Un Celta moi valente pranta cara ao líder e ao igual que a tempada pasada vólvese encontrar coa mala arbitraxe de Fernández Borbalán.
Nolito no momento de marcar o gol anulado inxustamente |
O partido comezou mal para o Celta e no minuto 8, Cabral perde o balón ante Pedro este encara a Yoel e dispara, rexeitando Yoel e Alexis a porta baleira marca o 0-1. O Celta non se veu a baixo e respondeu cun pase longo a Charles que dispara e para Valdés. As seguintes ocasións tívoas Rafinha, cun disparo dende fóra da área que sae rozando o pau esquerdo da porteria de Valdés e nun centro dende a dereita de Augusto que remata e para Valdés con dificultade. Centro outra vez dende a dereita, agora de Hugo Mallo, Bartra empurra a Charles cometendo penalti e este ao caer choca con Valdés, o balón chegalle a Nolito marcando gol pero o colexiado, como non podía ser doutro xeito, pita falta a favor do Barcelona (recordar que este mesmo arbitro o ano pasado deu un gol ilegal ao Barcelona por un fóra de xogo de Jordi Alba de tres metros). O segundo tempo empeza como o primeiro e no minuto 48, disparo dende fóra da área de Cesc que dá na escadra, golpea en Yoel e entra na porteria 0-2. O Celta seguíao intentandoo, centro dende a dereita de Augusto e remate de Charles que para Valdés. A continuación contragolpe de Messi que pasa a Cesc e marca o terceiro. O Celta seguiu ao seu, e man involuntaria de Song dentro da área que o árbitro non pita, aínda que seguro que se fose na área do Celta a tivese pitado. Logo paradón de Yoel a Messi. Nolito lanza unha falta e estrélase contra o longueiro. Falta no medio do campo a favor do Celta que o árbitro non pita e Pedro case marca o cuarto. Charles para Santi Mina dentro da área, este espera demasiado e o seu disparo toca nun defensa e sae a saque de esquina. Logo outro paradón de Yoel a Messi e xa no desconto disparo alto do Barcelona. A arbitraxe tan lamentable de Fernández Borbalán non sorprende moito en Vigo, polo menos a min, xa que é reincidente, todos recordamos a arbitraxe da tempada pasada no Camp Nou, pero no encontro de onte foi escandaloso. Primeiro o gol legal anulado a Nolito e segundo o criterio a hora de pitar as faltas dependendo que camiseta as faga, o exemplo máis claro foi a tarxeta amarela a Rafinha, nunha falta por detrás a rentes de chan, tocando o balón e logo Alves entra do mesmo xeito pero non toca o balón e si o xogador e nin sequera pita falta. O peor non é perder co Barcelona, xa que entra dentro "dos nosos plans", o peor é que o Madrid despois de perder a semana pasada ante o Barcelona, se queixou publicamente do arbitraxe recibido, polo que hoxe como o Sevilla lle plante cara o colexiado decantara o encontro a favor do grande, polo que o Sevilla tamén se queixara e o sábado volverannos roubar o partido a nós, espero equivocarme.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Aurtenetxe (Toni, 55'); Rafinha, Oubiña, Alex López; Augusto (Santi Mina, 58'), Charles e Nolito (Orellana, 68').
Goles: 0-1, Alexis (8'). 0-2, Cesc (48'). 0-3, Cesc (55').
Colexiado: Fernández Borbalán, roubo con nocturnidade e aleivosía. Amonestou a Rafinha, Cabral e Augusto.
Estadio: Balaídos, 26.636 espectadores.
Puntuación:
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Aurtenetxe (Toni, 55'); Rafinha, Oubiña, Alex López; Augusto (Santi Mina, 58'), Charles e Nolito (Orellana, 68').
Goles: 0-1, Alexis (8'). 0-2, Cesc (48'). 0-3, Cesc (55').
Colexiado: Fernández Borbalán, roubo con nocturnidade e aleivosía. Amonestou a Rafinha, Cabral e Augusto.
Estadio: Balaídos, 26.636 espectadores.
Puntuación:
- Yoel. Mala sorte. 5.
- Hugo Mallo. Ben. 2.
- Cabral. Fallón. 0.
- Fontás. Ben. 2.
- Aurtenetxe. Lesionado. 1.
- Rafinha. Revolucionado. 0.
- Oubiña. Ben. 2.
- Alex López. Activo. 2.
- Augusto. Loitador. 1.
- Charles. Traballo. 7.
- Nolito. Peligro. 9.
- Toni. Regular. 3.
- Santi Mina. Lento. 3.
- Orellana. Pouco tempo. 3.
*Reparto de puntos en estadística
No hay comentarios:
Publicar un comentario