domingo, 21 de septiembre de 2014

Liga, xornada 4: Atl. Madrid 2 - Celta 2

O Celta suma un punto no campo do vixente campión e continua sen perder esta tempada. Pablo Hernández marcou o seu primeiro gol coa camisola do Celta.
Pablo Hernández festexa o seu golazo, o primeiro co Celta
A primeira parte tivo uns primeiros minutos moi igualados cunha ocasión moi clara para o Atl. de Madrid que remata fóra por moi pouco. O Celta respondeu ao campión co gol da tempada (un gol que se o marcase Messi ou C. Ronaldo estarían a falar del toda a vida pero como o marcou un xogador do Celta procurarán non darlle moito bombo) centro dende o medio do campo de Planas e cando parecía que Pablo Hernández non chegaba este remata de costas coa espora cambiando a taxectoria do balón e poñendo o 0-1 no electrónico. O campión tirou de orgullo e puido empatar en dous remates de Griezmann, o primeiro saliu fóra e o segundo despexouno Sergio a saque de esquina cunha gran intervención tras un remate de cabeza dentro da área pequena. Despois outro paradón de Sergio no man a man co atacante local e como non podía ser doutro xeito o Atl. de Madrid empatou a balón parado, como sempre, falta lateral que remata un defensa só, tras fallar Larrivey a marca, minuto 30. Dez minutos despois outra vez a balón parado e tras erro de Hugo Mallo na marcaxe o Atlético dáballe a volta ao marcador. Co 2-1 chegamos ao descanso. Na reanudación entraba Nolito por Álex López. O Celta saliu a polo empate e a primeira ocasión tívoa Hugo Mallo nada máis comezar tras un pase de Orellana pero o seu remate o para o meta local con algún problema. No minuto 52 pase de Nolito para Planas que fai un regate espectacular dentro da área e penalti claro que o colexiado sinala e transforma Nolito no empate a dous. O Atlético marcou un terceiro gol a balón parado pero en fóra de xogo. Sergio volveu salvar o Celta con outro paradón tras remate dentro da área. Berizzo fortalecía o xogo aéreo coa entrada de Sergi Gómez por Pablo Hernández, minuto 70. Outra parada de Sergio tras un centro envelenado. Sergio outra vez despexa a corner un remate dentro da área pequena, demostrando que é un porteiro moi valido para a primeira división, e espero que calando bocas a unha parte de celtistas de pacotilla que van a Balaídos a criticar en vez de animar. No minuto 88 Krohn-Dehli abandoaba o terreo de xogo e entraba Jonny. Remate fóra do equipo local e outro gol anulado por fóra de xogo. 2-2 e agora a pensar no derbi.

FICHA:
[2] Atlético de Madrid: Moyá, Juanfran, Miranda, Godín, Ansaldi, Gabi, Tiago, Koke, Arda Turan, Griezmann (Raúl García, 63') e Raúl Jiménez (Cerci, 81').
[2] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Planas; Radoja, Krohn-Dehli (Jonny, 88'), Álex López (Nolito, 46'); Orellana, Pablo Hernández (Sergi Gómez, 70') e Larrivey.
Colexiado: Martínez Munuera, ben. Amonestou a Miranda polo Atlético, e Cabral, Orellana e Sergi Gómez polo Celta.
Goles: 0-1, Pablo Hernández (18'). 1-1, Miranda (30'). 2-1, Godín (40'). 2-2, Nolito de penalti (52').
Estadio: Vicente Calderón, uns 48.000 espectadores.
Notas:
  • Sergio [9]
  • Hugo Mallo [5'5]
  • Cabral [6]
  • Fontás [6]
  • Planas [7]
  • Radoja [6]
  • Krohn-Dehli [5'5]
  • Jonny [-]
  • Álex López [5]
  • Nolito [6]
  • Orellana [6'5]
  • Pablo Hernández [6]
  • Sergi Gómez [5]
  • Larrivey [5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario