lunes, 23 de marzo de 2015

Liga, xornada 28: Levante 0 - Celta 1

Un Celta infinitamente superior ao Levante tráese os tres puntos a Vigo gracias ao gol de Charles no minuto 85.
Charles festexando o gol [Foto www.celtavigo.net]
A primeira ocasión do partido foi para Santi Mina que arranca no seu campo e se planta diante do meta local que saca unha man prodixiosa desviando a saque de esquina. Fontás tívoa cun bo remate de cabeza a saída do corner pero sae fóra. O Levante rematou un centro por enriba do longueiro e tamén tivo un disparo dende fóra da área que sae fóra, un milagre xa que é un equipo que só xogaba a dar patadas co consentimento do árbitro J. A. Teixeira Vitienes. O Celta seguía dandolle un baño ao Levante e tras unha internada de Jonny pola esquerda, este cede a Orellana que controla na media lúa e o seu disparo se estrela no pau. Chegamos ao descanso con 0-0. Nada máis comezar parede de Nolito e Larrivey e o remate do gaditano sae rozando o pau. Krohn-Dehli tamén o intentou cun disparo que sae fóra. Remate de cabeza moi brando do Levante que atrapa Sergio. Gran xogada de Nolito que dalle un pase a Orellana, e este falla o gol a un metro da portería. Nolito intentouno cun gol olimpico pero o meta local volveu a despexar a corner. Outro centro de Nolito que Orellana só remata moi frouxo de cabeza. No minuto 73 Pablo Hernández entraba ao campo por Santi Mina e 4 minutos despois Larrivey deixaba o seu posto a Charles. Penalti claro sobre Pablo Hernández que como non podía ser doutra forma o árbitro non pita. No minuto 85 pase longo de Jonny dende o medio do campo Charles controla dentro da área e déixalla a Pablo Hernández que inventa un pase para Nolito que centra e Charles tirándose ao chan marca o 0-1. No desconto Nolito puido marcar o segundo pero outra vez o meta local despexa a saque de esquina. Final e a permanencia case conseguida.

FICHA:
[0] Levante U. D.: Mariño, Morales, Navarro, Ramis, Toño, Simao, Diop (José Mari, 55'), Xumetra (El Zhar, 66'), Barral, Rubén García (Rafael Martins, 82') e Uche.
[1] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Fontás, Cabral, Jonny; Augusto, Krohn-Dehli (Radoja, 89'); Orellana, Santi Mina (Pablo Hernández, 73'), Nolito; e Larrivey (Charles, 77').
Colexiado: J. A. Teixeira Vitienes, mal. Amonestou a Toño, Barral, Rubén García e Diop polo Levante e a Larrivey, Hugo Mallo, Berizzo e Jonny polo Celta.
Goles: 0-1, Charles (85').
Estadio: Ciutat de Valencia, 11.463 espectadores.
Notas:
  • Sergio [6]
  • Hugo Mallo [7]
  • Cabral [6]
  • Fontás [6]
  • Jonny [7'5]
  • Augusto [6'5]
  • Krohn-Dehli [7]
  • Radoja [-]
  • Orellana [6]
  • Santi Mina [6]
  • Pablo Hernández [6]
  • Nolito [8]
  • Larrivey [6'5]
  • Charles [7]

No hay comentarios:

Publicar un comentario