda de Zaragoza as 20:30 horas a homenaxe ao ex xogador do Celta, Fernando Gabriel "el negro" Cáceres, defensa central que xogou durante 6 tempadas no Celta de Vigo (1998-2004), disputando 198 partidos e anotando 3 goles. Para min foi un dos mellores defensas centrais, senón o mellor, que pasou por Balaídos. O pasado 1 de novembro do 2009 sufriu un atraco, recibindo un disparo na cabeza, perdendo o ollo dereito, e sufrindo a fractura da base do cranio (os propios médicos dixeron que tiña poucas probabilidades de vida, pero conseguiu sair adiante). Recentemente volveu a ser asaltado na súa casa, recibindo unha brutal malleira e roubandolle o diñeiro destinado á súa recuperación. A homenaxe ten como obxetivo recadar fondos para sufragar os gastos do tratamento de Fernando Cáceres en Bos Aires.
Fernando Cáceres, Iturralde González e Mauro Silva no inicio dun derbi
O partido enfronta ao Zaragoza contra un equipo formado por amigos de Cáceres. O combinado, composto por ex zaragocistas e futbolistas da liga, estará dirixido por Víctor Fernández (ex adestador do Celta de Vigo) e Diego Pablo "Cholo" Simeone dende o banco, e formado polos seguintes xogadores:
  • Pinto (Barcelona)
  • Soriano e Corona (Almería)
  • Cani (Vilarreal)
  • Ander Herrera (Athletic)
  • Lafita (Xetafe)
  • Camacho (Huesca)
  • Gabi (Atl. Madrid)
  • Perotti (Sevilla)
  • Colotto e Sergio García (Espanyol)
  • Albelda (retirado)
  • Jorge López (Gent)
  • Juanfran (Levante)
  • Generelo (Elxe)
  • Vila, Bermejo, Bellvís, Madinda, David Rodríguez e Jonny (Celta de Vigo)
  • Javi Fuego, Alcácer, Oriol Romeu e Míchel (Valencia)
Foto de familia no homenaxe a Fernando Cáceres
Ficha:
Alineación:
1 - Zaragoza: Alcolea, Cortés, Laguardia, Álvaro, Rico, Paglialunga, Cidoncha, Antón, Javi Álamo, Suárez e Roger. Tamén xogaron Whalley, Paredes, Movilla, Barkero, Jorge Ortí, José Mari, Fernández, Víctor, Porcar, Abraham e Tarsi.
0 - Amigos de Fernando Cáceres: Pinto, Camacho, Javi Fuego, Colotto, Juanfran, Albelda, Gabi, Ander Herrera, Cani, Sergio García e Lafita. Tamén xogaron Leo Franco, Jonny, Vila, Madinda, Bellvís, Generelo, Oriol Romeu, Soriano, Corona, Míchel, Jorge López, David Rodríguez, Bermejo, Perotti e Alcácer.
Goles: 1-0, Roger (16').
Colexiado: Cristian Lixandru.
Estadio: A Romareda, 15.000 espectadores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario