lunes, 29 de septiembre de 2014

2ª división B, xornada 6: Celta "B" 1 - Tropezón 2

FICHA:
[1] Celta "B": Óscar Santiago, Kevin, Goldar, Pablo Crespo (Javi Rey, 60'), Samu, Borja Domínguez (Omar Santana, 83'), Jordan, Julio Delgado, Luis Rioja, Thaylor e Borja Iglesias (Borja Fernández, 73').
[2] Tropezón: Iván, José Ángel, Estrada (Gimeno, 63'), Bustillo, Fuentevilla, Sergio Conde (Jiménez, 73'), Luis González (Ignacio González, 63'), Juan Fresno, Rafael Prado, Alejandro e Daniel Fernández.
Colexiado: Román Román. Expulsou a Luis Rioja (93') e amonestou a Pablo Crespo, Javi Rey, Óscar Santiago e Samu.
Goles: 1-0, Luis Rioja (22'). 1-1, Javi Rey en propia porta (78'). 1-2, Juan Fresno (83').
Estadio: Barreiro, uns 800 espectadores.

sábado, 27 de septiembre de 2014

Liga, xornada 6: Elxe 0 - Celta 1

O Celta suma tres puntos en Elxe no minuto 90 tras un pase maxistral de Krohn-Dehli a Nolito e suma 12 puntos en 6 partidos, continuando sen perder nesta Liga.
Os xogadores festexando o gol de Nolito
O partido en xeral foi malo, as primeiras ocasións foron do Celta e de Nolito, con dous disparos, o primeiro o atrapou o porteiro e o segundo nun lanzamento de falta que roza o longueiro. No minuto 25 Augusto lesiónase e entra Krohn-Dehli. O Elxe só disparou unha vez nesta metade e o seu disparo o parou Sergio sen problemas. A última xogada do primeiro tempo foi a máis clara cunha internada de Orellana que dispara dende dentro da área, o meta local despexa e Nolito a manda fóra por pouco. Na segunda parte o Elxe saliu máis enchufado e tivo dúas ocasións moi claras, a primeira cun disparo que sae rozando o pau e a segunda cun remate ao longueiro tras un saque de falta. O Celta reaccionou cun pase de Krohn-Dehli para Orellana e este remata desviado. Outras duas ocasións máis do Elxe, esta vez con bastante problemas para Sergio, unha cun tiro de tacón dentro da área pequena e outra cun disparo dende fóra da área. No minuto 73 Larrivey entraba por Charles. Cando todos firmaban o empate a cero, Krohn-Dehli fai un pase maxistral por enriba da defensa que deixa a Nolito só diante do porteiro e este non perdoa. 0-1 no minuto 90. 12 puntos en 6 partidos.

FICHA:
[0] Elxe C.F.: Manu, Damián, Rocco, Lombán, Albacar, Mosquera, Rodrigues, José Ángel (Adrián, 77'), Víctor (Herrera, 89'), Fayçal (Coro, 64') e Jonathas.
[1] Celta de Vigo: Sergio; Sergi Gómez, Cabral, Fontás, Jonny; Radoja, Augusto (Krohn-Dehli, 25'), Pablo Hernández; Orellana, Nolito (Hugo Mallo, 93') e Charles (Larrivey, 73').
Colexiado: Perez Montero, regular. Amonestou a Jonathas, Rodrigues, Lombán e Adrián polo Elxe, e Radoja e Sergi Gómez polo Celta.
Goles: 0-1, Nolito (90').
Estadio: Martínez Valero, 20.900 espectadores.
Notas:
  • Sergio [6'5]
  • Sergi Gómez [6]
  • Cabral [6]
  • Fontás [7]
  • Jonny [6'5]
  • Radoja [6'5]
  • Augusto [5]
  • Krohn-Dehli [8]
  • Pablo Hernández [5]
  • Orellana [7'5]
  • Nolito [8'5]
  • Hugo Mallo [-]
  • Charles [5'5]
  • Larrivey [5]

jueves, 25 de septiembre de 2014

Lista de convocados para o Elxe - Celta

Orellana a tempada pasada en Elxe
Borja Oubiña e baixa por lesión, non entran na lista por decisión técnica David Costas e Levy Madinda. Entra na lista o xogador do filial Borja Fernández. Antes do partido o adestrador Eduardo Berizzo terá que facer un descarte xa que convocou a 19 xogadores.
  • 01. Sergio
  • 02. Hugo Mallo
  • 03. Fontás
  • 05. Pablo Hernández
  • 06. Radoja
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles
  • 10. Nolito
  • 11. Larrivey
  • 13. Rubén
  • 14. Orellana
  • 19. Jonny
  • 20. Sergi Gómez
  • 21. Planas
  • 22. Cabral
  • 23. Krohn-Dehli
  • 24. Augusto
  • 28. Borja Fernández

Horarios das xornadas 10 e 11

Xornada 10
Barcelona - Celta
Data: sábado 1 de novembro do 2014
Hora: 20:00 horas
Televisión: C+
Estadio: Camp Nou



Xornada 11
Celta - Granada
Data: sábado 8 de novembro do 2014
Hora: 22:00 horas
Televisión: Cuatro
Estadio: Balaídos

miércoles, 24 de septiembre de 2014

Liga, xornada 5: Celta 2 - Coruña 1

O Celta gaña o derbi galego ao Coruña (2-1), con goles de Nolito e Larrivey, e continua invicto nesta liga. Sergio parou un penalti no minuto 87.
Sergio no momento de parar o penalti
O Celta foi moi superior ao Coruña durante toda a primeira parte e aos 3 minutos saque de banda de Planas que peitea Larrivey, controla Nolito encara a Sidnei e Lopo e dende dentro da área bate a Lux. Aos 8 minutos Nolito pasa a Álex López e o seu lanzamento dende fóra da área sae alto. O Coruña só paraba o Celta con faltas, sempre co consentimento do colexiado. Orellana intentouno por dúas veces, a primeira cun lanzamento de falta que saliu fóra por pouco, e a segunda cun disparo dende fóra da área que buscaba a escuadra pero saliu desviado. O Coruña tirou unha soa vez a porta nos primeiros 45 minutos. Na primeira falta que cometeu Fontás (unha posible falta no medio do campo), o árbitro que deixou ao Coruña facer todas as faltas que quixeron, móstralle tarxeta amarela. A segunda parte comezou cun disparo frouxo do Coruña. O Celta respondeu cun pase de Krohn-Dehli para Nolito que é derrubado de forma clara dentro da área pero como sempre o encargado de impartir xustiza mira para outro lado. No minuto 54 Cuenca marcaba o empate ante a falta de contundencia de Hugo Mallo na defensa. O Celta volveu apoderarse do partido e Nolito obrigou a Lux a lucirse cun forte disparo dende fóra da área. Krohn-Dehli tamén buscou sorte dende o borde da área e o seu disparo saliu rozando o pau. Álex López deixaba o seu sitio a Augusto no minuto 66 e 5 minutos despois Nolito saca un corner e Larrivey remata de cabeza ao fondo da rede tras adiantarse a Sidnei e Lux. O Celta lanzou 13 saques de esquina por 4 do Coruña. Larrivey puido marcar o terceiro, tras un maxistral pase de Krohn-Dehli, pero a súa vaselina desviouna Lux. Entraba Jonny e saia Nolito a 8 minutos máis o desconto para o final e no minuto 87 penalti por man de Cabral que Sergio para a Medunjanin deixando os tres puntos en Vigo.

FICHA:
[2] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Planas; Radoja, Krohn-Dehli (Sergi Gómez, 89'), Álex López (Augusto, 66'); Orellana, Nolito (Jonny, 82') e Larrivey.
[1] Deportivo da Coruña: Lux, Laure (José Rodríguez, 77'), Lopo, Sidnei, Luisinho, Bergantiños, Medunjanin, Cuenca (Cavaleiro, 69'), Fariña (Toché, 84'), Juanfran e Postiga.
Colexiado: Del Cerro Grande, insuficiente. Amonestou a Fontás, Orellana e Larrivey polo Celta, e Luisinho, Laure e Sidnei polo Coruña.
Goles: 1-0, Nolito (3'). 1-1, Cuenca (54'). 2-1, Larrivey (71').
Estadio: Balaídos, 23.903 espectadores.
Notas:
  • Sergio [9]
  • Hugo Mallo [5]
  • Cabral [5'5]
  • Fontás [6'5]
  • Planas [6'5]
  • Radoja [8]
  • Krohn-Dehli [7]
  • Sergi Gómez [-]
  • Álex López [5]
  • Augusto [5'5]
  • Orellana [6'5]
  • Nolito [7]
  • Jonny [-]
  • Larrivey [7'5]

lunes, 22 de septiembre de 2014

Lista de convocados para o Celta - Coruña

Os xogadores do Celta festexando o primeiro gol ante o Atlético de Madrid
Borja Oubiña e baixa por lesión. Non entran na lista por decisión técnica Santi Mina, David Costas e Levy Madinda. Entra na lista o xogador do filial Borja Fernández.
  • 01. Sergio
  • 02. Hugo Mallo
  • 03. Fontás
  • 05. Pablo Hernández
  • 06. Radoja
  • 08. Álex López
  • 09. Charles
  • 10. Nolito
  • 11. Larrivey
  • 13. Rubén
  • 14. Orellana
  • 19. Jonny
  • 20. Sergi Gómez
  • 21. Planas
  • 22. Cabral
  • 23. Krohn-Dehli
  • 24. Augusto
  • 28. Borja Fernández

2ª división B, xornada 5: Zamora 0 - Celta "B" 2

FICHA:
[0] Zamora: Cantero, Dani Mateos, Prada, Fran Ochoa (Aarón Aguado, 72'), Carrillo (Gavilán, 79'), Kurbus, Carlos de la Nava (Rodri, 53'), Cristian, Arkaitz, Coque e Sergi Mut.
[2] Celta "B": Óscar Santiago, Kevin, Goldar, De Amo, Samu, Borja Domínguez, Fernán (Yelko Pino, 55'), Jordan, Javi Que (Thaylor, 66'), Luis Rioja e Julio Delgado (Pucheta, 82').
Colexiado: Fernández Pérez. Amonestou a Julio Delgado e Borja Domínguez.
Goles: 0-1, Goldar (68'). 0-2, Jordan (80').
Estadio: Ruta da Prata, uns 1.400 espectadores.

domingo, 21 de septiembre de 2014

Liga, xornada 4: Atl. Madrid 2 - Celta 2

O Celta suma un punto no campo do vixente campión e continua sen perder esta tempada. Pablo Hernández marcou o seu primeiro gol coa camisola do Celta.
Pablo Hernández festexa o seu golazo, o primeiro co Celta
A primeira parte tivo uns primeiros minutos moi igualados cunha ocasión moi clara para o Atl. de Madrid que remata fóra por moi pouco. O Celta respondeu ao campión co gol da tempada (un gol que se o marcase Messi ou C. Ronaldo estarían a falar del toda a vida pero como o marcou un xogador do Celta procurarán non darlle moito bombo) centro dende o medio do campo de Planas e cando parecía que Pablo Hernández non chegaba este remata de costas coa espora cambiando a taxectoria do balón e poñendo o 0-1 no electrónico. O campión tirou de orgullo e puido empatar en dous remates de Griezmann, o primeiro saliu fóra e o segundo despexouno Sergio a saque de esquina cunha gran intervención tras un remate de cabeza dentro da área pequena. Despois outro paradón de Sergio no man a man co atacante local e como non podía ser doutro xeito o Atl. de Madrid empatou a balón parado, como sempre, falta lateral que remata un defensa só, tras fallar Larrivey a marca, minuto 30. Dez minutos despois outra vez a balón parado e tras erro de Hugo Mallo na marcaxe o Atlético dáballe a volta ao marcador. Co 2-1 chegamos ao descanso. Na reanudación entraba Nolito por Álex López. O Celta saliu a polo empate e a primeira ocasión tívoa Hugo Mallo nada máis comezar tras un pase de Orellana pero o seu remate o para o meta local con algún problema. No minuto 52 pase de Nolito para Planas que fai un regate espectacular dentro da área e penalti claro que o colexiado sinala e transforma Nolito no empate a dous. O Atlético marcou un terceiro gol a balón parado pero en fóra de xogo. Sergio volveu salvar o Celta con outro paradón tras remate dentro da área. Berizzo fortalecía o xogo aéreo coa entrada de Sergi Gómez por Pablo Hernández, minuto 70. Outra parada de Sergio tras un centro envelenado. Sergio outra vez despexa a corner un remate dentro da área pequena, demostrando que é un porteiro moi valido para a primeira división, e espero que calando bocas a unha parte de celtistas de pacotilla que van a Balaídos a criticar en vez de animar. No minuto 88 Krohn-Dehli abandoaba o terreo de xogo e entraba Jonny. Remate fóra do equipo local e outro gol anulado por fóra de xogo. 2-2 e agora a pensar no derbi.

FICHA:
[2] Atlético de Madrid: Moyá, Juanfran, Miranda, Godín, Ansaldi, Gabi, Tiago, Koke, Arda Turan, Griezmann (Raúl García, 63') e Raúl Jiménez (Cerci, 81').
[2] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Planas; Radoja, Krohn-Dehli (Jonny, 88'), Álex López (Nolito, 46'); Orellana, Pablo Hernández (Sergi Gómez, 70') e Larrivey.
Colexiado: Martínez Munuera, ben. Amonestou a Miranda polo Atlético, e Cabral, Orellana e Sergi Gómez polo Celta.
Goles: 0-1, Pablo Hernández (18'). 1-1, Miranda (30'). 2-1, Godín (40'). 2-2, Nolito de penalti (52').
Estadio: Vicente Calderón, uns 48.000 espectadores.
Notas:
  • Sergio [9]
  • Hugo Mallo [5'5]
  • Cabral [6]
  • Fontás [6]
  • Planas [7]
  • Radoja [6]
  • Krohn-Dehli [5'5]
  • Jonny [-]
  • Álex López [5]
  • Nolito [6]
  • Orellana [6'5]
  • Pablo Hernández [6]
  • Sergi Gómez [5]
  • Larrivey [5]

viernes, 19 de septiembre de 2014

Lista de convocados para o Atl. Madrid - Celta

Álex López e Fontás no partido da tempada pasada no Vicente Calderon
Son baixa por lesión Borja Oubiña e Augusto Fernández. Non entra na lista por decisión técnica David Costas. Entra na lista o xogador do filial Borja Fernández.
  • 01. Sergio
  • 02. Hugo Mallo
  • 03. Fontás
  • 05. Pablo Hernández
  • 06. Radoja
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles
  • 10. Nolito
  • 11. Larrivey
  • 13. Rubén
  • 14. Orellana
  • 17. Madinda
  • 19. Jonny
  • 20. Sergi Gómez
  • 21. Planas
  • 22. Cabral
  • 23. Krohn-Dehli
  • 28. Borja Fernández

domingo, 14 de septiembre de 2014

2ª división B, xornada 4: Celta "B" 0 - Astorga 2

FICHA:
[0] Celta "B": Óscar Santiago, Kevin (Yelko Pino, 61'), Goldar, De Amo, Samu, Borja Domínguez (Javi Que, 79'), Javi Rey, Julio Delgado (Fernán, 46'),Jordan, Luis Rioja e Borja Iglesias.
[2] Astorga: Luis, Cristian, Antonio, Víctor, Lago, Porfirio, Rubén, Diego (Bandera, 71'), Taranilla (Uña, 84'), Vales e Borja (Asier, 89').
Colexiado: Moreno Aragón. Amonestou a Goldar.
Goles: 0-1, Diego (29'). 0-2, Vales (94').
Estadio: Barreiro, uns 1.000 espectadores.

Liga, xornada 3: Celta 2 - R. Sociedade 2

O Celta perde dous puntos ante a R. Sociedade, nun partido que comezou gañando 2-0 e que lle empataron no minuto 91 cun gol en propia meta.
Orellana tras marcar o primeiro gol
A primeira parte foi un monólogo absoluto do Celta onde a Real Sociedade só creou unha acción de perigo nos primeiros minutos onde Sergio realizou unha gran intervención nun remate de cabeza do dianterio só ao borde da área pequena. A primeira ocasión de gol clara tívoa Álex López que tras un centro de Planas dende a esquerda non acerta a rematar dentro da área con toda a porta para el. No minuto 27 centro de Krohn-Dehli dende a esquerda e perfecto remate picado de cabeza de Orellana que convertese no 1-0. Larrivey tamén de cabeza e tras un saque de esquina puido marcar o segundo gol pero o seu remate saliu fóra por moi pouco. Tamén o intentou Nolito pero o seu disparo atrapouno o meta visitante sen problemas. Co dominio celeste chegamos ao descanso. Nada máis empezar a segunda metade, no minuto 47, centro de Nolito que remata Larrivey, o seu disparo estrélase no pau e marca no rexeite, 2-0. Saque de falta lateral de Orellana e Larrivey só remata de cabeza moi brando as mans do porteiro. No minuto 65 Álex López deixa o seu sitio a Pablo Hernández e 4 minutos despois mala saída de Sergio cos pés que controla a Real Sociedade, dispara dende fóra da área, Sergio despexa e o reite o manda ao fondo da rede o dianteiro vasco. No minuto 74 Cabral retírase lesionado, entrando no seu lugar Sergi Gómez. A Real buscaba o empate e tívoo en dous remates de cabeza que saíron fóra por pouco, pero a máis clara foi cun disparo que estrelouse no pau esquerdo de Sergio. Terceiro troco no Celta, Larrivey sae e entra Charles, minuto 82. A Real seguíao intentando ata que o conseguiu no minuto 91 cun centro dende a dereita que Jonny introduce na súa porta. Un minuto despois Sergio salvou o empate cun paradón.

FICHA:
[2] Celta de Vigo: Sergio; Jonny, Cabral (Sergi Gómez, 74'), Fontás, Planas; Radoja, Álex López (Pablo Hernández, 65'), Krohn-Dehli; Orellana, Nolito e Larrivey (Charles, 82').
[2] Real Sociedade: Zubikarai, Elustondo, Bergara (Gaztañaga, 77'), Martínez, Granero, Prieto, Vela (Chory Castro, 58'), Pardo (Agirretxe, 58'), Canales, Zaldúa e De la Bella.
Colexiado: Hernández Hernández, normal. Amonestou a Nolito polo Celta, e Canales, Zaldúa, Bergara e Agirretxe pola Real Sociedade.
Goles: 1-0, Orellana (27'). 2-0, Larrivey (47'). 2-1, Agirretxe (69'). 2-2, Jonny en propia porta (91').
Estadio: Balaídos, 19.385 espectadores.
Notas:
  • Sergio [5'5]
  • Jonny [5'5]
  • Cabral [6'5]
  • Sergi Gómez [5]
  • Fontás [6]
  • Planas [5]
  • Radoja [5'5]
  • Álex López [5'5]
  • Pablo Hernández [4'5]
  • Krohn-Dehli [7]
  • Orellana [7'5]
  • Nolito [6]
  • Larrivey [7'5]
  • Charles [-]

viernes, 12 de septiembre de 2014

Lista de convocados para o Celta - R. Sociedade

Os xogadores do Celta ao remate do encontro da tempada pasada
Son baixa por lesión Borja Oubiña e Augusto Fernández, non entran na lista por decisión técnica David Costas e Levy Madinda. Entra na lista o xogador do filial Borja Fernández.
  • 01. Sergio
  • 02. Hugo Mallo
  • 03. Fontás
  • 05. Pablo Hernández
  • 06. Radoja
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles
  • 10. Nolito
  • 11. Larrivey
  • 13. Rubén
  • 14. Orellana
  • 19. Jonny
  • 20. Sergi Gómez
  • 21. Planas
  • 22. Cabral
  • 23. Krohn-Dehli
  • 28. Borja Fernández

Horario da xornada 9

Xornada 9
Celta - Levante
Data: venres 24 de outubro do 2014
Hora: 21:00 horas
Televisión: C+ Liga / Gol TV
Estadio: Balaídos

lunes, 8 de septiembre de 2014

2ª división B, xornada 3: Murcia 0 - Celta "B" 1

FICHA:
[0] Murcia: Fernando, Jose, Pibe, Jaume, Pumar, Acciari (Gerard, 68'), Albiol (Jairo, 61'), Armando, Arturo, Rubén Sánchez e Carrilo (Xavi Marqués, 79').
[1] Celta "B": Óscar Santiago, Kevin (Casas, 60'), Goldar, De Amo, Samu, Javi Rey, Jordan, Brais Méndez (Borja Domínguez, 58'), Luis Rioja (Fernán, 80'), Julio Delgado e Borja Iglesias.
Colexiado: López López. Amonestou a Kevin e Óscar Santiago.
Goles: 0-1, Luis Rioja, (63').
Estadio: Nova Condomina, 5.107 espectadores.

sábado, 6 de septiembre de 2014

Amigable: Sp. Braga 1 - Celta 4

Un Celta con 10 xogadores dende o minuto 18, pola expulsión de Cabral, remonta e acaba goleando ao Sp. Braga por 4-1.
Santi Mina tras marcar gol
FICHA:
[1] Sp. Braga: Matheus (Kritciuk, 63'), Sasso (Pedro Santos, 57'), Tiago Gomes, Boly (André Pinto, 63'), Salvador, Luiz Carlos, Sami, Baiano (Didi, 70'), Custodio (Santos, 57'), Alan e Pardo.
[4] Celta: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Samu (Pablo Crespo, 46'); Santi Mina, Borja Fernández, Pablo Hernández (Brais, 80'), Nolito (Pucheta, 67'); Charles (Pape, 75') e Larrivey (Costas, 30').
Colexiado: Óscar López Rodríguez. Expulsou con tarxeta vermella directa a Cabral (18') e amonestou a Larrivey, Nolito e Costas polo Celta, e Sami polo Sp. Braga.
Goles: 1-0, Alan de penalti (22'). 1-1, Nolito (29'). 1-2, Nolito de penalti (33'). 1-3, Santi Mina (39'). 1-4, Charles (62').
Estadio: A Senra (Ribadumia), uns 2.000 espectadores.

Horarios das xornadas 7 e 8

Xornada 7
Celta - Vilarreal
Data: domingo 5 de outubro do 2014
Hora: 17:00 horas
Televisión: C+ Liga / Gol TV
Estadio: Balaídos



Xornada 8
Athletic - Celta
Data: sábado 18 de outubro do 2014
Hora: 18:00 horas
Televisión: C+ Liga / Gol TV
Estadio: San Mamés

lunes, 1 de septiembre de 2014

2ª división B, xornada 2: Celta "B" 5 - Langreo 0

FICHA:
[5] Celta "B": Óscar Santiago, Goldar, De Amo, Pablo Crespo, Samu, Javi Rey, Borja Domínguez (Pape, 73'), Jordan, Luis Rioja (Yelko Pino, 61'), Julio Delgado e Borja Iglesias (Thaylor, 61').
[0] Langreo: Javi Díaz, Esteban, Manu Blanco, Otero, Muño (Robert, 45'), Mendi (Borja Fernández, 62'), Hevia, Méndez, Ortiz (Rubo, 69'), Robi e Acebal.
Colexiado: Muñoz Piedra, amonestou a Samu.
Goles: 1-0, Luis Rioja (5'). 2-0, Julio Delgado (30'). 3-0, Borja Iglesias (41'). 4-0, Jordan (55'). 5-0, Pape (79').
Estadio: Barreiro, uns 1.000 espectadores.