domingo, 4 de agosto de 2013

Trofeo XVIII Memorial Quinocho: Celta 0 (4p) - Sounthampton 0 (1p)

O Celta gaña nos penaltis ao Sounthampton (4-1), nun partido bastante regular, por non dicir malo.
O Celta posa co trofeo Memorial Quinocho
Antes do partido produciuse a presentación do plantel do Celta e os discursos do capitán, Oubiña, o adestrador, Luis Enrique, e o presidente, Carlos Mouriño. Gardouse un minuto de silencio na memoria das víctimas do accidente de tren en Santiago de Compostela antes do comezo do encontro. O Celta saltou ao campo cun 4-3-3 e do primeiro tempo destacamos un disparo de Krohn-Dehli dende fóra da área que se estrelou contra o longueiro, a lesión de Rafinha no minuto 16 (que foi sustituído por Orellana), un man a man do dianteiro do Sounthampton con Yoel que manda fóra, outra fora de Fontás a pase de Toni e un centro de Toni con remate de cabeza de Augusto que sae fóra por pouco. O segundo tempo comeza cun cambio na portería do Celta, Sergio entra por Yoel, e cambio en prácticamente en todo o equipo rival. A primeira ocasión e máis clara, por non dicir a última do partido, foi outra vez para Augusto a outro bo centro de Toni pola esquerda que para o porteiro visitante. Despois carrusel de trocos no Celta, cambio ao 5-3-2, e duas ocasións do Sounthampton. Nos penaltis, por parte do Celta anotaron os catro que lanzaron, David, Orellana, Alex López e Goldar. Polo Sounthampton erraron os dous primeiros, Guly do Prado (fóra) e James Ward-Prowse (para Sergio), e marcou o terceiro, Steve Davis. Os mellores Toni, Augusto e Alex López.
Ficha:
Alineación: Yoel (Sergio, 46'); Hugo Mallo (Jonny, 70'), Cabral (Goldar, 58'), Fontás (Túñez, 58'), Toni (Bellvís, 58'); Augusto (Madinda, 58'), Oubiña (Vila, 58'), Krohn-Dehli (Borja Fernández, 58'); Charles (David, 58'), Rafinha (Orellana, 16') e Nolito (Alex López, 58').
Goles: ---
Colexiado: Iglesias Villanueva.
Estadio: Balaídos, 9.361 espectadores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario