lunes, 18 de mayo de 2015

Liga, xornada 37: Valencia 1 - Celta 1

O Celta saca un empate do campo do cuarto clasificado e perde todas as opcións de quedar sétimo.
Os xogadores do Celta tras o gol de Pablo Hernández [Foto EFE]
O Celta foi moi superior ao Valencia durante toda a primeira parte, aínda que a Valencia creaba algo de perigo a balón parado, ao que Sergio respondía con seguridade. Aos 8 minutos saque de esquina de Nolito que remata Pablo Hernández de cabeza ao fondo da rede. O Celta dominou o partido e o Valencia tivo unha ocasión moi clara no minuto 44 pero Sergio realizou un paradón. Nada máis comezar nun saque de falta o Valencia remata de cabeza pero primeiro Sergio e despois o longueiro evitaban o empate. O Valencia tivo varias ocasións pero sempre se encontraban con Sergio. O Celta seguía xogándolle de tu ao cuarto clasificado e tras un centro de Nolito dende a esquerda o meta local adiántase a Larrivey evitando o 0-2. No minuto 65 Borja Fernández entraba ao campo por Pablo Hernández. Cando quedaban 20 minutos nunha falta moi frouxa que Sergio non acerta a atrapar o Valencia empataba o partido. Aos 80 minutos Sergi Gómez entraba por Álex López. Sergio volve realizar outra gran intervención. Charles entraba por Larrivey a 5 minutos para rematar. Remate de Fontás dende fóra da área que para o meta local. Final en Mestalla.

FICHA:
[1] Valencia C. F.: Alves, Barragán, Mustafi (Negredo, 69'), Otamendi, Gayá, Parejo, Javi Fuego, André Gomes (Enzo Gómez, 34'), Feghouli, Piatti (De Paul, 53') e Alcácer.
[1] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Krohn-Dehli, Álex López (Sergi Gómez, 80'); Orellana, Pablo Hernández (Borja Fernández, 65'), Nolito; e Larrivey (Charles, 85').
Colexiado: Gil Manzano, casero. Amonestou a Mustafi polo Valencia e a Cabral, Borja Fernández, Kronh-Dehli e Hugo Mallo polo Celta.
Goles: 0-1, Pablo Hernández (8'). 1-1, Otamendi (70').
Estadio: Mestalla, 44.498 espectadores.
Notas:
  • Sergio [5]
  • Hugo Mallo [5'5]
  • Cabral [6]
  • Fontás [6'5]
  • Jonny [6]
  • Krohn-Dehli [6]
  • Álex López [6]
  • Sergi Gómez [5]
  • Orellana [6]
  • Pablo Hernández [6'5]
  • Borja Fernández [5]
  • Nolito [6]
  • Larrivey [5'5]
  • Charles [-]

No hay comentarios:

Publicar un comentario