lunes, 30 de marzo de 2015

2ª división B, xornada 31: Burgos 2 - Celta "B" 0

[Foto www.diariodeburgos.es]
FICHA:
[2] Burgos: Aurreko, Sergio Esteban, Dani, Maureta, Quesada, Moke, Javi Hernández, Llorente, Gabi Gómez (Cristian, 80'), Álex (Gabri, 57') e Carralero (Andrés, 74').
[1] Celta "B": Óscar Santiago; Kevin, Goldar, De Amo, Samu; Borja Fernández, Jordan (Youssef, 65'); Señé, Luis Rioja, Thaylor (Casas, 66'); e Borja Iglesias (Javi Que, 74').
Colexiado: Galech Apezteguía. Amonestou a Casas e Samu e expulsou a Borja Fernández por dobre amarela (66').
Goles: 1-0, Javi Hernández (25'). 2-0, Llorente (34').
Estadio: O Plantío, uns 3.000 espectadores.

sábado, 28 de marzo de 2015

Horario da xornada 32

Xornada 32
Eibar - Celta
Data: domingo 19 de abril do 2015
Hora: 21:00 horas
Televisión: C+ Liga / Gol TV
Estadio: Ipurúa

lunes, 23 de marzo de 2015

2ª división B, xornada 30: Celta "B" 2 - Avilés 0

[Foto www.celtavigo.net]
FICHA:
[2] Celta "B": Óscar Santiago; Soto, Goldar, De Amo, Samu; Borja Domínguez, Borja Fernández (Javi Rey, 74'); Thaylor (Youseff, 84'), Luis Rioja, Señé; e Borja Iglesias (Javi Que, 80').
[0] Avilés: Alejandro, Marcos Cerudo, Adrian León, Borja García, Dani López (Clement Badin, 59'), Álvaro Zazo, Geni, Álex Arias (Ito, 76'), Jairo, Omar Sanpedro e Kiu (José María, 70').
Colexiado: Rives Leal. Amonestou a Youseff.
Goles: 1-0, Borja Iglesias (60'). 2-0, De Amo (64').
Estadio: Barreiro, uns 1.200 espectadores.

Liga, xornada 28: Levante 0 - Celta 1

Un Celta infinitamente superior ao Levante tráese os tres puntos a Vigo gracias ao gol de Charles no minuto 85.
Charles festexando o gol [Foto www.celtavigo.net]
A primeira ocasión do partido foi para Santi Mina que arranca no seu campo e se planta diante do meta local que saca unha man prodixiosa desviando a saque de esquina. Fontás tívoa cun bo remate de cabeza a saída do corner pero sae fóra. O Levante rematou un centro por enriba do longueiro e tamén tivo un disparo dende fóra da área que sae fóra, un milagre xa que é un equipo que só xogaba a dar patadas co consentimento do árbitro J. A. Teixeira Vitienes. O Celta seguía dandolle un baño ao Levante e tras unha internada de Jonny pola esquerda, este cede a Orellana que controla na media lúa e o seu disparo se estrela no pau. Chegamos ao descanso con 0-0. Nada máis comezar parede de Nolito e Larrivey e o remate do gaditano sae rozando o pau. Krohn-Dehli tamén o intentou cun disparo que sae fóra. Remate de cabeza moi brando do Levante que atrapa Sergio. Gran xogada de Nolito que dalle un pase a Orellana, e este falla o gol a un metro da portería. Nolito intentouno cun gol olimpico pero o meta local volveu a despexar a corner. Outro centro de Nolito que Orellana só remata moi frouxo de cabeza. No minuto 73 Pablo Hernández entraba ao campo por Santi Mina e 4 minutos despois Larrivey deixaba o seu posto a Charles. Penalti claro sobre Pablo Hernández que como non podía ser doutra forma o árbitro non pita. No minuto 85 pase longo de Jonny dende o medio do campo Charles controla dentro da área e déixalla a Pablo Hernández que inventa un pase para Nolito que centra e Charles tirándose ao chan marca o 0-1. No desconto Nolito puido marcar o segundo pero outra vez o meta local despexa a saque de esquina. Final e a permanencia case conseguida.

FICHA:
[0] Levante U. D.: Mariño, Morales, Navarro, Ramis, Toño, Simao, Diop (José Mari, 55'), Xumetra (El Zhar, 66'), Barral, Rubén García (Rafael Martins, 82') e Uche.
[1] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Fontás, Cabral, Jonny; Augusto, Krohn-Dehli (Radoja, 89'); Orellana, Santi Mina (Pablo Hernández, 73'), Nolito; e Larrivey (Charles, 77').
Colexiado: J. A. Teixeira Vitienes, mal. Amonestou a Toño, Barral, Rubén García e Diop polo Levante e a Larrivey, Hugo Mallo, Berizzo e Jonny polo Celta.
Goles: 0-1, Charles (85').
Estadio: Ciutat de Valencia, 11.463 espectadores.
Notas:
  • Sergio [6]
  • Hugo Mallo [7]
  • Cabral [6]
  • Fontás [6]
  • Jonny [7'5]
  • Augusto [6'5]
  • Krohn-Dehli [7]
  • Radoja [-]
  • Orellana [6]
  • Santi Mina [6]
  • Pablo Hernández [6]
  • Nolito [8]
  • Larrivey [6'5]
  • Charles [7]

sábado, 21 de marzo de 2015

Lista de convocados para o Levante - Celta

Madinda, Charles e Fontás felicitan a Nolito tras marcar o gol ante o Levante a tempada pasada
Non entran na lista os lesionados Borja Oubiña, Levy Madinda e Carles Planas. Antes do partido o adestrador Eduardo Berizzo terá que facer un descarte, xa que convocou a 19 xogadores.
  • Eduardo "Toto" Berizzo
  • 01. Sergio Álvarez
  • 02. Hugo Mallo
  • 03. Andreu Fontás
  • 05. Pablo Hernández
  • 06. Nemanja Radoja
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles Dias
  • 10. Manuel Agudo "Nolito"
  • 11. Joaquín Larrivey
  • 13. Rubén Blanco
  • 14. Fabián Orellana
  • 15. David Costas
  • 18. Théo Bongonda
  • 19. Jonny Castro
  • 20. Sergi Gómez
  • 22. Gustavo Cabral
  • 23. Michael Krohn-Dehli
  • 24. Augusto Fernández

Toni Otero novo adestrador do Celta "B"

Toni Otero terceiro adestrador do Celta "B" no  que vai de tempada tras a destitución de Javi López.
Toni Otero [Foto www.celtavigo.net]
José Antonio Otero Fernández (1974, Vigo) nos últimos dous anos exerceu como director da canteira da Madroa, cargo que agora compaxinará co banco do filial. Os cinco anos anteriores exercera como coordinador do fútbol base do Celta.

lunes, 16 de marzo de 2015

2ª división B, xornada 29: Sp. Xixón 5 - Celta "B" 0

[Foto Juan Plaza]
FICHA:
[5] Sp. Xixón "B": Pol Busquets, Benito, Alberto, Jorge Meré, Sergio Menéndez, Guitián (Borja Álvarez, 79'), Adama Touré (Tato, 72'), Guillermo Donoso, Juan Mera, Jaime Santos e Mendi (Pablo Fernández, 74').
[0] Celta "B": Óscar Santiago; Kevin, Soto, De Amo, Pablo Crespo; Borja Domínguez (Goldar, 72'), Javi Rey (Luis Rioja, 67'); Omar Santana, Señé, Jordan; e Borja Iglesias (Thaylor, 74').
Colexiado: Rezola Etxeberría. Amonestou a Jordán, De Amo e expulsou a Kevin por dobre amonestación (69').
Goles: 1-0, Mendi (9'). 2-0, Jorge Meré (54'). 3-0, Mendi (58'). 4-0 Guitián de penalti (70'). 5-0, Juan Mera (84').
Estadio: Pepe Ortiz, uns 400 espectadores.

Liga, xornada 27: Celta 1 - Athletic 2

Outro penalti inexistente (isto xa cheira a podre) e outro erro defensivo a balón parado volven condenar o Celta, que suma dúas derrotas seguidas.
O colexiado (Mateu Lahoz) outra vez tivo que ser o protagonista do encontro [www.farodevigo.es]
A primeira ocasión do partido foi un disparo alto de Álex López e outro moi frouxo tamén de Álex López dende a frontal da área. No minuto 16 o árbitro internacional (di moito do nivel da arbitraxe nesta liga se este personaxe é internacional), Mateu Lahoz, converte unha carga legal nun penalti, primeiro dá saque de porta e logo cambia, pitando a pena máxima transformada por Aduriz (1-0). Tras o gol o Celta saliuse do partido e Aduriz puido marcar o segundo tras deixar sentado a Cabral pero Sergio saca un pé prodixioso despexando a corner. Disparo alto de De Marcos. Cando se cumpría a media hora de partido o Athletic bota un saque de esquina, Aduriz salta máis que Cabral e Hugo Mallo e o seu remate estrelase contra o longueiro e no rexeite San José totalmente só dentro da área bate a Sergio poñendo o 0-2 no electrónico. Ata o descanso o Celta apenas creou perigo. Na reanudación o Celta buscaba o gol con insistencia. No minuto 58 Santi Mina entraba ao campo por Álex López e nada máis pisalo vaise do defensa cun gran regate, e dentro da área o seu remate despéxao Iraizoz. Outro remate de Santi Mina de cabeza que sae alto. Nolito saca unha falta para Orellana, este centra e Larrivey remata de cabeza dentro da área pequena marcando o 1-2, era o minuto 63. A 20 minutos para o final, o "gran árbitro" perdóalle a segunda amarela a Beñat. O Celta seguía dominando. No minuto 84 o "super mega colexiado" expulsaba a San José por dobre amoestación (ninguén entende o criterio deste personaxe para non expulsar a Beñat e si a San José), un minuto despois Bongonda saltaba ao campo por Hugo Mallo. O Athletic puido sentenciar pouco despois pero remata fóra con todo para marcar. No minuto 89 Pablo Hernández entraba por Cabral. A última ocasión foi de Larrivey cun remate de cabeza que sae fóra. Final e esperemos ter mellor sorte cos "sinvergonzas de negro" nas próximas xornadas, aínda que o dubido.

FICHA:
[1] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo (Bongonda, 85'), Cabral (Pablo Hernández, 89'), Fontás, Jonny; Augusto, Krohn-Dehli, Álex López (Santi Mina, 58'); Orellana, Nolito e Larrivey.
[2] Athletic de Bilbao: Iraizoz, De Marcos, Etxeita, Laporte, Balenziaga, San José, Beñat, Ibai (Iturraspe, 62'), Muniain, Williams (Susaeta, 87') e Aduriz (Guillermo, 56').
Colexiado: Mateu Lahoz, penoso. Amonestou a Augusto, Krohn-Dehli e Orellana polo Celta e a De Marcos, Beñat e Susaeta polo Athletic, e expulsou por dobre amonestación a San José (84').
Goles: 0-1, Aduriz de penalti (17'). 0-2, San José (31'). 1-2, Larrivey (63').
Estadio: Balaídos, 18.656 espectadores.
Notas:
  • Sergio [6]
  • Hugo Mallo [5]
  • Bongonda [-]
  • Cabral [4]
  • Pablo Hernández [-]
  • Fontás [5]
  • Jonny [6]
  • Augusto [4'5]
  • Krohn-Dehli [5'5]
  • Álex López [4'5]
  • Santi Mina [7]
  • Orellana [6'5]
  • Nolito [6]
  • Larrivey [6]

viernes, 13 de marzo de 2015

Lista de convocados para o Celta - Athletic

Partido Celta - Athletic da Copa desta tempada
Non entran na lista por lesión Borja Oubiña e Carles Planas, e por decisión técnica David Costas e Levy Madinda.
  • Eduardo "Toto" Berizzo
  • 01. Sergio Álvarez
  • 02. Hugo Mallo
  • 03. Andreu Fóntas
  • 05. Pablo Hernández
  • 06. Nemanja Radoja
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles Dias
  • 10. Manuel Agudo "Nolito"
  • 11. Joaquín Larrivey
  • 13. Rubén Blanco
  • 14. Fabián Orellana
  • 18. Théo Bongonda
  • 19. Jonny Castro
  • 20. Sergi Gómez
  • 22. Gustavo Cabral
  • 23. Michael Krohn-Dehli
  • 24. Augusto Fernández

lunes, 9 de marzo de 2015

2ª división B, xornada 28: Celta "B" 1 - Oviedo 4

[Foto www.atlantico.net]
FICHA:
[1] Celta "B": Óscar Santiago; Kevin (Javi Que, 75'), Soto, De Amo, Pablo Crespo; Borja Domínguez, Javi Rey (Luis Rioja, 70'); Jordan, Señé, Omar Santana (Pucheta, 60'); e Borja Iglesias.
[4] Oviedo: Esteban, Nacho López, Chalie, Erice, Redondo, Jon Erice, Héctor Font (Sergio García, 70'), Susaeta (Dioni, 82'), Omgba, Borja Valle (Dani Bautista, 85') e Linares.
Colexiado: Cid Camacho. Amonestou a Omar Santana e Pablo Crespo.
Goles: 0-1, Redondo (12'). 0-2, Linares (48'). 1-2, Borja Iglesias (50). 1-3, Borja Valle (68'). 1-4, Sergio García (77').
Estadio: Barreiro, uns 1.200 espectadores.

Liga, xornada 26: Vilarreal 4 - Celta 1

O Celta cae goleado (4-1) no Madrigal e rompe unha racha de 5 partidos sen perder. A baixa de Krohn-Dehli e a fraxilidade defensiva foron claves no resultado.
Augusto foi o autor do gol celeste [www.atlantico.net]
O Celta non realizou un boa primeira metade pero o Vilarreal tampouco fixo méritos para irse ao descanso cun 2-0. O equipo local tivo unha boa oportunidade cun disparo dende dentro da área que despexa Sergio cos pés nunha gran parada. O Celta respondeu cun disparo de Nolito tras pase de Augusto que para o meta local e con outro lanzamento de Nolito de falta co mesmo resultado co anterior. O Vilarreal protestou un penalti por man de Jonny. Non minuto 41 o dianteiro local gaña a carreira a Cabral, plántase diante de Sergio e báteo por baixo. No minuto 45 Sergio despexa a saque de esquina un lanzamento de falta, e nese corner un defensa gáñalle a posición a Cabral e marca o 2-0 cun bo remate de cabeza. Na reanudación Álex López entraba por Sergi Gómez e o Celta encerrou na súa área ao Villarreal e no minuto 50 bo centro de Nolito no saque dunha falta e moi bo remate de cabeza de Augusto para poñer o 2-1. Centro de Orellana dende a esquerda, Charles controla co peito e remata de chilena parando o seu disparo o porteiro. No minuto 70 Hugo Mallo deixaba o seu posto a Bongonda e tres minutos despois gáñanlle en velocidade ao belga e o Vilarreal marca o 3-1. Pase dende o seu campo para Charles que controla, plántase diante do porteiro pero non chega a rematar e o balón recólleo o porteiro. No minuto 81 Charles íase e entraba no seu lugar Larrivey. Dous minutos despois outro erro da defensa, primeiro Bongonda e despois Cabral, e o equipo local marca o 4-1. Final e a pensar no Athletic.

FICHA:
[4] Vilarreal C. F.: Asenjo, Pina, Mussachio, Giovani (Vietto, 46'), Campbell (Mario, 71'), Dorado, Costa, Moi Gómez (Cheryshev, 60'), Rukavina, Gerard e Sergio Marcos.
[1] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo (Bongonda, 70'), Sergi Gómez (Álex López, 46'), Cabral, Fontás, Jonny; Radoja, Augusto; Orellana, Nolito e Charles (Larrivey, 81').
Colexiado: Clos Gómez, ben. Amonestou a Nolito e Fontás polo Celta.
Goles: 1-0, Giovani (41'). 2-0, Musachio (45'). 2-1, Augusto (50'). 3-1, Vietto (73'). 4-1, Gerard (83').
Estadio: O Madrigal, 14.366 espectadores.
Notas:
  • Sergio [4'5]
  • Hugo Mallo [4]
  • Bongonda [3'5]
  • Sergi Gómez [4]
  • Álex López [4]
  • Cabral [3]
  • Fontás [3]
  • Jonny [5]
  • Radoja [5'5]
  • Augusto [6'5]
  • Orellana [4'5]
  • Nolito [6]
  • Charles [3'5]
  • Larrivey [-]

sábado, 7 de marzo de 2015

Horarios das xornadas 29, 30 e 31

Xornada 29
Celta - Barcelona
Data: domingo 5 de abril do 2015
Hora: 21:00 horas
Televisión: C+1
Estadio: Balaídos



Xornada 30
Granada - Celta
Data: mércores 8 de abril do 2015
Hora: 22:00 horas
Televisión: C+ Liga / Gol TV
Estadio: Novo Os Cármenes 



Xornada 31
Celta - Raio
Data: sábado 11 de abril do 2015
Hora: 22:00 horas
Televisión: Catro
Estadio: Balaídos

Lista de convocados para o Vilarreal - Celta

Orellana e Jonny no partido da tempada pasado no Madrigal
Non entran na lista por lesión Borja Oubiña, Carles Planas e Michael Krohn-Dehli. Antes do partido o adestrador Eduardo Berizzo terá que facer un descarte, xa que convocou a 19 xogadores.
  • Eduardo "Toto" Berizzo
  • 01. Sergio Álvarez
  • 02. Hugo Mallo
  • 03. Andreu Fontás
  • 05. Pablo Hernández
  • 06. Nemanja Radoja
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles Dias
  • 10. Manuel Agudo "Nolito"
  • 11. Joaquín Larrivey
  • 13. Rubén Blanco
  • 14. Fabián Orellana
  • 15. David Costas
  • 17. Levy Madinda
  • 18. Théo Bongonda
  • 19. Jonny Castro
  • 20. Sergi Gómez
  • 22. Gustavo Cabral
  • 24. Augusto Fernández

miércoles, 4 de marzo de 2015

Liga, xornada 25: Celta 1 - Elxe 1

Outra vez un árbitro, Velasco Carballo, róuballa a vitoria ao Celta no minuto 87 inventándose un penalti totalmente inexistente. Isto si que xenera violencia.
Augusto, Fontás, Cabral e Hugo Mallo protesta o colexiado o penalti [Foto Lalo Villar]

O primeiro tempo foi de dominio celeste, co Elche saíndo á contra. A primeira ocasión foi de Orellana que encara pola esquerda e o seu disparo dende o borde da área o despexa o porteiro visitante. O Elxe intentouno cun lanzamento de falta que sae moi alto. A ocasión máis clara da primeira metade foi nun remate de Charles de cabeza tras unha gran xogada de Orellana, Nolito e Krohn-Dehli que sae fóra por moi pouco. Seguiu o dominio vigués e a última ocasión foi un disparo dende fóra da área do Elxe que sae moi alto. Na segunda parte só houbo un equipo, o Celta, e un árbitro, con afán de protagonismo (que conseguiu). No primeiro minuto espectacular chilena de Charles ao que o porteiro visitante responde cunha gran intervención desviando a saque de esquina. Outra paradón, agora a un remate de Krohn-Dehli dende dentro da área tras pase de Nolito. Posible penalti por man dun defensa do Elxe tras disparo de Orellana, pero o señor colexiado como case sempre que é a favor do Celta di que non hai nada. Aos 60 minutos pase de Nolito para Jonny que se interna na área e o seu centro o remata Krohn-Dehli ao fondo da rede, 1-0. Outra parada de mérito do meta do Elxe a disparo de Radoja despexando a saque de esquina. No minuto 75 Orellana deixaba o seu sitio a Álex López e no 84 Charles a Larrivey. No minuto 87 centro á área do Elxe, piscinazo do xogador visitante co árbitro ao lado e este pita penalti que transforma o equipo visitante (isto si xenera violencia señor Tebas e non cantar puta depor). Pablo Hernández entraba por Radoja. No desconto o Celta estivo a punto de marcar cun centro chut de Álex López ao que case chega Nolito. Final en Balaídos e outra vez os incompetentes dos árbitros adulterando a peor Liga do mundo.

FICHA:
[1] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Radoja (Pablo Hernández, 88'), Augusto, Krohn-Dehli; Orellana (Álex López, 75'), Nolito e Charles (Larrivey, 84').
[1] Elxe C. F.: Tyton, Damián, Lombán, Cisma, Aarón (Rodrigues, 70'), Adrián, Coro (Álvaro, 76'), José Ángel, Víctor, Fajr e Pasalic (Cristian Herrera, 67').
Colexiado: Velasco Carballo, muy mal (menudo ladrón). Amonestou a Hugo Mallo, Fontás, Cabral, Radoja e Álex López polo Celta e a José Ángel, Cristian Herrera e Cisma polo Elxe.
Goles: 1-0, Krohn-Dehli (60'). 1-1, Lombán de penalti (87').
Estadio: Balaídos, 14.386 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio na memoria do abonado número 1 do Celta, Basilio Ferreiro, recentemente falecido.
Notas:
  • Sergio [5'5]
  • Hugo Mallo [5'5]
  • Cabral [6]
  • Fontás [6]
  • Jonny [7]
  • Radoja [5'5]
  • Pablo Hernández [-]
  • Augusto [6]
  • Krohn-Dehli [6'5]
  • Orellana [6]
  • Álex López [5'5]
  • Nolito [7]
  • Charles [6]
  • Larrivey [-]

lunes, 2 de marzo de 2015

2ª división B, xornada 27: Somozas 2 - Celta "B" 1

[Foto www.atlantico.net]
FICHA:
[2] Somozas: Marc Martínez, Álex Bao (Ares, 78'), Alfonso, Fiuza, Dopico, Edy, Juan Martínez, Héber Pena, Beitia (Rubén Gómez, 52'), Pablo Antas e Stefan (Martí, 65).
[1] Celta "B": Óscar Santiago; Kevin, Soto, De Amo (Youssef, 91'), Pablo Crespo; Borja Domínguez, Borja Fernández; Jordan, Luis Rioja (Pucheta, 73'), Señé; e Borja Iglesias (Javi Que, 79').
Colexiado: Fernández Pérez. Amonestou a De Amo, Pablo Crespo, Óscar Santiago e Soto.
Goles: 0-1, Borja Iglesias (13'). 1-1, Soto en propia porta (87'). 2-1, Edy de penalti (90').
Estadio: Manuel Candocia, uns 600 espetadores.

domingo, 1 de marzo de 2015

Lista de convocados para o Celta - Elxe

Nolito no partido da tempada pasada ante o Elxe en Balaídos
Non entran na lista Borja Oubiña e Carles Planas por lesión, Sergi Gómez por sanción e Levy Madinda por decisión técnica.
  • Eduardo "Toto" Berizzo
  • 01. Sergio Álvarez
  • 02. Hugo Mallo
  • 03. Andreu Fóntas
  • 05. Pablo Hernández
  • 06. Nemanja Radoja
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles Dias
  • 10. Manuel Agudo "Nolito"
  • 11. Joaquín Larrivey
  • 13. Rubén Blanco
  • 14. Fabián Orellana
  • 15. David Costas
  • 18. Théo Bongonda
  • 19. Jonny Castro
  • 22. Gustavo Cabral
  • 23. Michael Krohn-Dehli
  • 24. Augusto Fernández