sábado, 31 de agosto de 2013

Lista de convocados para o Celta - Granada

Cabral e Nolito no encontro da tempada pasada
Son baixa por lesión Vila, Bermejo e Samuel, baixa por sanción Oubiña, e por decisión técnica Túñez, Orellana e Jonny. Os xogadores do filial David Costas e Javi Rey volven entrar na lista.
  1. Sergio
  2. Hugo Mallo
  3. Fontás
  4. ---
  5. ---
  6. ---
  7. ---
  8. Alex López
  9. ---
  10. Nolito
  11. Charles
  12. Rafinha
  13. Yoel
  14. ---
  15. Aurtenetxe
  16. Bellvís
  17. Madinda
  18. David Rodríguez
  19. ---
  20. Toni
  21. ---
  22. Cabral
  23. Krohn-Dehli
  24. Augusto
  25. ---
  26. ---
  27. ---
  28. ---
  29. ---
  30. David Costas
  31. ---
  32. Javi Rey

miércoles, 28 de agosto de 2013

Horario da xornada 4, Athletic -Celta

Xornada 4:
Athletic - Celta
Fecha: luns 16-09-2013
Hora: 22:00 horas
Estadio: Novo San Mames
Nota: É unha pena que a inauguración do Novo San Mames se xogue en luns, xa que asi non poderá acudir toda a afección visitante que quixese participar na inauguración dun estaio tan mítico. Por certo, 4 partidos de liga e 2 en luns, ¡¡¡LFP APESTA!!!.

lunes, 26 de agosto de 2013

Liga, xornada 2: Betis 1 - Celta 2

O Celta gaña no Benito Villamarín gracias á impresionante actuación do porteiro Yoel con máis de 6 paradas de mérito.
Charles e Nolito, os autores dos goles, festexan o primeiro tanto
Nos primeiros 45 minutos o Celta estivo nefasto, tanto en defensa coma en ataque, a excepción do porteiro Yoel, que tivo o seu partido soñado na primeira división. Aos 4 minutos empeza o seu repertorio de paradas a un disparo de falta de Verdú, no minuto 13 paradón a un remate a queiarroupa de Paulao, 2 minutos despois outra gran intervención a disparo de Cedric, que no minuto 18 tivo outra ocasión pero lanzou fóra. Cando parecía que Yoel estaba batido, Molina estrelouna no longueiro (23'), pero Yoel aínda tería que intervir en dúas ocasións máis, unha tras un erro no pase de Krohn-Dehli que lle deu o balón a Molina (33') e a outra nun potente disparo dende fóra da área de Nosa (39'). O Celta só creou perigo ao final do primeiro tempo nun disparo de Nolito a pase de Charles. A segunda metade empezou co Celta do partido do Espanyol e tivo dúas ocasións de gol moi claras, un remate de cabeza de Charles a centro de Toni que se estrelou no pau e outro de Krohn-Dehli a pase de Augusto que diante do porteiro no centro da área pequena non atina a rematar. Despois Cedric para o Betis e Cabral para o Celta puideron marcar en xogadas de estratexia pero remataron fóra. Aos 66 minutos, pase de Nolito a Charles (en posición de fóra de xogo) que este controla e remata a gol. No minuto 74 disparo de Augusto dende a dereita que se converte nun centro que controla Nolito encara e marca o 2-0. A partir de aqui, o adestrador do Celta, Luis Enrique, para asegurar e que non acontecese o da semana pasada fixo debutar ao canteiran de 18 anos, David Costas, e puxo en práctica o 5-3-2 da pretempada. O Celta tiña controlado o partido ata que o árbitro expulsou por dobre amoestación a oubiña por unha man involuntaria no minuto 85. No minuto 90 marca o Betis e na última xogada do partido, como aconteceu contra o Espanyol, o Betis puido marcar pero ao igual que o conxunto catalán volveu a errar esta vez ao estrelar a pelota no pau.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Toni; Alex López (Madinda, 83'), Oubiña, Krohn-Dehli (Rafinha, 62'); Augusto (David Costas, 77'), Charles e Nolito.
Goles: 0-1, Charles (66'). 0-2, Nolito (74'). 1-2, Rubén Castro (90').
Colexiado: Prieto Iglesias. Mal, non pitou un penalti a favor do Betis por man de Charles no primeiro tempo, deu por legal o gol de Charles e expulsou inxustamente a Oubiña. Amonestou a Krohn-Dehli, Rafinha e Hugo Mallo, expulsou por dobre amarela a Oubiña.
Estadio: Benito Villamarín, 29.633 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Espectacular actuación. 11.
  • Hugo Mallo. Regular, sobretodo en ataque. 2.
  • Cabral. Regular, aínda que foi o mellor na defensa. 3.
  • Fontás. Mala actuación. 2.
  • Toni. Regular, sobretodo en defensa. 3.
  • Alex López. Desaparecido. 2.
  • Oubiña. Mal. 0.
  • Krohn-Dehli. O seu peor partido. 2.
  • Augusto. Loitador. 6.
  • Charles. Moi grande. 12.
  • Nolito. Gran partido. 13.
  • Rafinha. Normal. 1.
  • David Costas. Debutante. 2.
  • Madinda. Case inédito. 1.
*Reparto de puntos en estadísticas

2ª división B, xornada 1: U. D. Logroñes 0 - Celta "B" 2

O filial celeste empeza con vitoria, no seu regreso á segunda división B.
Ficha:
Alineación: Rubén, Kevin, Maceira, Soto, Antón, Borja Fernández, Añón (Aitor, 89'), Borja Domínguez, Borja Iglesias (Thaylor, 75'), Yelko Pino e Santi Mina (Fernán, 72').
Goles: 0-1, Santi Mina (26'). 0-2, Añón (32').
Colexiado: Azpilikueta Saldias. Amonestou a Añon e Rubén.
Estadio: As Gaunas, uns 1.200 espectadores.

sábado, 24 de agosto de 2013

Lista de convocados para o Betis - Celta

Túñez, Augusto e Oubiña protestan o gol anulado a tempada pasada
Son baixa por lesión: Bermejo e Samuel, e por decisión técnica: Túñez, Vila, Orellana e Jonny. Destacan na convocatoria a última fichaxe, Aurtenetxe e os xogadores do filial David Costas e Javi Rey.
  1. Sergio
  2. Hugo Mallo
  3. Fontás
  4. Oubiña
  5. ---
  6. ---
  7. ---
  8. Alex López
  9. ---
  10. Nolito
  11. Charles
  12. Rafinha
  13. Yoel
  14. ---
  15. Aurtenetxe
  16. Bellvís
  17. Madinda
  18. David Rodríguez
  19. ---
  20. Toni
  21. ---
  22. Cabral
  23. Krohn-Dehli
  24. Augusto
  25. ---
  26. ---
  27. ---
  28. ---
  29. ---
  30. David Costas
  31. ---
  32. Javi Rey

Jon Aurtenetxe quinta fichaxe

O xogador vasco chega cedido sen opción de compra e non poderá xogar ante o Athletic.
Aurtenetxe na súa presentación nas instalacións deportivas da Madroa
Jon Aurtenetxe Borde (3-1-1992, Amorebieta, Biscaia) comezou a xogar no equipo da súa terra, a S. D. Amorebieta ata o ano 2002 que entrou a formar parte da canteira do Athletic. No ano 2009 e con 17 anos debutou co primeiro equipo na Europa League ante o Werder Bremen. Na tempada 2010 - 2011 pasou directamente do xuvenil ao primeiro equipo, sendo titular ata que se lesionou de gravidade no ombro, disputando os últimos encontros da tempada co Athletic "B" para recuperar a forma. Na seguinte tempada fanlle ficha co primeiro equipo e marca o seu primeiro gol oficial co Athletic o 11 de decembro do 2011 na "Catedral" ante o Racing de Santander.
Traxectoria:
  • Athletic xuvenil (2008 / 2010)
  • Athletic "B" (2010 / 2011)
  • Athletic (2009 / 2013)

martes, 20 de agosto de 2013

Liga, xornada 1: Celta 2 - Espanyol 2

Un gran Celta desperdicia un 2-0 por culpa dun erro defensivo e a grande actuación do porteiro visitante.
Alex López festexa o primeiro gol

Antes do partido realizáronse os actos do 90 aniversario do Celta coas presentacións das categorías inferiores, a homenaxe ao Celta Indoor (veteranos) campións de liga a tempada pasada e a realización dun mosaico por parte da afección co himno. O partido comezou cun remate desviado de Nolito aos dous minutos. O Celta era dono absoluto do centro do campo e da posesión do balón e o Espanyol só creaba perigo á contra. Aos 38 minutos centro envelenado de Augusto dende a banda dereita que obriga a realizar un paradón ao porteiro do Espanyol. No minuto 42 espectacular pase de Krohn-Dehli a Alex López que consegue o 1-0. Ao empezar o segundo tempo, minuto 46, outro pase xenial de Krohn-Dehli á cabeza de Charles e este remata a rede, colocando o 2-0 no marcador. Seis minutos despois rexeite da defensa e gran gol dende fóra da área do Espanyol, 2-1. Remate dende fóra da área de Krohn-Dehli e Casilla a saque de esquina. Krohn-Dehli vólveu a intentalo dende fóra da área e o porteiro visitante atrapa. Pouco despois xogada individual e antolóxica de Rafinha e outro paradón de Casilla. No minuto 75 pase ao oco do Espanyol, Thievy rompe a defensa e marca o empate a dous. O Celta seguiu dominando e nun lanzamento de córner o porteiro visitante vólvese lucir nun remate picado de Cabral. No desconto o Espanyol tivo a vitoria nun remate de cabeza que saliu fóra por pouco.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Toni; Alex López (Madinda, 89'), Oubiña, Krohn-Dehli; Augusto, Charles (David Rodríguez, 83') e Nolito (Rafinha, 62').
Goles: 1-0, Alex López (42'). 2-0, Charles (46'). 2-1, Víctor S. (53'). 2-2, Thievy (75').
Colexiado: Teixeira Vitienes. Mal, non aplicou o mesmo criterio nas faltas, perxudicando en todas ao Celta. Amonestou a Augusto, Alex López, Rafinha e David Rodríguez.
Estadio: Balaídos, 21.672 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Seguro, nada puido facer nos goles. 4.
  • Hugo Mallo. Ben, tanto en ataque coma en defensa. 3.
  • Cabral. Bo partido do arxentino. 3.
  • Fontás. Frouxo, puido facer máis no segundo gol. 2.
  • Toni. Gran partido, aínda que debe mellorar en defensa. 3.
  • Alex López. Moi participativo. 11.
  • Oubiña. Serio. 4.
  • Krohn-Dehli. Espectacular. 14.
  • Augusto. Como sempre. 3.
  • Charles. Perfecto en ataque e en defensa. 11.
  • Nolito. Loitador. 3.
  • Rafinha. Brillante. 1.
  • David Rodríguez. Desaparecido. 0.
  • Madinda. Prácticamente inédito. 0.
*Reparto de puntos en estadisticas

lunes, 19 de agosto de 2013

Lista de convocados para o Celta - Espanyol

Augusto e Oubiña no último encontro da tempada pasada
Son baixa por lesión Bermejo, Jonny e Samuel, e por decisión técnica Túñez, Vila e Rubén. Destaca na convocatoria o xogador do filial David Costas.
  1. Sergio
  2. Hugo Mallo
  3. Fontás
  4. Oubiña
  5. ---
  6. ---
  7. ---
  8. Alex López
  9. ---
  10. Nolito
  11. Charles
  12. Rafinha
  13. Yoel
  14. Orellana
  15. ---
  16. Bellvís
  17. Madinda
  18. David Rodríguez
  19. ---
  20. Toni
  21. ---
  22. Cabral
  23. Krohn-Dehli
  24. Augusto
  25. ---
  26. ---
  27. ---
  28. ---
  29. ---
  30. David Costas

martes, 13 de agosto de 2013

Horario da xornada 3, Celta -Granada, e amigable co Compostela


Xornada 3:
Celta - Granada
Fecha: sábado 31-08-2013
Hora: 19:00 horas
Estadio: Balaídos


Amigable:
Compostela - Celta
Fecha: mércores 04-09-2013
Hora: 21:00 horas
Estadio: San Lázaro
Nota: partido homenaxe a victimas, cidadáns e profesionais que auxiliaron aos accidentados no accidente ferroviario en Angrois (Santiago de Compostela).

domingo, 11 de agosto de 2013

Marítimo de Funchal 1 - Celta 0

O Celta perde o último partido da pretempada e volve mostrar a súa falta de gol.
Oubiña durante o encontro de onte
Neste último partido amigable o Celta saltou ao terreo de xogo cun 4-2-3-1 en ataque, con Krohn-Dehli con liberdade de movementos, e cun 4-3-3 en defensa. O primeiro tempo foi de total posesión do Celta que coa mobilidade entre líneas de Krohn-Dehli, as internadas dos dous laterais (Hugo Mallo e Toni) e o desborde de Augusto (máis na segunda parte) e sobre todo de Nolito (que volveu ser o mellor xunto a Toni e Krohn-Dehli) volveron tola a defensa portuguesa. O segundo tempo o mesmo que o primeiro ata o gol do Marítimo no primeiro tiro a porta, nun fallo dos centrais, Cabral e Fontás, e a partir de aqui máis fallos de Cabral e Fontás e o Marítimo puido golear. O peor os centrais, Cabral volve ser o central lento e fallón da tempada pasada e Fontás non aporta nada que non poida aportar Túñez, iso si, hoxe espertamos coa prensa dicindo que Luis Enrique lle dixo a Túñez que se busque equipo xa que non conta con el, algo que para min me parecería un erro, desprendernos do único defensa central internacional para que xogue Fontás, que con todos os meus respectos o ano pasado non foi titular nun equipo que descendeu a segunda, pero a última palabra a ten o club, que parece que prefiren á xente de fóra que á da casa, véxanse os casos de Toni e agora o de túñez (se é verdade, claro, e non unha invención da prensa).
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral (David Costas, 72'), Fontás, Toni; Alex López, Oubiña (Madinda, 37'), Krohn-Dehli; Augusto (David Rodríguez, 79'), Charles e Nolito (Orellana, 72).
Goles: ---
Colexiado: Gomes, amonestou a Fontás e Hugo Mallo.
Estadio: Barreiros (Funchal, Madeira).

jueves, 8 de agosto de 2013

Celta 0 - Sp. Xixón 1

O Celta perde, nun mal encontro, o seu segundo partido da pretempada ante o Sp. Xixón.
Alex López, Nolito, Vila e Túñez ante o Sp. Xixón
O Celta saltou o terreo de xogo cun 5-3-2, aínda que a diferenza dos encontros anteriores e que o Sp. Xixón creou demasiados problemas á defensa do Celta. En ataque o de sempre, erramos e logo pagámolo. A cuestión é que o Celta necesita un lateral esquerdo, non por Toni, senón por Bellvís que non esta a altura. En ataque tamén necesitamos un nove con gol, xa que David Rodríguez tampouco esta a altura, ou polo menos que Charles xogue polo centro e non pola banda (isto é unha crítica constructiva). O da falta de lateral ten delito xa que a menos de 15 días de comezar a liga seguimos sen lateral, cando desde xaneiro pasado sabiamos que Roberto Lago deixábanos tirados, ¡¡¡TORRECILLA VAITE XA!!!.
Ficha:
Alineación: Sergio; Hugo Mallo (Pablo Pérez), Soto (Cabral), Vila (Fontás), Túñez, Bellvís (Toni); Madinda (Krohn-Dehli), Alex López (Augusto), Javi Rey (Oubiña, 46'); Nolito (Charles, 46') e David Rodríguez.
Goles: ---
Colexiado: Corral García.
Estadio: A Magdalena (Vilalba, Lugo).

miércoles, 7 de agosto de 2013

Pretempada, semana 4 (29-7-2013 / 4-8-2013)

Nesta cuarta semana o equipo realizou os adestramentos en Vigo, tras a súa concentración en Portugal, e se adxudicou o XVIII Trofeo Memorial Quinocho.
Presentación do equipo, corpo técnico e directivos
A semana comezou con dous días de descanso (luns e martes) para o mércores e xoves realizar dobre sesión de adestramento (mañá e tarde) na Madroa, insistindo máis na parcela atacante que defensiva. O mércores faciase oficial a cesión por un ano de Jota ao Eibar e a convocatoria coas súas selaccións de Túñez (Venezuela), Augusto (Arxentina) e Krohn-Dehli (Dinamarca) para os amistosos do 14 de agosto. O xoves coñeciamos o horario das 2 primeiras xornadas de liga (Espanyol e Betis). O venres realizouse un adestramento a porta pechada en Balaídos do mesmo xeito que o sábado, pero este a portas abertas. O sábado antes do XVIII Trofeo Memorial Quinocho tivo lugar a presentación do primeiro equipo, unha presentación familiar (ante uns 10.000 espectadores) e sinxela, con discursos do capitán, Oubiña, que o primeiro que fixo foi acordarse das víctimas do accidente de tren de Angrois para despois dicir: "Esta tempada imos gozar de novo da Primeira División gracias ao esforzo que fixestes todos os afeccionados o ano pasado cando case ninguén cría que podiamos conseguir a salvación. De cara a este ano, intentaremos poñer o máximo esforzo para que cando vexades xogar ao voso equipo pasedes un bo intre". O segundo en falar foi o adestrador, Luis Enrique, do que destacamos: "Non só temos un obxetivo deportivo moi claro e que xa coñecemos todos, senón que tamén temos un obxetivo case persoal que é que ao rematar a tempada todos vos poidádes sentir orgullosos do traballo que fixemos ao longo do ano... cónstame que sodes unha afección fiel porque estivestes á beira do equipo nos momentos máis difíciles da pasada tempada. Por iso, gustaríame invitarvos a que continuedes tendo esa confianza no equipo, o resto xa o poñemos nós". Para rematar falou o Presidente, Mouriño, que dixo: "O único que vos vou a pedir é que esteades connosco toda a tempada como o fixestes na anterior. Con isto é suficiente para darlle ese plus de motivación aos nosos xogadores para saír ao campo cun tanto por cento do partido gañado". Para rematar e con respecto ao partido, destacar o empate a cero ante o Sounthampton e a victoria nos penaltis (4-1), demostrando que o ataque (1 gol en tres partidos) aínda ten que mellorar.

domingo, 4 de agosto de 2013

Trofeo XVIII Memorial Quinocho: Celta 0 (4p) - Sounthampton 0 (1p)

O Celta gaña nos penaltis ao Sounthampton (4-1), nun partido bastante regular, por non dicir malo.
O Celta posa co trofeo Memorial Quinocho
Antes do partido produciuse a presentación do plantel do Celta e os discursos do capitán, Oubiña, o adestrador, Luis Enrique, e o presidente, Carlos Mouriño. Gardouse un minuto de silencio na memoria das víctimas do accidente de tren en Santiago de Compostela antes do comezo do encontro. O Celta saltou ao campo cun 4-3-3 e do primeiro tempo destacamos un disparo de Krohn-Dehli dende fóra da área que se estrelou contra o longueiro, a lesión de Rafinha no minuto 16 (que foi sustituído por Orellana), un man a man do dianteiro do Sounthampton con Yoel que manda fóra, outra fora de Fontás a pase de Toni e un centro de Toni con remate de cabeza de Augusto que sae fóra por pouco. O segundo tempo comeza cun cambio na portería do Celta, Sergio entra por Yoel, e cambio en prácticamente en todo o equipo rival. A primeira ocasión e máis clara, por non dicir a última do partido, foi outra vez para Augusto a outro bo centro de Toni pola esquerda que para o porteiro visitante. Despois carrusel de trocos no Celta, cambio ao 5-3-2, e duas ocasións do Sounthampton. Nos penaltis, por parte do Celta anotaron os catro que lanzaron, David, Orellana, Alex López e Goldar. Polo Sounthampton erraron os dous primeiros, Guly do Prado (fóra) e James Ward-Prowse (para Sergio), e marcou o terceiro, Steve Davis. Os mellores Toni, Augusto e Alex López.
Ficha:
Alineación: Yoel (Sergio, 46'); Hugo Mallo (Jonny, 70'), Cabral (Goldar, 58'), Fontás (Túñez, 58'), Toni (Bellvís, 58'); Augusto (Madinda, 58'), Oubiña (Vila, 58'), Krohn-Dehli (Borja Fernández, 58'); Charles (David, 58'), Rafinha (Orellana, 16') e Nolito (Alex López, 58').
Goles: ---
Colexiado: Iglesias Villanueva.
Estadio: Balaídos, 9.361 espectadores.

viernes, 2 de agosto de 2013

Horarios das xornadas 1, Celta - Espanyol, e 2, Betis - Celta


Xornada 1:
Celta - Espanyol
Fecha: luns 19-08-2013
Hora: 22:00 horas
Estadio: Balaídos


Xornada 2:
Betis - Celta
Fecha: domingo 25-08-2013
Hora: 23:00 horas
Estadio: Benito Villamarin



Tempada nova e todo segue igual:
Se o ano pasado nos queixabamos dos horarios, este ano non podiamos comezar "mellor", un luns e un domingo ás 11 da noite. Cal sera o próximo un mércores ás 4 da mañá. A LFP, RFEF, AFE (agora que gracias o Coruña esta de moda) e TV, deberian pagarlle a metade do abono a todas as persoas que non poden acudir ao partido do seu equipo polos seus "grandes" horarios, xa que con estes horarios queren premiar os cidadáns asiáticos, que miran o partido sentados no seu sofá, que ao afeccionao que paga o seu abono e vai fiel todos os "domingos" ao campo aínda que chove, trone, neve ou faga un sol de carrallo. Agora me gustaria que alguén dos citados anteriormente me respondese a esta pregunta: ¿porque cando se xogan Mundiais ou Torneos Internacionais en Asia non se adaptan os horarios a Europa?, moi doado porque querese que a xente de alí acuda en masa a os estadios, todo o contrario que aqui, xa que "o diñeiro chama ao diñeiro". ¿Quen defende ao afeccionado?...