jueves, 31 de octubre de 2013

2ª división B, xornada 11: Compostela 2 - Celta "B" 1

O Celta "B" perde o derbi co Compostela gracias á lamentable actuación do arbitro que expulsou a Maceira, sacou nos últimos 10 minutos 5 tarxetas amarelas e pitou un penalti no minuto 92.
Ficha:
Alineación: Óscar Santiago, Soto, Maceira, Antón, Goldar, Borja Domínguez, Fernán (Marcos Torres, 59'), Borja Fernández, Borja Iglesias (Thaylor, 73'), Yelko Pino (Pablo Pérez, 80') e Añón.
Goles: 0-1, Borja Fernández (8'). 1-1, Joselu (16'). 2-1, Joselu (p) (93').
Colexiado: Vicente Moral. Amonestou a Soto, Borja Domínguez, Óscar Domínguez, Añón e Goldar. Expulsou por dobre amarela a Maceira (78').
Estadio: San Lázaro, uns 1.200 espectadores.

miércoles, 30 de octubre de 2013

Liga, xornada 11: Celta 0 - Barcelona 3

Un Celta moi valente pranta cara ao líder e ao igual que a tempada pasada vólvese encontrar coa mala arbitraxe de Fernández Borbalán.
Nolito no momento de marcar o gol anulado inxustamente
O partido comezou mal para o Celta e no minuto 8, Cabral perde o balón ante Pedro este encara a Yoel e dispara, rexeitando Yoel e Alexis a porta baleira marca o 0-1. O Celta non se veu a baixo e respondeu cun pase longo a Charles que dispara e para Valdés. As seguintes ocasións tívoas Rafinha, cun disparo dende fóra da área que sae rozando o pau esquerdo da porteria de Valdés e nun centro dende a dereita de Augusto que remata e para Valdés con dificultade. Centro outra vez dende a dereita, agora de Hugo Mallo, Bartra empurra a Charles cometendo penalti e este ao caer choca con Valdés, o balón chegalle a Nolito marcando gol pero o colexiado, como non podía ser doutro xeito, pita falta a favor do Barcelona (recordar que este mesmo arbitro o ano pasado deu un gol ilegal ao Barcelona por un fóra de xogo de Jordi Alba de tres metros). O segundo tempo empeza como o primeiro e no minuto 48, disparo dende fóra da área de Cesc que dá na escadra, golpea en Yoel e entra na porteria 0-2. O Celta seguíao intentandoo, centro dende a dereita de Augusto e remate de Charles que para Valdés. A continuación contragolpe de Messi que pasa a Cesc e marca o terceiro. O Celta seguiu ao seu, e man involuntaria de Song dentro da área que o árbitro non pita, aínda que seguro que se fose na área do Celta a tivese pitado. Logo paradón de Yoel a Messi. Nolito lanza unha falta e estrélase contra o longueiro. Falta no medio do campo a favor do Celta que o árbitro non pita e Pedro case marca o cuarto. Charles para Santi Mina dentro da área, este espera demasiado e o seu disparo toca nun defensa e sae a saque de esquina. Logo outro paradón de Yoel a Messi e xa no desconto disparo alto do Barcelona. A arbitraxe tan lamentable de Fernández Borbalán non sorprende moito en Vigo, polo menos a min, xa que é reincidente, todos recordamos a arbitraxe da tempada pasada no Camp Nou, pero no encontro de onte foi escandaloso. Primeiro o gol legal anulado a Nolito e segundo o criterio a hora de pitar as faltas dependendo que camiseta as faga, o exemplo máis claro foi a tarxeta amarela a Rafinha, nunha falta por detrás a rentes de chan, tocando o balón e logo Alves entra do mesmo xeito pero non toca o balón e si o xogador e nin sequera pita falta. O peor non é perder co Barcelona, xa que entra dentro "dos nosos plans", o peor é que o Madrid despois de perder a semana pasada ante o Barcelona, se queixou publicamente do arbitraxe recibido, polo que hoxe como o Sevilla lle plante cara o colexiado decantara o encontro a favor do grande, polo que o Sevilla tamén se queixara e o sábado volverannos roubar o partido a nós, espero equivocarme.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Aurtenetxe (Toni, 55'); Rafinha, Oubiña, Alex López; Augusto (Santi Mina, 58'), Charles e Nolito (Orellana, 68').
Goles: 0-1, Alexis (8'). 0-2, Cesc (48'). 0-3, Cesc (55').
Colexiado: Fernández Borbalán, roubo con nocturnidade e aleivosía. Amonestou a Rafinha, Cabral e Augusto.
Estadio: Balaídos, 26.636 espectadores.
Puntuación:

  • Yoel. Mala sorte. 5.
  • Hugo Mallo. Ben. 2.
  • Cabral. Fallón. 0.
  • Fontás. Ben. 2.
  • Aurtenetxe. Lesionado. 1.
  • Rafinha. Revolucionado. 0.
  • Oubiña. Ben. 2.
  • Alex López. Activo. 2.
  • Augusto. Loitador. 1.
  • Charles. Traballo. 7.
  • Nolito. Peligro. 9.
  • Toni. Regular. 3.
  • Santi Mina. Lento. 3.
  • Orellana. Pouco tempo. 3.
*Reparto de puntos en estadística

martes, 29 de octubre de 2013

Lista de convocados para o Celta - Barcelona

Oubiña no remate do 2-2 da tempada pasada
Son baixa por lesión Bermejo, Bellvís, Samuel e Krohn-Dehli. Non entran na lista por decisión técnica Vila e Jonny. Entran na lista os xogadores do filial Santi Mina e David Costas.
  1. Sergio
  2. Hugo Mallo
  3. Fontás
  4. Oubiña
  5. ---
  6. ---
  7. ---
  8. Alex López
  9. ---
  10. Nolito
  11. Charles
  12. Rafinha
  13. Yoel
  14. Orellana
  15. Aurtenetxe
  16. ---
  17. Madinda
  18. David Rodríguez
  19. ---
  20. Toni
  21. ---
  22. Cabral
  23. ---
  24. Augusto
  25. ---
  26. ---
  27. ---
  28. ---
  29. Santi Mina
  30. David Costas

domingo, 27 de octubre de 2013

2ª división B, xornada 10: Celta "B" 2 - S. D. Logroñes 2

A mala sorte de cara ao gol condenan ao filial a un empate a dous nun partido bastante polémico e no que se adianto en dúas ocasións.
Ficha:
Alineación: Rubén, Pablo Pérez, Antón, Goldar, Samuel, Borja Fernández, Borja Domínguez, Yelko Pino, Marcos Torres (Fernán, 58'), Añón (Aitor, 79') e Borja Iglesias (Thaylor, 70').
Goles: 1-0, Borja Iglesias (2'). 1-1, Iñaki Toledo (p) (10'). 2-1, Borja Iglesias (60'). 2-2, Javi Torres (75').
Colexiado: Román Román. Amonestou a Fernán e Añón.
Estadio: Barreiro, uns 800 espectadores.

Liga, xornada 10: Málaga 0 - Celta 5

O Celta ofrece a súa mellor versión a domicilio e endósalle unha "manita" ao Málaga, gañando o seu segundo partido da tempada.
Charles e Nolito tras o cuarto gol
O partido non podía empezar mellor para o Celta e no minuto 5, roubo no medio do campo, o balón chega a Alex López este xírase e dispara dende fóra da área pegado ao pau dereito anotando o 0-1. O dominio seguía sendo do Celta e no minuto 22 centro de Aurtenetxe dende a esquerda que toca Charles, falla a defensa local e Augusto consegue o 0-2. O Málaga non pasaba do centro do campo e o Celta seguía creando perigo e nun saque de esquina e despois de varios toques de cabeza, Charles case marca o terceiro. A segunda parte comezaba co primeiro remate do Málaga a porteria. O Celta seguía igual, roubo rápido e Alex López remata dende fóra da área despexando Caballero. No minuto 64 o balón chega a Nolito, este dribla a dous defensas nunha baldosa e dispara ao pau, o rexeite chégalle a Augusto que recorta o defensa e o seu disparo o despexa Caballero pero Alex López moi atento remata de cabeza facendo o seu segundo tanto. No minuto 73 pase dende o centro do campo de Alex López para Nolito á esquerda e este encara á defensa e saca un disparo que colase pola escadra dereita do Málaga, golazo do andaluz. A continuación outra vez Nolito dende fóra da área dispara e Caballero despéxaa a corner. No minuto 81 saque de esquina dende a esquerda, o balón chega a Hugo Mallo na dereita, pasa a David Rodríguez e este fai o "pase da morte" a Charles que a empurra ao fondo das mallas. O Celta puido facer un set pero David Rodríguez primeiro nunha especie de chilena e despois só ante Caballero e toda a porteria para marcar a tira fóra. 0-5 na Rosaleda e agora a polo Barcelona este martes.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Aurtenetxe; Augusto (David Rodríguez, 77'), Oubiña, Alex López (Madinda, 74'); Santi Mina (Orellana, 65'), Charles e Nolito.
Goles: 0-1, Alex López (5'). 0-2, Augusto (22'). 0-3, Alex López (64'). 0-4, Nolito (73'). 0-5, Charles (81').
Colexiado: Estrada Fernández.
Estadio: A Rosaleda, 19.990 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Case inédito. 5.
  • Hugo Mallo. Profundo. 6.
  • Cabral. Seguro. 6.
  • Fontás. Sólido. 6.
  • Aurtenetxe. Firme. 6.
  • Augusto. Incansable. 15.
  • Oubiña. Notable. 6.
  • Alex López. Enorme. 20.
  • Santi Mina. Ben. 6.
  • Charles. Loitador. 11.
  • Nolito. Desequilibrante. 14.
  • Orellana. Ben. 4.
  • Madinda. Ben. 4.
  • David Rodríguez. Asistencia. 6.
*Reparto de puntos en estadística

viernes, 25 de octubre de 2013

Lista de convocados para o Málaga - Celta

Augusto festexa o tanto do empate no encontro da tempada pasada
Son baixa por lesión Bermejo, Bellvís, Samuel e Krohn-Dehli. Rafinha e baixa por sanción. Non entra na lista por decisión técnica Vila. Entran na lista os xogadores do filial Santi Mina e David Costas.
  1. Sergio
  2. Hugo Mallo
  3. Fontás
  4. Oubiña
  5. ---
  6. ---
  7. ---
  8. Alex López
  9. ---
  10. Nolito
  11. Charles
  12. ---
  13. Yoel
  14. Orellana
  15. Aurtenetxe
  16. ---
  17. Madinda
  18. David Rodríguez
  19. Jonny
  20. Toni
  21. ---
  22. Cabral
  23. ---
  24. Augusto
  25. ---
  26. ---
  27. ---
  28. ---
  29. Santi Mina
  30. David Costas

Liga, xornada 9: Celta 0 - Levante 1

Máxima condena en Balaídos ao perder por 0-1 no único disparo a porteria do Levante no segundo tempo, no minuto 88, e desperdiciar o Celta numerosas ocasións de gol.
Apagón en Balaídos
O partido comezou cunha oportunidade do Levante no saque dunha falta lateral e remate que para Yoel. O Celta respondia cunha gran xogada dende a esquerda na que Krohn-Dehli deixa pasar o balón e este chega a Santi Mina que só ante Keylor Navas non atina no remate. Remate dende fóra de Krohn-Dehli que sae fóra por pouco. Outra ocasión clara de Nolito, que dispara pegado ao pau dereito. Cento dende a dereita, rexeite do Levante e Toni dende fóra da área saca un gran disparo que despexa Keylor Navas. O segundo tempo comezou con retraso por un apagón provocado pola forte tromba de auga. Disparo de Santi Mina dende fóra da área. Lanzamento de falta de Nolito que sae fóra por pouco. Outro roubo no centro do campo que chega a Santi Mina e este dispara alto. Pase en profundidade de Nolito a Charles e este nunha ocasión clarísima lle pega mal e o disparo sae fóra. incursión de Orellana pola esquerda e o disparo sae desviado. No minuto 88, falta absurda de Orellana e o lanzamento de Juanfran pega na barreira e no rexeite disparo dende fóra da área e gol. Fin tormentoso en Balaídos e o Celta que leva 7 xornadas sen gañar, 4 derrotas seguidas, é penúltimo.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, David Costas, Fontás, Toni; Rafinha, Oubiña, Krohn-Dehli (Alex López, 46'), Santi Mina (David Rodríguez, 82'), Charles e Nolito (Orellana, 69').
Goles: 0-1, Diop (88').
Colexiado: Álvarez Izquierdo. Amonestou a Rafinha e Orellana.
Estadio: Balaídos, 14.636 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Ben. 4.
  • Hugo Mallo. Ben. 4.
  • David Costas. Soberbio. 9.
  • Fontás. Seguro. 4.
  • Toni. Trabajo. 4.
  • Rafinha. Ben. 3.
  • Oubiña. Ben. 4.
  • Krohn-Dehli. Destacado. 9.
  • Santi Mina. Sorpresa. 6.
  • Charles. Regular. 2.
  • Nolito. Perigo. 12.
  • Alex López. Ben. 3.
  • Orellana. Regular. 1.
  • David Rodríguez. Inédito. 1.
*Reparto de puntos en estadísticas.

lunes, 21 de octubre de 2013

Lista de convocados para o Celta - Levante

Cabral no partido da tempada pasada
Son baixa por lesión Bermejo, Bellvís, Samuel e Augusto. Non entran na lista por decisión técnica Vila e Jonny. Entran na lista os xogadores do filial Santi Mina e David Costas.
  1. Sergio
  2. Hugo Mallo
  3. Fontás
  4. Oubiña
  5. ---
  6. ---
  7. ---
  8. Alex López
  9. ---
  10. Nolito
  11. Charles
  12. Rafinha
  13. Yoel
  14. Orellana
  15. Aurtenetxe
  16. ---
  17. Madinda
  18. David Rodríguez
  19. ---
  20. Toni
  21. ---
  22. Cabral
  23. Krohn-Dehli
  24. ---
  25. ---
  26. ---
  27. ---
  28. ---
  29. Santi Mina
  30. David Costas

2ª división B, xornada 9: Racing Santander 3 - Celta "B" 1

O Celta "B" cae derrotado polo Racing de Santander por 3 goles a 1, nun partido onde sobrou o segundo tempo.
Ficha:
Alineación: Óscar Santiago, Soto, Jordan, Goldar, Antón, Maceira, Borja Domínguez, Yelko Pino (Borja Fernández, 76'), Marcos Torres (Borja Iglesias, 76'), Aitor (Fernán, 55') e Thaylor.
Goles: 1-0, Rubén Durán (15'). 1-1, Marcos Torres (21'). 2-1, Agustín (36'). 3-1, Koné (42').
Colexiado: Suberbiola Zúñiga. Amonestou a Aitor, Maceira, Borja Iglesias e Ferrán.
Estadio: El Sardinero.

jueves, 17 de octubre de 2013

Horarios das xornadas 13, 14, 15, 16 e 17

Xornada 13:
Celta - Raio Vallecano
Fecha: sábado 9-11-2013
Hora: 22:00 horas
Estadio: Balaídos


Xornada 14:
Real Sociedade - Celta
Fecha: sábado 23-11-2013
Hora: 18:00 horas
Estadio: Anoeta



Xornada 15:
Celta - Almería
Fecha: sábado 30-11-2013
Hora: 18:00 horas
Estadio: Balaídos



Xornada 16:
Valladolid - Celta
Fecha: luns 16-12-2013
Hora: 22:00 horas
Estadio: Novo José Zorrila


Xornada 17:
Celta - Osasuna
Fecha: domingo 22-12-2013
Hora: 21:00 horas
Estadio: Balaídos
Nota: Este xornada pode sufrir variación á espera de coñecer o sorteo dos 1 / 16 da Copa.

lunes, 14 de octubre de 2013

2ª división B, xornada 8: Celta "B" 1 - Cultural Leonesa 0

Un Celta "B" cheo de baixas volve gañar tres xornadas despois e mantense a 1 punto da liguilla de ascenso a segunda.
Ficha:
Alineación: Iván Villar, Pablo Pérez, Antón, Goldar, Maceira, Borja Domínguez, Jordan, Yelko Pino (Fernán, 86'), Marcos Torres (Aitor, 81'), Añón e Borja Iglesias (Thaylor, 66').
Goles: 1-0, Marcos Torres (46').
Colexiado: Muñoz Piedra. Amonestou a Maceira, Yelko Pino, Iván e Aitor, e expulsou por dobre amarela a Añón (89').
Estadio: Barreiro, uns 800 espectadores.

martes, 8 de octubre de 2013

Horarios das xornadas 10, Málaga - Celta, 11, Celta - Barcelona, e 12, Sevilla - Celta

Xornada 10:
Málaga - Celta
Fecha: sábado 26-10-2013
Hora: 16:00 horas
Estadio: A Rosaleda


Xornada 11:
Celta - Barcelona
Fecha: martes 29-10-2013
Hora: 22:00 horas
Estadio: Balaídos



Xornada 12:
Sevilla - Celta
Fecha: sábado 02-11-2013
Hora: 22:00 horas
Estadio: Ramón Sánchez Pizxuán

domingo, 6 de octubre de 2013

2ª división B, xornada 7: Zamora 6 - Celta "B" 0

O Zamora endósalle un set ao filial celeste, anotando en prácticamente todas as ocasións que tivo.
Ficha:
Alineación: Rubén, Kevin (Goldar, 54'), Soto, Antón, Maceira, Borja Domínguez, Borja Fernández, Yelko Pino, Añón, (Marcos Torres, 65'), Aitor (Fernán, 65') e Borja Iglesias.
Goles: 1-0, Alberto Prada (24'). 2-0, Miguel Santos (37'). 3-0, Jorge Hernández (55'). 4-0, Montero (68'). 5-0, Montero (80'). 6-0, Jorge Hernández (88').
Colexiado: Collado López. Amonestou a Borja Domínguez, Soto e Fernán.
Estadio: Ruta de la Plata, uns 1.800 espectadores.

Liga, xornada 8: Atl. Madrid 2 - Celta 1

A mala primeira parte de todo o equipo, agás Yoel, e a fraxilidade defensiva condenan o Celta á súa terceira derrota consecutiva.
Yoel, o mellor do partido
A primeira parte foi un acoso constante do Atlético de Madrid á área do Celta, pero non foi ata o minuto 42 cando marcaron o 1-0. Antes no minuto 24, penalti claro de David Costas que Yoel detén ao ex céltico Diego Costa. Ata o gol foi unha exhibición constante de intervencións de Yoel. A segunda parte comezou como a primeira cun Atlético envorcado e un Celta moi frouxo, ata o minuto 57 que coa incursión no campo de Nolito e Santi Mina o Celta empezou a xogar, pero cando mellor estaba o Celta o Atlético nunha contra marca o 2-0. O Celta seguía xogando e no minuto 71, Nolito marca un golazo de vaselina e é aí onde como non podía ser doutra forma o colexiado entra en escena e empeza a súa arbitraxe caseira, cun posible penalti a Rafinha e unha agresión de Godín a Santi Mina que pitou pero ao que no quixo expulsar. No desconto un lanzamento de falta de Nolito obrigou a Courtois a facer un paradón.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, David Costas, Fontás, Toni; Alex López (Santi Mina, 57'), Oubiña, Krohn-Dehli; Rafinha, Charles (Madinda, 67') e Augusto (Nolito, 57').
Goles: 1-0, Diego Costa (42'). 2-0, Diego Costa (60'). 2-1, Nolito (71').
Colexiado: Undiano Mallenco, moi casero. Amonestou a Charles, Hugo Mallo e Oubiña.
Estadio: Vicente Calderón, uns 52.000 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Exhibición. 10.
  • Hugo Mallo. Regular. 1.
  • David Costas. Mal. 1.
  • Fontás. Regular. 2.
  • Toni. Irregular. 1.
  • Alex López. Fatal. 2.
  • Oubiña. Lamentable. 0.
  • Krohn-Dehli. Fatal. 1.
  • Rafinha. Intermitente. 2.
  • Charles. Desasistido. 0.
  • Augusto. Fóra de sitio. 2.
  • Santi Mina. Moi ben. 6.
  • Nolito. Notable. 11.
  • Madinda. Ben. 4.
*Reparto de puntos en estadísticas.

sábado, 5 de octubre de 2013

Lista de convocados para o Atl. Madrid - Celta

Hugo Mallo no partido do ano pasado
Son baixa por lesión Bermejo, Bellvís e Samuel. Non entran na lista por decisión técnica Vila, Orellana e David Rodríguez. Entran na lista os xogadores do filial Santi Mina e David Costas.
  1. Sergio
  2. Hugo Mallo
  3. Fontás
  4. Oubiña
  5. ---
  6. ---
  7. ---
  8. Alex López
  9. ---
  10. Nolito
  11. Charles
  12. Rafinha
  13. Yoel
  14. ---
  15. Aurtenetxe
  16. ---
  17. Madinda
  18. ---
  19. Jonny
  20. Toni
  21. ---
  22. Cabral
  23. Krohn-Dehli
  24. Augusto
  25. ---
  26. ---
  27. ---
  28. ---
  29. Santi Mina
  30. David Costas