martes, 20 de agosto de 2013

Liga, xornada 1: Celta 2 - Espanyol 2

Un gran Celta desperdicia un 2-0 por culpa dun erro defensivo e a grande actuación do porteiro visitante.
Alex López festexa o primeiro gol

Antes do partido realizáronse os actos do 90 aniversario do Celta coas presentacións das categorías inferiores, a homenaxe ao Celta Indoor (veteranos) campións de liga a tempada pasada e a realización dun mosaico por parte da afección co himno. O partido comezou cun remate desviado de Nolito aos dous minutos. O Celta era dono absoluto do centro do campo e da posesión do balón e o Espanyol só creaba perigo á contra. Aos 38 minutos centro envelenado de Augusto dende a banda dereita que obriga a realizar un paradón ao porteiro do Espanyol. No minuto 42 espectacular pase de Krohn-Dehli a Alex López que consegue o 1-0. Ao empezar o segundo tempo, minuto 46, outro pase xenial de Krohn-Dehli á cabeza de Charles e este remata a rede, colocando o 2-0 no marcador. Seis minutos despois rexeite da defensa e gran gol dende fóra da área do Espanyol, 2-1. Remate dende fóra da área de Krohn-Dehli e Casilla a saque de esquina. Krohn-Dehli vólveu a intentalo dende fóra da área e o porteiro visitante atrapa. Pouco despois xogada individual e antolóxica de Rafinha e outro paradón de Casilla. No minuto 75 pase ao oco do Espanyol, Thievy rompe a defensa e marca o empate a dous. O Celta seguiu dominando e nun lanzamento de córner o porteiro visitante vólvese lucir nun remate picado de Cabral. No desconto o Espanyol tivo a vitoria nun remate de cabeza que saliu fóra por pouco.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Toni; Alex López (Madinda, 89'), Oubiña, Krohn-Dehli; Augusto, Charles (David Rodríguez, 83') e Nolito (Rafinha, 62').
Goles: 1-0, Alex López (42'). 2-0, Charles (46'). 2-1, Víctor S. (53'). 2-2, Thievy (75').
Colexiado: Teixeira Vitienes. Mal, non aplicou o mesmo criterio nas faltas, perxudicando en todas ao Celta. Amonestou a Augusto, Alex López, Rafinha e David Rodríguez.
Estadio: Balaídos, 21.672 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Seguro, nada puido facer nos goles. 4.
  • Hugo Mallo. Ben, tanto en ataque coma en defensa. 3.
  • Cabral. Bo partido do arxentino. 3.
  • Fontás. Frouxo, puido facer máis no segundo gol. 2.
  • Toni. Gran partido, aínda que debe mellorar en defensa. 3.
  • Alex López. Moi participativo. 11.
  • Oubiña. Serio. 4.
  • Krohn-Dehli. Espectacular. 14.
  • Augusto. Como sempre. 3.
  • Charles. Perfecto en ataque e en defensa. 11.
  • Nolito. Loitador. 3.
  • Rafinha. Brillante. 1.
  • David Rodríguez. Desaparecido. 0.
  • Madinda. Prácticamente inédito. 0.
*Reparto de puntos en estadisticas

No hay comentarios:

Publicar un comentario