sábado, 27 de septiembre de 2014

Liga, xornada 6: Elxe 0 - Celta 1

O Celta suma tres puntos en Elxe no minuto 90 tras un pase maxistral de Krohn-Dehli a Nolito e suma 12 puntos en 6 partidos, continuando sen perder nesta Liga.
Os xogadores festexando o gol de Nolito
O partido en xeral foi malo, as primeiras ocasións foron do Celta e de Nolito, con dous disparos, o primeiro o atrapou o porteiro e o segundo nun lanzamento de falta que roza o longueiro. No minuto 25 Augusto lesiónase e entra Krohn-Dehli. O Elxe só disparou unha vez nesta metade e o seu disparo o parou Sergio sen problemas. A última xogada do primeiro tempo foi a máis clara cunha internada de Orellana que dispara dende dentro da área, o meta local despexa e Nolito a manda fóra por pouco. Na segunda parte o Elxe saliu máis enchufado e tivo dúas ocasións moi claras, a primeira cun disparo que sae rozando o pau e a segunda cun remate ao longueiro tras un saque de falta. O Celta reaccionou cun pase de Krohn-Dehli para Orellana e este remata desviado. Outras duas ocasións máis do Elxe, esta vez con bastante problemas para Sergio, unha cun tiro de tacón dentro da área pequena e outra cun disparo dende fóra da área. No minuto 73 Larrivey entraba por Charles. Cando todos firmaban o empate a cero, Krohn-Dehli fai un pase maxistral por enriba da defensa que deixa a Nolito só diante do porteiro e este non perdoa. 0-1 no minuto 90. 12 puntos en 6 partidos.

FICHA:
[0] Elxe C.F.: Manu, Damián, Rocco, Lombán, Albacar, Mosquera, Rodrigues, José Ángel (Adrián, 77'), Víctor (Herrera, 89'), Fayçal (Coro, 64') e Jonathas.
[1] Celta de Vigo: Sergio; Sergi Gómez, Cabral, Fontás, Jonny; Radoja, Augusto (Krohn-Dehli, 25'), Pablo Hernández; Orellana, Nolito (Hugo Mallo, 93') e Charles (Larrivey, 73').
Colexiado: Perez Montero, regular. Amonestou a Jonathas, Rodrigues, Lombán e Adrián polo Elxe, e Radoja e Sergi Gómez polo Celta.
Goles: 0-1, Nolito (90').
Estadio: Martínez Valero, 20.900 espectadores.
Notas:
  • Sergio [6'5]
  • Sergi Gómez [6]
  • Cabral [6]
  • Fontás [7]
  • Jonny [6'5]
  • Radoja [6'5]
  • Augusto [5]
  • Krohn-Dehli [8]
  • Pablo Hernández [5]
  • Orellana [7'5]
  • Nolito [8'5]
  • Hugo Mallo [-]
  • Charles [5'5]
  • Larrivey [5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario