Máxima condena en Balaídos ao perder por 0-1 no único disparo a porteria do Levante no segundo tempo, no minuto 88, e desperdiciar o Celta numerosas ocasións de gol.
Apagón en Balaídos |
O partido comezou cunha oportunidade do Levante no saque dunha falta lateral e remate que para Yoel. O Celta respondia cunha gran xogada dende a esquerda na que Krohn-Dehli deixa pasar o balón e este chega a Santi Mina que só ante Keylor Navas non atina no remate. Remate dende fóra de Krohn-Dehli que sae fóra por pouco. Outra ocasión clara de Nolito, que dispara pegado ao pau dereito. Cento dende a dereita, rexeite do Levante e Toni dende fóra da área saca un gran disparo que despexa Keylor Navas. O segundo tempo comezou con retraso por un apagón provocado pola forte tromba de auga. Disparo de Santi Mina dende fóra da área. Lanzamento de falta de Nolito que sae fóra por pouco. Outro roubo no centro do campo que chega a Santi Mina e este dispara alto. Pase en profundidade de Nolito a Charles e este nunha ocasión clarísima lle pega mal e o disparo sae fóra. incursión de Orellana pola esquerda e o disparo sae desviado. No minuto 88, falta absurda de Orellana e o lanzamento de Juanfran pega na barreira e no rexeite disparo dende fóra da área e gol. Fin tormentoso en Balaídos e o Celta que leva 7 xornadas sen gañar, 4 derrotas seguidas, é penúltimo.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, David Costas, Fontás, Toni; Rafinha, Oubiña, Krohn-Dehli (Alex López, 46'), Santi Mina (David Rodríguez, 82'), Charles e Nolito (Orellana, 69').
Goles: 0-1, Diop (88').
Colexiado: Álvarez Izquierdo. Amonestou a Rafinha e Orellana.
Estadio: Balaídos, 14.636 espectadores.
Puntuación:
Goles: 0-1, Diop (88').
Colexiado: Álvarez Izquierdo. Amonestou a Rafinha e Orellana.
Estadio: Balaídos, 14.636 espectadores.
Puntuación:
- Yoel. Ben. 4.
- Hugo Mallo. Ben. 4.
- David Costas. Soberbio. 9.
- Fontás. Seguro. 4.
- Toni. Trabajo. 4.
- Rafinha. Ben. 3.
- Oubiña. Ben. 4.
- Krohn-Dehli. Destacado. 9.
- Santi Mina. Sorpresa. 6.
- Charles. Regular. 2.
- Nolito. Perigo. 12.
- Alex López. Ben. 3.
- Orellana. Regular. 1.
- David Rodríguez. Inédito. 1.
*Reparto de puntos en estadísticas.
Levo un tempo mirando as puntuacións que daslle os xogadores, e non o entendo..., como é que un xogador con unha puntuación de 4 sexa "ben"?? e outro teña unha puntuacion de 12??
ResponderEliminarVoucho explicar co exemplo de Yoel (Ben, 4), Rafinha (Ben, 3) e Nolito (Perigo 12). O primeiro é ir á páxina de Estatísticas e ver a puntuacións e agora desenvólvocho:
EliminarYoel = 3 (BN) + 2 (por partido) - 1 (gol recibido) = 4 puntos
Rafinha = 3 (BN) + 2 (por partido) - 1 (tarxeta amarela) - 1 (gol recibido) = 3 puntos
Nolito = 5 (SB) + 5 (mellor partido) + 2 (por partido) = 12 puntos (non resta o gol recibido por que foi no minuto 88 e Nolito foi sustituido no minuto 69).