A mala primeira parte de todo o equipo, agás Yoel, e a fraxilidade defensiva condenan o Celta á súa terceira derrota consecutiva.
Yoel, o mellor do partido |
A primeira parte foi un acoso constante do Atlético de Madrid á área do Celta, pero non foi ata o minuto 42 cando marcaron o 1-0. Antes no minuto 24, penalti claro de David Costas que Yoel detén ao ex céltico Diego Costa. Ata o gol foi unha exhibición constante de intervencións de Yoel. A segunda parte comezou como a primeira cun Atlético envorcado e un Celta moi frouxo, ata o minuto 57 que coa incursión no campo de Nolito e Santi Mina o Celta empezou a xogar, pero cando mellor estaba o Celta o Atlético nunha contra marca o 2-0. O Celta seguía xogando e no minuto 71, Nolito marca un golazo de vaselina e é aí onde como non podía ser doutra forma o colexiado entra en escena e empeza a súa arbitraxe caseira, cun posible penalti a Rafinha e unha agresión de Godín a Santi Mina que pitou pero ao que no quixo expulsar. No desconto un lanzamento de falta de Nolito obrigou a Courtois a facer un paradón.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, David Costas, Fontás, Toni; Alex López (Santi Mina, 57'), Oubiña, Krohn-Dehli; Rafinha, Charles (Madinda, 67') e Augusto (Nolito, 57').
Goles: 1-0, Diego Costa (42'). 2-0, Diego Costa (60'). 2-1, Nolito (71').
Colexiado: Undiano Mallenco, moi casero. Amonestou a Charles, Hugo Mallo e Oubiña.
Estadio: Vicente Calderón, uns 52.000 espectadores.
Puntuación:
- Yoel. Exhibición. 10.
- Hugo Mallo. Regular. 1.
- David Costas. Mal. 1.
- Fontás. Regular. 2.
- Toni. Irregular. 1.
- Alex López. Fatal. 2.
- Oubiña. Lamentable. 0.
- Krohn-Dehli. Fatal. 1.
- Rafinha. Intermitente. 2.
- Charles. Desasistido. 0.
- Augusto. Fóra de sitio. 2.
- Santi Mina. Moi ben. 6.
- Nolito. Notable. 11.
- Madinda. Ben. 4.
*Reparto de puntos en estadísticas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario