O Celta dá un paso atrás na súa loita por Europa, tras o empate en Almería grazas outra vez á "gran" actuación do árbitro José Antonio Teixeira Vitienes.
Unha imaxe di máis que mil palabras [Foto EFE] |
A primeira metade foi un monologo por parte do Celta, tras o dominio absoluto o primeiro gol chegou nun rexeite da defensa que Nolito cun gran disparo o introduce no fondo da rede (18'). A única chegada con perigo do Almería foi un remate de cabeza desviado. No minuto 39 pase do defensa ao porteiro que queda curto e Santi Mina chegando dende atrás crúzaa establecendo o 0-2 no marcador. Nada máis comezar a segunda parte o Almería recorta distancias tras un fallo de Sergio (1-2). A partir de aquí empezaba "outro gran espectáculo de colexiado en contra do Celta". No minuto 52 o árbitro invéntase unha falta inexistente e expulsa con vermella directa a Cabral. Sergi Gómez entraba por Nolito para recuperar a defensa (57'). Cun home máis o Almería dominou ao Celta e no minuto 68 empataba o partido. A continuación falta a Larrivey clara (xogada igual que a expulsión de Cabral pero con falta) pero ao defensa local non o expulsa, ver para crer. No minuto 71 Larrivey deixaba o seu sitio a Pablo Hernández e tres minutos despois o árbitro expulsa un defensa do Almería por dobre amoestación tras perdoalo en dúas faltas anteriores. Posible penalti a favor do Celta que nin a televisión quixo que pitase xa que nin a repetiron. Con igualdade numérica o Celta se apoderou outra vez do encontro, Álex López entraba por Santi Mina no minuto 84. No tempo de desconto falta que lanza Orellana e Augusto remata de cabeza ao pau.
FICHA:
[2] U.D. Almería: Rubén, Ximo Navarro, Trujillo, Mauro, Casado (Hemed, 59'), Verza, Thomas, Espinosa (Silva, 66'), Dubarbier, Jonathan e Thievy (Corona, 78').
[2] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Fontás, Cabral, Jonny; Augusto, Krohn-Dehli; Santi Mina (Álex López, 84'), Orellana, Nolito (Sergi Gómez, 57'); e Larrivey (Pablo Hernández, 71').
Colexiado: José Antonio Teixeira Vitienes, penoso. Amonestou a Thievy e Thomas e expulsou por dobre amarela a Dos Santos (74') polo Almería e amonestou a Hugo Mallo, Larrivey e Santi Mina e expulsou a Cabral con vermella directa (52').
Goles: 0-1, Nolito (18'). 0-2, Santi Mina (39'). 1-2, Thievy (47'). 2-2, Zongo (68').
Estadio: Xogos do Mediterráneo, 10.898 espectadores.
Notas:
- Sergio [5]
- Hugo Mallo [6]
- Cabral [5'5]
- Fontás [5]
- Jonny [6]
- Augusto [6'5]
- Krohn-Dehli [7]
- Santi Mina [7'5]
- Álex López [-]
- Orellana [7]
- Nolito [7'5]
- Sergi Gómez [5]
- Larrivey [5'5]
- Pablo Hernández [6]
No hay comentarios:
Publicar un comentario