Outra vez un árbitro, Velasco Carballo, róuballa a vitoria ao Celta no minuto 87 inventándose un penalti totalmente inexistente. Isto si que xenera violencia.
Augusto, Fontás, Cabral e Hugo Mallo protesta o colexiado o penalti [Foto Lalo Villar] |
O primeiro tempo foi de dominio celeste, co Elche saíndo á contra. A primeira ocasión foi de Orellana que encara pola esquerda e o seu disparo dende o borde da área o despexa o porteiro visitante. O Elxe intentouno cun lanzamento de falta que sae moi alto. A ocasión máis clara da primeira metade foi nun remate de Charles de cabeza tras unha gran xogada de Orellana, Nolito e Krohn-Dehli que sae fóra por moi pouco. Seguiu o dominio vigués e a última ocasión foi un disparo dende fóra da área do Elxe que sae moi alto. Na segunda parte só houbo un equipo, o Celta, e un árbitro, con afán de protagonismo (que conseguiu). No primeiro minuto espectacular chilena de Charles ao que o porteiro visitante responde cunha gran intervención desviando a saque de esquina. Outra paradón, agora a un remate de Krohn-Dehli dende dentro da área tras pase de Nolito. Posible penalti por man dun defensa do Elxe tras disparo de Orellana, pero o señor colexiado como case sempre que é a favor do Celta di que non hai nada. Aos 60 minutos pase de Nolito para Jonny que se interna na área e o seu centro o remata Krohn-Dehli ao fondo da rede, 1-0. Outra parada de mérito do meta do Elxe a disparo de Radoja despexando a saque de esquina. No minuto 75 Orellana deixaba o seu sitio a Álex López e no 84 Charles a Larrivey. No minuto 87 centro á área do Elxe, piscinazo do xogador visitante co árbitro ao lado e este pita penalti que transforma o equipo visitante (isto si xenera violencia señor Tebas e non cantar puta depor). Pablo Hernández entraba por Radoja. No desconto o Celta estivo a punto de marcar cun centro chut de Álex López ao que case chega Nolito. Final en Balaídos e outra vez os incompetentes dos árbitros adulterando a peor Liga do mundo.
FICHA:
[1] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Radoja (Pablo Hernández, 88'), Augusto, Krohn-Dehli; Orellana (Álex López, 75'), Nolito e Charles (Larrivey, 84').
[1] Elxe C. F.: Tyton, Damián, Lombán, Cisma, Aarón (Rodrigues, 70'), Adrián, Coro (Álvaro, 76'), José Ángel, Víctor, Fajr e Pasalic (Cristian Herrera, 67').
Colexiado: Velasco Carballo, muy mal (menudo ladrón). Amonestou a Hugo Mallo, Fontás, Cabral, Radoja e Álex López polo Celta e a José Ángel, Cristian Herrera e Cisma polo Elxe.
Goles: 1-0, Krohn-Dehli (60'). 1-1, Lombán de penalti (87').
Estadio: Balaídos, 14.386 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio na memoria do abonado número 1 do Celta, Basilio Ferreiro, recentemente falecido.
Notas:
- Sergio [5'5]
- Hugo Mallo [5'5]
- Cabral [6]
- Fontás [6]
- Jonny [7]
- Radoja [5'5]
- Pablo Hernández [-]
- Augusto [6]
- Krohn-Dehli [6'5]
- Orellana [6]
- Álex López [5'5]
- Nolito [7]
- Charles [6]
- Larrivey [-]
No hay comentarios:
Publicar un comentario