miércoles, 24 de septiembre de 2014

Liga, xornada 5: Celta 2 - Coruña 1

O Celta gaña o derbi galego ao Coruña (2-1), con goles de Nolito e Larrivey, e continua invicto nesta liga. Sergio parou un penalti no minuto 87.
Sergio no momento de parar o penalti
O Celta foi moi superior ao Coruña durante toda a primeira parte e aos 3 minutos saque de banda de Planas que peitea Larrivey, controla Nolito encara a Sidnei e Lopo e dende dentro da área bate a Lux. Aos 8 minutos Nolito pasa a Álex López e o seu lanzamento dende fóra da área sae alto. O Coruña só paraba o Celta con faltas, sempre co consentimento do colexiado. Orellana intentouno por dúas veces, a primeira cun lanzamento de falta que saliu fóra por pouco, e a segunda cun disparo dende fóra da área que buscaba a escuadra pero saliu desviado. O Coruña tirou unha soa vez a porta nos primeiros 45 minutos. Na primeira falta que cometeu Fontás (unha posible falta no medio do campo), o árbitro que deixou ao Coruña facer todas as faltas que quixeron, móstralle tarxeta amarela. A segunda parte comezou cun disparo frouxo do Coruña. O Celta respondeu cun pase de Krohn-Dehli para Nolito que é derrubado de forma clara dentro da área pero como sempre o encargado de impartir xustiza mira para outro lado. No minuto 54 Cuenca marcaba o empate ante a falta de contundencia de Hugo Mallo na defensa. O Celta volveu apoderarse do partido e Nolito obrigou a Lux a lucirse cun forte disparo dende fóra da área. Krohn-Dehli tamén buscou sorte dende o borde da área e o seu disparo saliu rozando o pau. Álex López deixaba o seu sitio a Augusto no minuto 66 e 5 minutos despois Nolito saca un corner e Larrivey remata de cabeza ao fondo da rede tras adiantarse a Sidnei e Lux. O Celta lanzou 13 saques de esquina por 4 do Coruña. Larrivey puido marcar o terceiro, tras un maxistral pase de Krohn-Dehli, pero a súa vaselina desviouna Lux. Entraba Jonny e saia Nolito a 8 minutos máis o desconto para o final e no minuto 87 penalti por man de Cabral que Sergio para a Medunjanin deixando os tres puntos en Vigo.

FICHA:
[2] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Planas; Radoja, Krohn-Dehli (Sergi Gómez, 89'), Álex López (Augusto, 66'); Orellana, Nolito (Jonny, 82') e Larrivey.
[1] Deportivo da Coruña: Lux, Laure (José Rodríguez, 77'), Lopo, Sidnei, Luisinho, Bergantiños, Medunjanin, Cuenca (Cavaleiro, 69'), Fariña (Toché, 84'), Juanfran e Postiga.
Colexiado: Del Cerro Grande, insuficiente. Amonestou a Fontás, Orellana e Larrivey polo Celta, e Luisinho, Laure e Sidnei polo Coruña.
Goles: 1-0, Nolito (3'). 1-1, Cuenca (54'). 2-1, Larrivey (71').
Estadio: Balaídos, 23.903 espectadores.
Notas:
  • Sergio [9]
  • Hugo Mallo [5]
  • Cabral [5'5]
  • Fontás [6'5]
  • Planas [6'5]
  • Radoja [8]
  • Krohn-Dehli [7]
  • Sergi Gómez [-]
  • Álex López [5]
  • Augusto [5'5]
  • Orellana [6'5]
  • Nolito [7]
  • Jonny [-]
  • Larrivey [7'5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario