Nesta cuarta semana o equipo realizou os adestramentos en Vigo, tras a súa concentración en Portugal, e se adxudicou o XVIII Trofeo Memorial Quinocho.
|
Presentación do equipo, corpo técnico e directivos |
A semana comezou con dous días de descanso (luns e martes) para o mércores e xoves realizar dobre sesión de adestramento (mañá e tarde) na Madroa, insistindo máis na parcela atacante que defensiva. O mércores faciase oficial a cesión por un ano de Jota ao Eibar e a convocatoria coas súas selaccións de Túñez (Venezuela), Augusto (Arxentina) e Krohn-Dehli (Dinamarca) para os amistosos do 14 de agosto. O xoves coñeciamos o horario das 2 primeiras xornadas de liga (Espanyol e Betis). O venres realizouse un adestramento a porta pechada en Balaídos do mesmo xeito que o sábado, pero este a portas abertas. O sábado antes do XVIII Trofeo Memorial Quinocho tivo lugar a presentación do primeiro equipo, unha presentación familiar (ante uns 10.000 espectadores) e sinxela, con discursos do capitán, Oubiña, que o primeiro que fixo foi acordarse das víctimas do accidente de tren de Angrois para despois dicir: "Esta tempada imos gozar de novo da Primeira División gracias ao esforzo que fixestes todos os afeccionados o ano pasado cando case ninguén cría que podiamos conseguir a salvación. De cara a este ano, intentaremos poñer o máximo esforzo para que cando vexades xogar ao voso equipo pasedes un bo intre". O segundo en falar foi o adestrador, Luis Enrique, do que destacamos: "Non só temos un obxetivo deportivo moi claro e que xa coñecemos todos, senón que tamén temos un obxetivo case persoal que é que ao rematar a tempada todos vos poidádes sentir orgullosos do traballo que fixemos ao longo do ano... cónstame que sodes unha afección fiel porque estivestes á beira do equipo nos momentos máis difíciles da pasada tempada. Por iso, gustaríame invitarvos a que continuedes tendo esa confianza no equipo, o resto xa o poñemos nós". Para rematar falou o Presidente, Mouriño, que dixo: "O único que vos vou a pedir é que esteades connosco toda a tempada como o fixestes na anterior. Con isto é suficiente para darlle ese plus de motivación aos nosos xogadores para saír ao campo cun tanto por cento do partido gañado". Para rematar e con respecto ao partido, destacar o empate a cero ante o Sounthampton e a victoria nos penaltis (4-1), demostrando que o ataque (1 gol en tres partidos) aínda ten que mellorar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario