domingo, 11 de agosto de 2013

Marítimo de Funchal 1 - Celta 0

O Celta perde o último partido da pretempada e volve mostrar a súa falta de gol.
Oubiña durante o encontro de onte
Neste último partido amigable o Celta saltou ao terreo de xogo cun 4-2-3-1 en ataque, con Krohn-Dehli con liberdade de movementos, e cun 4-3-3 en defensa. O primeiro tempo foi de total posesión do Celta que coa mobilidade entre líneas de Krohn-Dehli, as internadas dos dous laterais (Hugo Mallo e Toni) e o desborde de Augusto (máis na segunda parte) e sobre todo de Nolito (que volveu ser o mellor xunto a Toni e Krohn-Dehli) volveron tola a defensa portuguesa. O segundo tempo o mesmo que o primeiro ata o gol do Marítimo no primeiro tiro a porta, nun fallo dos centrais, Cabral e Fontás, e a partir de aqui máis fallos de Cabral e Fontás e o Marítimo puido golear. O peor os centrais, Cabral volve ser o central lento e fallón da tempada pasada e Fontás non aporta nada que non poida aportar Túñez, iso si, hoxe espertamos coa prensa dicindo que Luis Enrique lle dixo a Túñez que se busque equipo xa que non conta con el, algo que para min me parecería un erro, desprendernos do único defensa central internacional para que xogue Fontás, que con todos os meus respectos o ano pasado non foi titular nun equipo que descendeu a segunda, pero a última palabra a ten o club, que parece que prefiren á xente de fóra que á da casa, véxanse os casos de Toni e agora o de túñez (se é verdade, claro, e non unha invención da prensa).
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral (David Costas, 72'), Fontás, Toni; Alex López, Oubiña (Madinda, 37'), Krohn-Dehli; Augusto (David Rodríguez, 79'), Charles e Nolito (Orellana, 72).
Goles: ---
Colexiado: Gomes, amonestou a Fontás e Hugo Mallo.
Estadio: Barreiros (Funchal, Madeira).

No hay comentarios:

Publicar un comentario