lunes, 9 de marzo de 2015

Liga, xornada 26: Vilarreal 4 - Celta 1

O Celta cae goleado (4-1) no Madrigal e rompe unha racha de 5 partidos sen perder. A baixa de Krohn-Dehli e a fraxilidade defensiva foron claves no resultado.
Augusto foi o autor do gol celeste [www.atlantico.net]
O Celta non realizou un boa primeira metade pero o Vilarreal tampouco fixo méritos para irse ao descanso cun 2-0. O equipo local tivo unha boa oportunidade cun disparo dende dentro da área que despexa Sergio cos pés nunha gran parada. O Celta respondeu cun disparo de Nolito tras pase de Augusto que para o meta local e con outro lanzamento de Nolito de falta co mesmo resultado co anterior. O Vilarreal protestou un penalti por man de Jonny. Non minuto 41 o dianteiro local gaña a carreira a Cabral, plántase diante de Sergio e báteo por baixo. No minuto 45 Sergio despexa a saque de esquina un lanzamento de falta, e nese corner un defensa gáñalle a posición a Cabral e marca o 2-0 cun bo remate de cabeza. Na reanudación Álex López entraba por Sergi Gómez e o Celta encerrou na súa área ao Villarreal e no minuto 50 bo centro de Nolito no saque dunha falta e moi bo remate de cabeza de Augusto para poñer o 2-1. Centro de Orellana dende a esquerda, Charles controla co peito e remata de chilena parando o seu disparo o porteiro. No minuto 70 Hugo Mallo deixaba o seu posto a Bongonda e tres minutos despois gáñanlle en velocidade ao belga e o Vilarreal marca o 3-1. Pase dende o seu campo para Charles que controla, plántase diante do porteiro pero non chega a rematar e o balón recólleo o porteiro. No minuto 81 Charles íase e entraba no seu lugar Larrivey. Dous minutos despois outro erro da defensa, primeiro Bongonda e despois Cabral, e o equipo local marca o 4-1. Final e a pensar no Athletic.

FICHA:
[4] Vilarreal C. F.: Asenjo, Pina, Mussachio, Giovani (Vietto, 46'), Campbell (Mario, 71'), Dorado, Costa, Moi Gómez (Cheryshev, 60'), Rukavina, Gerard e Sergio Marcos.
[1] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo (Bongonda, 70'), Sergi Gómez (Álex López, 46'), Cabral, Fontás, Jonny; Radoja, Augusto; Orellana, Nolito e Charles (Larrivey, 81').
Colexiado: Clos Gómez, ben. Amonestou a Nolito e Fontás polo Celta.
Goles: 1-0, Giovani (41'). 2-0, Musachio (45'). 2-1, Augusto (50'). 3-1, Vietto (73'). 4-1, Gerard (83').
Estadio: O Madrigal, 14.366 espectadores.
Notas:
  • Sergio [4'5]
  • Hugo Mallo [4]
  • Bongonda [3'5]
  • Sergi Gómez [4]
  • Álex López [4]
  • Cabral [3]
  • Fontás [3]
  • Jonny [5]
  • Radoja [5'5]
  • Augusto [6'5]
  • Orellana [4'5]
  • Nolito [6]
  • Charles [3'5]
  • Larrivey [-]

No hay comentarios:

Publicar un comentario