O Celta ofrece a súa mellor versión a domicilio e endósalle unha "manita" ao Málaga, gañando o seu segundo partido da tempada.
Charles e Nolito tras o cuarto gol |
O partido non podía empezar mellor para o Celta e no minuto 5, roubo no medio do campo, o balón chega a Alex López este xírase e dispara dende fóra da área pegado ao pau dereito anotando o 0-1. O dominio seguía sendo do Celta e no minuto 22 centro de Aurtenetxe dende a esquerda que toca Charles, falla a defensa local e Augusto consegue o 0-2. O Málaga non pasaba do centro do campo e o Celta seguía creando perigo e nun saque de esquina e despois de varios toques de cabeza, Charles case marca o terceiro. A segunda parte comezaba co primeiro remate do Málaga a porteria. O Celta seguía igual, roubo rápido e Alex López remata dende fóra da área despexando Caballero. No minuto 64 o balón chega a Nolito, este dribla a dous defensas nunha baldosa e dispara ao pau, o rexeite chégalle a Augusto que recorta o defensa e o seu disparo o despexa Caballero pero Alex López moi atento remata de cabeza facendo o seu segundo tanto. No minuto 73 pase dende o centro do campo de Alex López para Nolito á esquerda e este encara á defensa e saca un disparo que colase pola escadra dereita do Málaga, golazo do andaluz. A continuación outra vez Nolito dende fóra da área dispara e Caballero despéxaa a corner. No minuto 81 saque de esquina dende a esquerda, o balón chega a Hugo Mallo na dereita, pasa a David Rodríguez e este fai o "pase da morte" a Charles que a empurra ao fondo das mallas. O Celta puido facer un set pero David Rodríguez primeiro nunha especie de chilena e despois só ante Caballero e toda a porteria para marcar a tira fóra. 0-5 na Rosaleda e agora a polo Barcelona este martes.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Aurtenetxe; Augusto (David Rodríguez, 77'), Oubiña, Alex López (Madinda, 74'); Santi Mina (Orellana, 65'), Charles e Nolito.
Goles: 0-1, Alex López (5'). 0-2, Augusto (22'). 0-3, Alex López (64'). 0-4, Nolito (73'). 0-5, Charles (81').
Colexiado: Estrada Fernández.
Estadio: A Rosaleda, 19.990 espectadores.
Puntuación:
- Yoel. Case inédito. 5.
- Hugo Mallo. Profundo. 6.
- Cabral. Seguro. 6.
- Fontás. Sólido. 6.
- Aurtenetxe. Firme. 6.
- Augusto. Incansable. 15.
- Oubiña. Notable. 6.
- Alex López. Enorme. 20.
- Santi Mina. Ben. 6.
- Charles. Loitador. 11.
- Nolito. Desequilibrante. 14.
- Orellana. Ben. 4.
- Madinda. Ben. 4.
- David Rodríguez. Asistencia. 6.
*Reparto de puntos en estadística
No hay comentarios:
Publicar un comentario