lunes, 25 de mayo de 2015

Liga, xornada 38: Celta 3 - Espanyol 2

Un Celta con 10 dende o minuto 21 tira de orgullo e remonta ao Espanyol para despedir a tempada con vitoria e superar os números da tempada pasada.
11 inicial do partido con Borja Oubiña, na súa retirada [Foto Lalo R. Villar]
A primeira ocasión do partido foi un man a man de Santi Mina tras pase de Orellana ao que se anticipa o meta visitante. No minuto 21 tras un erro de Fontás na cesión a Sergio, este comete penalti e é expulsado polo que Larrivey deixaba o seu sitio a Rubén. O Espanyol adiantábase de penalti. Puido empatar Augusto cun gran disparo dende fóra da área ao que o porteiro responde cunha man prodixiosa. Gran parada de Rubén despexando a saque de esquina e evitando o 0-2. Outra gran ocasión do Espanyol. Aos 37 minutos outro pase maxistral de Krohn-Dehli que deixa só a Orellana que remata, despexa o porteiro e o rexeite caelle a Hugo Mallo que empata de cabeza, 1-1. No descanso Santi Mina era cambiado por Borja Fernández. Nada máis comezar a segunda parte o Espanyol adiantábase outra vez, 1-2. A partir de aquí o Celta encerrou ao Espanyol na súa área e aos 57 minutos Cabral cabeceaba ao fondo da rede unha falta centrada por Nolito. O Espanyol puido volver adiantarse pero o seu remate estrelouse no longueiro, o Celta sae rapidísimo á contra, Orellana pasa a Nolito que controla dentro da área e pon o esférico fóra do alcance dos nenos, 3-2. No minuto 83 ovación do respectable de Balaídos a Krohn-Dehli, no seu último partido co Celta, entrando Sergi Gómez. Final en Balaídos.

FICHA:
[3] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Augusto, Krohn-Dehli (Sergi Gómez, 83'); Santi Mina (Borja Fernández, 46'), Orellana, Nolito; e Larrivey (Rubén, 21').
[2] Espanyol de Barcelona: Kiko Casilla, Arbilla, Álvaro, Moreno, Fuentes, Javi López, Víctor Sánchez (Salva Sevilla, 73'), Lucas Vázquez, Víctor Álvarez (Paco Montañés, 78'), Stuani (Caicedo, 66') e Sergio García.
Colexiado: Del Cerro Grande, regular. Amonestou a Santi Mina e Augusto, e expulsou a Sergio con vermella directa (21') polo Celta e amonestou a Álvaro.
Goles: 0-1, Sergio García (21'). 1-1, Hugo Mallo (37'). 1-2, Stuani (47'). 2-2, Cabral (57'). 3-2, Nolito (76').
Estadio: Balaídos, 18.385 espectadores. Antes do partido produciuse a despedida homenaxe do capitán Borja Oubiña.
Notas:
  • Sergio [4'5]
  • Hugo Mallo [7'5]
  • Cabral [6]
  • Fontás [4'5]
  • Jonny [6'5]
  • Augusto [8]
  • Krohn-Dehli [8]
  • Sergi Gómez [-]
  • Santi Mina [7]
  • Borja Fernández [7]
  • Orellana [7]
  • Nolito [9]
  • Larrivey [6]
  • Rubén [5'5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario