martes, 26 de mayo de 2015

Augusto renova ata o 2019

O capitán Augusto renova o seu contato como xogador do Celta ata xuño do 2019.
Carlos Mouriño e Augusto Fernández trala firma [Foto www.celtavigo.net]
O polivalente xogador arxentino Augusto Matías Fernández seguirá defendendo a zamarra celeste ata o final da tempada 2018 - 2019, tras renovar o seu contrato por catro tempadas. Augusto leva no Celta tres tempadas, disputanto 106 partidos e anotando 10 goles.

lunes, 25 de mayo de 2015

Liga, xornada 38: Celta 3 - Espanyol 2

Un Celta con 10 dende o minuto 21 tira de orgullo e remonta ao Espanyol para despedir a tempada con vitoria e superar os números da tempada pasada.
11 inicial do partido con Borja Oubiña, na súa retirada [Foto Lalo R. Villar]
A primeira ocasión do partido foi un man a man de Santi Mina tras pase de Orellana ao que se anticipa o meta visitante. No minuto 21 tras un erro de Fontás na cesión a Sergio, este comete penalti e é expulsado polo que Larrivey deixaba o seu sitio a Rubén. O Espanyol adiantábase de penalti. Puido empatar Augusto cun gran disparo dende fóra da área ao que o porteiro responde cunha man prodixiosa. Gran parada de Rubén despexando a saque de esquina e evitando o 0-2. Outra gran ocasión do Espanyol. Aos 37 minutos outro pase maxistral de Krohn-Dehli que deixa só a Orellana que remata, despexa o porteiro e o rexeite caelle a Hugo Mallo que empata de cabeza, 1-1. No descanso Santi Mina era cambiado por Borja Fernández. Nada máis comezar a segunda parte o Espanyol adiantábase outra vez, 1-2. A partir de aquí o Celta encerrou ao Espanyol na súa área e aos 57 minutos Cabral cabeceaba ao fondo da rede unha falta centrada por Nolito. O Espanyol puido volver adiantarse pero o seu remate estrelouse no longueiro, o Celta sae rapidísimo á contra, Orellana pasa a Nolito que controla dentro da área e pon o esférico fóra do alcance dos nenos, 3-2. No minuto 83 ovación do respectable de Balaídos a Krohn-Dehli, no seu último partido co Celta, entrando Sergi Gómez. Final en Balaídos.

FICHA:
[3] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Augusto, Krohn-Dehli (Sergi Gómez, 83'); Santi Mina (Borja Fernández, 46'), Orellana, Nolito; e Larrivey (Rubén, 21').
[2] Espanyol de Barcelona: Kiko Casilla, Arbilla, Álvaro, Moreno, Fuentes, Javi López, Víctor Sánchez (Salva Sevilla, 73'), Lucas Vázquez, Víctor Álvarez (Paco Montañés, 78'), Stuani (Caicedo, 66') e Sergio García.
Colexiado: Del Cerro Grande, regular. Amonestou a Santi Mina e Augusto, e expulsou a Sergio con vermella directa (21') polo Celta e amonestou a Álvaro.
Goles: 0-1, Sergio García (21'). 1-1, Hugo Mallo (37'). 1-2, Stuani (47'). 2-2, Cabral (57'). 3-2, Nolito (76').
Estadio: Balaídos, 18.385 espectadores. Antes do partido produciuse a despedida homenaxe do capitán Borja Oubiña.
Notas:
  • Sergio [4'5]
  • Hugo Mallo [7'5]
  • Cabral [6]
  • Fontás [4'5]
  • Jonny [6'5]
  • Augusto [8]
  • Krohn-Dehli [8]
  • Sergi Gómez [-]
  • Santi Mina [7]
  • Borja Fernández [7]
  • Orellana [7]
  • Nolito [9]
  • Larrivey [6]
  • Rubén [5'5]

sábado, 23 de mayo de 2015

Lista de convocados para o Celta - Espanyol

Álex López tras marcar gol no partido da tempada pasada en Balaídos contra o Espanyol
Non entran na lista os lesionados Borja Oubiña, Pablo Hernández, Nemanja Radoja e Carles Planas, e por decisión técnica David Costas. Entra na lista o xogador do filial Borja Fernández.
  • Eduardo "Toto" Berizzo
  • 01. Sergio Álvarez
  • 02. Hugo Mallo
  • 03. Andreu Fontás
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles Dias
  • 10. Manuel Agudo "Nolito"
  • 11. Joaquín Larrivey
  • 13. Rubén Blanco
  • 14. Fabián Orellana
  • 17. Levy Madinda
  • 18. Théo Bongonda
  • 19. Jonny Castro
  • 20. Sergi Gómez
  • 22. Gustavo Cabral
  • 23. Michael Krohn-Dehli
  • 24. Augusto Fernández
  • 28. Borja Fernández

Borja Oubiña retírase

O capitán Borja Oubiña anuncia a súa retirada do fútbol profesional tras 12 tempadas no primeiro equipo.
[Foto www.celtavigo.net]
O canteiran Borja Oubiña Meléndez deixa o fútbol aos 33 anos debido ás numerosas lesións sufridas nos seus xeonllos, deixando un balance de 12 tempadas no primeiro equipo co que disputo 236 partidos entre Liga, Copa, Copa da UEFA e Champions League, marcando 5 goles. Tamén foi en dúas ocasións internacional absoluto coa selección española.
FICHA:
+Nome:
Borja Oubiña Meléndez
+Data e lugar de nacemento:
17.5.1982, Vigo (Pontevedra)
+Altura:
1'79 m
+Peso:
75 kg
+Internacional:
España
12 tempadas
+Traxectoria:
·Celta "B" (2000 / 2001) [3ª, 36 partidos · 1 gol]
·Celta "B" (2001 / 2002) [2ªB, 35 partidos · 1 gol]
·Celta "B" (2002 / 2003) [2ªB, 20 partidos · 3 goles]
·Celta "B" (2003 / 2004) [2ªB, 13 partidos · 1 gol]
·Celta (2003 / 2004) [1ª, 15 partidos]
·Celta (2004 / 2005) [2ª, 31 partidos · 1 gol]
·Celta (2005 / 2006) [1ª, 38 partidos · 1 gol]
·Celta (2006 / 2007) [1ª, 38 partidos · 1 gol]
·Celta (2007 / 2008) [2ª, 1 partido]
·Birmingham (Inglaterra) (2007 / 2008) [1ª, 2 partidos]
·Celta (2008 / 2009) [2ª, 15 partidos]
·Celta (2009 / 2010) [2ª, 0 partidos]
·Celta (2010 / 2011) [2ª, 4 partidos]
·Celta (2011 / 2012) [2ª, 31 partidos]
·Celta (2012 / 2013) [1ª, 38 partidos · 1 gol]
·Celta (2013 / 2014) [1ª, 25 partidos · 1 gol]
·Celta (2014 / 2015) [1ª, 0 partidos]

lunes, 18 de mayo de 2015

2ª división B, xornada 38: Marino 2 - Celta "B" 2

[Foto Mara Villamuza]
FICHA:
[2] Marino: José Luis, Pablo Suárez, Adri, Nico Pandiani, Guaya; Dudi (Imanol, 73'), Álex Blanco, Omar (Yeo, 59'), Merino (José Ángel, 83'), Boro e Draman.
[2] Celta "B": Óscar Santiago; Kevin, Goldar, De Amo (Soto, 46'), Pablo Crespo; Casas, Borja Domínguez; Thaylor, Omar Santana (Señé, 73'), Youssef (Pucheta, 46'); e Borja Iglesias.
Colexiado: Arriola Atxeberria. Amonestou a Pablo Crespo e Pucheta.
Goles: 0-1, Youssef (8'). 1-1, Nico Pandiani (14'). 1-2, Borja Iglesias (40'). 2-2, Draman (65').
Estadio: Miramar.

Liga, xornada 37: Valencia 1 - Celta 1

O Celta saca un empate do campo do cuarto clasificado e perde todas as opcións de quedar sétimo.
Os xogadores do Celta tras o gol de Pablo Hernández [Foto EFE]
O Celta foi moi superior ao Valencia durante toda a primeira parte, aínda que a Valencia creaba algo de perigo a balón parado, ao que Sergio respondía con seguridade. Aos 8 minutos saque de esquina de Nolito que remata Pablo Hernández de cabeza ao fondo da rede. O Celta dominou o partido e o Valencia tivo unha ocasión moi clara no minuto 44 pero Sergio realizou un paradón. Nada máis comezar nun saque de falta o Valencia remata de cabeza pero primeiro Sergio e despois o longueiro evitaban o empate. O Valencia tivo varias ocasións pero sempre se encontraban con Sergio. O Celta seguía xogándolle de tu ao cuarto clasificado e tras un centro de Nolito dende a esquerda o meta local adiántase a Larrivey evitando o 0-2. No minuto 65 Borja Fernández entraba ao campo por Pablo Hernández. Cando quedaban 20 minutos nunha falta moi frouxa que Sergio non acerta a atrapar o Valencia empataba o partido. Aos 80 minutos Sergi Gómez entraba por Álex López. Sergio volve realizar outra gran intervención. Charles entraba por Larrivey a 5 minutos para rematar. Remate de Fontás dende fóra da área que para o meta local. Final en Mestalla.

FICHA:
[1] Valencia C. F.: Alves, Barragán, Mustafi (Negredo, 69'), Otamendi, Gayá, Parejo, Javi Fuego, André Gomes (Enzo Gómez, 34'), Feghouli, Piatti (De Paul, 53') e Alcácer.
[1] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Krohn-Dehli, Álex López (Sergi Gómez, 80'); Orellana, Pablo Hernández (Borja Fernández, 65'), Nolito; e Larrivey (Charles, 85').
Colexiado: Gil Manzano, casero. Amonestou a Mustafi polo Valencia e a Cabral, Borja Fernández, Kronh-Dehli e Hugo Mallo polo Celta.
Goles: 0-1, Pablo Hernández (8'). 1-1, Otamendi (70').
Estadio: Mestalla, 44.498 espectadores.
Notas:
  • Sergio [5]
  • Hugo Mallo [5'5]
  • Cabral [6]
  • Fontás [6'5]
  • Jonny [6]
  • Krohn-Dehli [6]
  • Álex López [6]
  • Sergi Gómez [5]
  • Orellana [6]
  • Pablo Hernández [6'5]
  • Borja Fernández [5]
  • Nolito [6]
  • Larrivey [5'5]
  • Charles [-]

domingo, 17 de mayo de 2015

Lista de convocados para o Valencia - Celta

Íñigo López, Aurtenetxe e Nolito no partido da tempada pasada en Mestalla
Non entran na lista os lesionados Borja Oubiña, Nemanja Radoja e Carles Planas, e os sancionados Santi Mina e Augusto Fernández. Entra na lista o xogador do filial Borja Fernández.
  • Eduardo "Toto" Berizzo
  • 01. Sergio Álvarez
  • 02. Hugo Mallo
  • 03. Andreu Fontás
  • 05. Pablo Hernández
  • 08. Álex López
  • 09. Charles Dias
  • 10. Manuel Agudo "Nolito"
  • 11. Joaquín Larrivey
  • 13. Rubén Blanco
  • 14. Fabián Orellana
  • 15. David Costas
  • 17. Levy Madinda
  • 18. Théo Bongonda
  • 19. Jonny Castro
  • 20. Sergi Gómez
  • 22. Gustavo Cabral
  • 23. Michael Krohn-Dehli
  • 28. Borja Fernández

lunes, 11 de mayo de 2015

Liga, xornada 36: Celta 1 - Sevilla 1

Un Celta moi superior ao Sevilla empata e di prácticamente adeus ás súas opcións de xogar a Europa League a tempada que vén.
Santi Mina tras tranformar o penalti [Foto AFP]
O Celta dominaba o Sevilla pero aos 8 minutos nunha boa xogada de Iago Aspas el Sevilla poñía o 0-1 no marcador. O Sevilla encerrábase na súa área e saía á contra e nun erro de David Costas case marcan o 0-2 pero Sergio realiza un paradón. A primeira ocasión clara do Celta foi nun remate de cabeza de Charles tras un centro de Santi Mina pero o remate sae fóra. Outro remate de cabeza desviado, esta vez de Pablo Hernández a centro de Orellana. No último minuto o Sevilla estrelou un balón no pau tras o único erro de Fontás. A segunda parte comezou igual que a primeira, domino do Celta e contras do Sevilla. No minuto 58 o colexiado pitaba penalti por unha labazada na cara a Charles, incrible que piten este penalti, que Santi Mina se encarga de marcar cunha tranquilidade dun xogador veterano. Falta directa de Pablo Hernández que roza o lateral da rede. Contra rápida do Sevilla que Sergio despexa a saque de esquina cunha boa parada. Gran disparo de Orellana dende dentro da área que despexa o meta visitante con outra boa parada. Aos 75 minutos Bongonda entraba por Charles e no 84 Madinda por Pablo Hernández. Gran xogada de Orellana no tempo de desconto pero o seu centro dende a liña de fondo dentro da área despéxao a defensa andaluza.

FICHA:
[1] Celta de Vigo: Sergio; Sergi Gómez, Costas, Fontás, Jonny; Augusto, Kronh-Dehli; Santi Mina, Pablo Hernández (Madinda, 84'),  Orellana; e Charles (Bongonda, min.75').
[1] Sevilla F. C.: Sergio Rico, Diogo (Aleix Vidal, 67'), Arribas, Coke, Kolo, Navarro, Krichowiak, Iborra, Denis Suárez (Vitolo, 73'), Iago Aspas (Bacca, 60') e Gameiro.
Colexiado: Velasco Carballo, regular. Amonestou a Augusto, Santi Mina e Costas polo Celta e a Coke, Iago Aspas, Sergio Rico, Krychowiak e Arribas polo Sevilla.
Goles: 0-1, Gameiro (8'). 1-1, Santi Mina, de penalti (58').
Estadio: Balaídos, 18.957 espectadores.
Notas:
  • Sergio [6]
  • Sergi Gómez [6'5]
  • Costas [6'5]
  • Fontás [6'5]
  • Jonny [6'5]
  • Augusto [7]
  • Krohn-Dehli [5'5]
  • Santi Mina [8]
  • Pablo Hernández [6'5]
  • Madinda [-]
  • Orellana [7'5]
  • Charles [6]
  • Bongonda [5]

2ª división B, xornada 37: Celta "B" 3 - Coruxo 0

[Foto Xoan Carlos Gil]
FICHA:
[3] Celta "B": Néstor Díaz; Soto, Goldar, De Amo, Samu; Borja Domínguez, Jordan (Javi Rey, 67'); Luis Rioja (Javi Que, 58'), Señé (Omar Santana, 79'), Yelko Pino; e Borja Iglesias.
[0] Coruxo: Brais, Cristóbal, Álex Fernández, Alberto García, Adrián Pazó, Moscardo (Ángel, 65'), Ben, Antúnez, Rafa Mella, Cifuentes (Aitor Aspas, 76') e Lamas (Pedro Vázquez, 68').
Colexiado: Alberola Rojas.
Goles: 1-0, Borja Iglesias (31'). 2-0, Goldar (83'). 3-0, Borja Iglesias (88').
Estadio: Barreiro.

domingo, 10 de mayo de 2015

Lista de convocados para o Celta - Sevilla

Nolito tras tranformar o penalti que deu a vitoria no partido da tempada pasada
Non entran na lista os lesionados Borja Oubiña, Nemanja Radoja e Carles Planas, e os sancionados Hugo Mallo, Álex López, Manuel Agudo Nolito e Joaquín Larrivey. Entran na lista os xogadores do filial Borja Fernández, Kevin Vázquez, Pape Cheikh e Diego Alende.
  • Eduardo "Toto" Berizzo
  • 01. Sergio Álvarez
  • 03. Andreu Fontás
  • 05. Pablo Hernández
  • 07. Santi Mina
  • 09. Charles Dias
  • 13. Rubén Blanco
  • 14. Fabián Orellana
  • 15. David Costas
  • 17. Levy Madinda
  • 18. Théo Bongonda
  • 19. Jonny Castro
  • 20. Sergi Gómez
  • 23. Michael Krohn-Dehli
  • 24. Augusto Fernández
  • 28. Borja Fernández
  • 33. Kevin Vázquez
  • 34. Pape Cheikh
  • 38. Diego Alende

miércoles, 6 de mayo de 2015

Liga, xornada 35: Almería 2 - Celta 2

O Celta dá un paso atrás na súa loita por Europa, tras o empate en Almería grazas outra vez á "gran" actuación do árbitro José Antonio Teixeira Vitienes.
Unha imaxe di máis que mil palabras [Foto EFE]
A primeira metade foi un monologo por parte do Celta, tras o dominio absoluto o primeiro gol chegou nun rexeite da defensa que Nolito cun gran disparo o introduce no fondo da rede (18'). A única chegada con perigo do Almería foi un remate de cabeza desviado. No minuto 39 pase do defensa ao porteiro que queda curto e Santi Mina chegando dende atrás crúzaa establecendo o 0-2 no marcador. Nada máis comezar a segunda parte o Almería recorta distancias tras un fallo de Sergio (1-2). A partir de aquí empezaba "outro gran espectáculo de colexiado en contra do Celta". No minuto 52 o árbitro invéntase unha falta inexistente e expulsa con vermella directa a Cabral. Sergi Gómez entraba por Nolito para recuperar a defensa (57'). Cun home máis o Almería dominou ao Celta e no minuto 68 empataba o partido. A continuación falta a Larrivey clara (xogada igual que a expulsión de Cabral pero con falta) pero ao defensa local non o expulsa, ver para crer. No minuto 71 Larrivey deixaba o seu sitio a Pablo Hernández e tres minutos despois o árbitro expulsa un defensa do Almería por dobre amoestación tras perdoalo en dúas faltas anteriores. Posible penalti a favor do Celta que nin a televisión quixo que pitase xa que nin a repetiron. Con igualdade numérica o Celta se apoderou outra vez do encontro, Álex López entraba por Santi Mina no minuto 84. No tempo de desconto falta que lanza Orellana e Augusto remata de cabeza ao pau.

FICHA:
[2] U.D. Almería: Rubén, Ximo Navarro, Trujillo, Mauro, Casado (Hemed, 59'), Verza, Thomas, Espinosa (Silva, 66'), Dubarbier, Jonathan e Thievy (Corona, 78').
[2] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Fontás, Cabral, Jonny; Augusto, Krohn-Dehli; Santi Mina (Álex López, 84'), Orellana, Nolito (Sergi Gómez, 57'); e Larrivey (Pablo Hernández, 71').
Colexiado: José Antonio Teixeira Vitienes, penoso. Amonestou a Thievy e Thomas e expulsou por dobre amarela a Dos Santos (74') polo Almería e amonestou a Hugo Mallo, Larrivey e Santi Mina e expulsou a Cabral con vermella directa (52').
Goles: 0-1, Nolito (18'). 0-2, Santi Mina (39'). 1-2, Thievy (47'). 2-2, Zongo (68').
Estadio: Xogos do Mediterráneo, 10.898 espectadores.
Notas:
  • Sergio [5]
  • Hugo Mallo [6]
  • Cabral [5'5]
  • Fontás [5]
  • Jonny [6]
  • Augusto [6'5]
  • Krohn-Dehli [7]
  • Santi Mina [7'5]
  • Álex López [-]
  • Orellana [7]
  • Nolito [7'5]
  • Sergi Gómez [5]
  • Larrivey [5'5]
  • Pablo Hernández [6]

lunes, 4 de mayo de 2015

2ª división B, xornada 36: Celta "B" 2 - R. Ferrol 3

[Foto www.celtavigo.net]
FICHA:
[2] Celta "B": Néstor Díaz; Samu, Goldar (Javi Rey, 85'), Pablo Crespo (Borja Domínguez, 33'), Kevin (Javi Que, 78'); Casas, Jordan; Thaylor, Señé, Luis Rioja e Borja Iglesias.
[3] R. Ferrol: Makay, Jonathan Aspas, Maceira (Álvaro, 68'), Antonio, Tena, Maikel, Marcos (Dalmau, 57'), Dani, Joselu, Pablo Rey e Adrián Cruz (Vela, 80').
Colexiado: Sánchez Margrana, do comité andaluz. Amonestou a Goldar e Casas e expulsou a Thaylor (81') por dobre amonestación e ao adestrador Toni Otero.
Goles: 0-1, Joselu (1'). 0-2, Joselu (16'). 1-2, Borja Iglesias (51'). 2-2, Luis Rioja (68'). 2-3, Joselu (74').
Estadio: Barreiro, uns 1.000 espectadores.

Lista de convocados para o Almería - Celta

Charles, Nolito e Jonny festexan un dos catro goles no partido da tempada pasada en Almería
Non entran na lista os lesionados Borja Oubiña, Nemanja Radoja e Carles Planas, e por decisión técnica David Costas. Entra na lista o xogador do filial Borja Fernández. Antes do partido o adestador Eduardo Berizzo terá que facer un descarte, xa que convocou a 19 xogadores.
  • Eduardo "Toto" Berizzo
  • 01. Sergio Álvarez
  • 02. Hugo Mallo
  • 03. Andreu Fontás
  • 05. Pablo Hernández
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles Dias
  • 10. Manuel Agudo "Nolito"
  • 11. Joaquín Larrivey
  • 13. Rubén Blanco
  • 14. Fabián Orellana
  • 17. Levy Madinda
  • 18. Théo Bongonda
  • 19. Jonny Castro
  • 20. Sergi Gómez
  • 22. Gustavo Cabral
  • 23. Michael Krohn-Dehli
  • 24. Augusto Fernández
  • 28. Borja Fernández