lunes, 28 de abril de 2014

2ª división B, xornada 36: Burgos 3 - Celta "B" 3

O Celta "B" empata a tres goles ante o Burgos no Plantío e consuma o seu descenso a Terceira División.
Ficha:
Alineación: Rubén, Kevin (Javi Rey, 84'), Soto, David Costas, Maceira, Borja Domínguez, Borja Fernández (Jordan, 84'), Yelko Pino, Fernán (Marcos Torres, 68'), Aitor e Borja Iglesias.
Goles: 0-1, Aitor (11'). 0-2, Borja Iglesias (33'). 1-2, Cerrajería (52'). 2-2, Arkaitz (71'). 3-2, Gallardo (77'). 3-3, Maceira (78').
Colexiado: Abad Esteban, amonestou a Borja Domínguez, Borja Iglesias e ao adestrador David de Dios.
Estadio: O Plantío, uns 2.000 espectadores.

Lista de convocados para o Celta - Valladolid

A xogada que cambiou o partido da primeira volta, expulsión de Charles
Non entran na lista de convocados por decisión técnica Álex López, Welliton e David Costas.
  • 01 ¬ Sergio
  • 02 ¬ Hugo Mallo
  • 03 ¬ Fontás
  • 04 ¬ Oubiña
  • 09 ¬ Bermejo
  • 10 ¬ Nolito
  • 11 ¬ Charles
  • 12 ¬ Rafinha
  • 13 ¬ Yoel
  • 14 ¬ Orellana
  • 15 ¬ Aurtenetxe
  • 17 ¬ Madinda
  • 19 ¬ Jonny
  • 21 ¬ Íñigo López
  • 22 ¬ Cabral
  • 23 ¬ Krohn-Dehli
  • 24 ¬ Augusto
  • 29 ¬ Santi Mina

viernes, 25 de abril de 2014

Un minuto de silencio por Tito Vilanova

-Nome:
Francesc "Tito" Vilanova Bayo
-Data e lugar de nacemento:
17 de setembro de 1968, Bellcaire d'Empordà (Xirona)
-Data e lugar de falecemento:
25 de abril de 2014, Barcelona
-Posición:
Medio
-Tempadas:
3 (1992 - 1995)
-Partidos e goles:
29 partidos / 1 gol
-Traxectoria:
·Barcelona "B" (1988 - 1990)
·Figueres (1990 - 1992)
·Celta (1992 - 1995)
·Badaxoz (1995 - 1996)
·Mallorca (1996 - 1997)
·Lleida (1997 - 1998)
·Elxe (1998 - 2000)
·Gramanet (2000 - 2002)

domingo, 20 de abril de 2014

Liga, xornada 34: Almería 2 - Celta 4

O Celta segue co seu idilio en terras andaluzas (5 victorias en 5 partidos) e golea o Almería por 2 a 4, asegurando salvo catástrofe a permanencia a falta de 4 xornadas para rematar a liga.
Charles, Nolito e Jonny festexan un dos catro tantos
O Celta, como vén sendo habitual nos primeiros minutos de cada partido sae durmido e a punto estivo de recibir dous goles, en dous pases longos con dous remates de Rodri, un fóra e outro ao pau. A partir de aquí o Celta fíxose dono do partido e empezou a crear perigo sobre todo nunha ocasión de Nolito que o ex porteiro do Celta, Esteban, desbaratou cunha gran intervención. No minuto 18 o Celta marca o 0-1 nunha gran xogada de Rafinha dentro da área que senta o defensa cun cano e o seu disparo / centro lle cae a Nolito que controla e bate a Esteban. A continuación Álex López puido ampliar a conta con dous disparos dende fóra da área que despexou Esteban. Dominio absoluto celeste, pero o Almería ía empatar o partido no minuto 39 nun saque rápido dunha falta que pilla durmida á defensa e Rodri dende o chan, agora si, bate a Yoel. Ao descanso empate a un. A segunda parte empeza coa entrada de Madinda por Álex López e aos cinco minutos xogada individual de Orellana que pasa a Nolito (en fóra de xogo) e este cede a Charles para poñer o 1 a 2 no marcador. Segundo cambio no Celta, retírase Charles e entra Mario Bermejo, minuto 66. O terceiro gol chegou nun pase de Hugo Mallo para Orellana que centra para que Nolito marque a porta baleira o seu segundo gol do partido. Pase medido de Rafinha para Orellana que rompe á defensa, vaise do porteiro e marca o 1 a 4. Retírase Rafinha e entra Íñigo López. No minuto 88 o Almería marcaba o seu segundo gol por mediación do ex céltico Óscar Díaz cun gran lanzamento dende fóra da área que se coa pola escuadra. Final do partido e agora a gañar ao Valladolid en Balaídos e asegurar matemáticamente a permanencia.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Rafinha (Íñigo López, 77'), Krohn-Dehli, Álex López (Madinda, 46'); Orellana, Charles (Bermejo, 66') e Nolito.
Goles: 0-1, Nolito (18'). 1-1, Rodri (39'). 1-2, Charles (50'). 1-3, Nolito (71'). 1-4, Orellana (75'). 2-4, Óscar Díaz (88').
Colexiado: Muñiz Fernández, regular.
Estadio: Xogos do Mediterráneo, uns 12.000 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Aprobado. 3.
  • Hugo Mallo. Firme. 3.
  • Cabral. Suficiente. 2.
  • Fontás. Competente. 3.
  • Jonny. Soberbio. 4.
  • Rafinha. Asistente. 12.
  • Krohn-Dehli. Ben. 3.
  • Álex López. Empeño. 3.
  • Orellana. Notable. 13.
  • Charles. Loitador. 7.
  • Nolito. Goleador. 18.
  • Madinda. Firme. 3.
  • Bermejo. Normal. 3.
  • Íñigo López. Minutos. 2.
*Reparto de puntos en estadísticas.

sábado, 19 de abril de 2014

Lista de convocados para o Almería - Celta

Os xogadores celebrando un gol no encontro de Balaídos
Augusto e Welliton son baixa por lesión. Aurtenetxe é baixa por sanción. Entra na lista de convocados o xogador do filial Javi Rey. A convocatoria fórmana 19 xogadores, polo que o adestrador Luis Enrique deberá descartar antes do partido a outro xogador.
  • 01 ¬ Sergio
  • 02 ¬ Hugo Mallo
  • 03 ¬ Fontás
  • 04 ¬ Oubiña
  • 08 ¬ Álex López
  • 09 ¬ Bermejo
  • 10 ¬ Nolito
  • 11 ¬ Charles
  • 12 ¬ Rafinha
  • 13 ¬ Yoel
  • 14 ¬ Orellana
  • 17 ¬ Madinda
  • 19 ¬ Jonny
  • 21 ¬ Íñigo López
  • 22 ¬ Cabral
  • 23 ¬ Krohn-Dehli
  • 29 ¬ Santi Mina
  • 30 ¬ David Costas
  • 33 ¬ Javi Rey

lunes, 14 de abril de 2014

2ª división B, xornada 34: Oviedo 5 - Celta "B" 1

O Celta "B", que acabou con 9 xogadores polas expulsións de Goldar e Antón, cae goleado por 5 goles a 1 ante o Oviedo e di adeus á segunda B salvo milagre de última hora.
Ficha:
Alineación: Rubén, Kevin, Soto, Goldar, Maceira, Borja Domínguez, Antón, Marcos Torres (Aitor, 60'), Yelko Pino (Pablo Crespo, 72'), Fernán (Thaylor, 60') e Borja Iglesias.
Goles: 1-0, Susaeta (28'). 2-0, Susaeta (39'). 3-0, Señé (63'). 4-0, Susaeta de penalti (70'). 4-1, Borja Iglesias (71'). 5-1, Sergio Díaz (+90').
Colexiado: Jiménez González, amonestou a Goldar, Soto, Antón e Óscar Santiago, e expulsou por dobre amarela a Goldar (64') e por vermella directa a Antón (69').
Estadio: Carlos Tartiere, 7.126 espectadores.

domingo, 13 de abril de 2014

Liga, xornada 33: Celta 2 - R. Sociedade 2

O Celta tira de orgullo e salva un punto ante a Real Sociedade a pesar de xogar cun home menos toda a segunda parte pola expulsión de Aurtenetxe no minuto 47.
Os xogadores do Celta o remate do partido
O partido empezou cunha ocasión para cada equipo, a do Celta cun disparo de Krohn-Dehli e a da Real Sociedade cun remate de cabeza de Canales. Aos 7 minutos Canales marcaba cun forte disparo dende fóra da área no que Yoel puido facer algo máis. Tras o gol a Real se apodero do partido e puido facer o segundo nun remate de cabeza á saída dun corner de Íñigo Martínez. O Celta espertou a partir do minuto 25 onde comezou a crear ocasións, primeiro Bermejo cun disparo franco dentro da área que sae desviado, despois Nolito tras un gran pase de Krohn-Dehli no que Bravo realiza un paradon e outra do propio Krohn-Dehli cun lanzamento dende fóra da área que despexa Bravo con dificultade. Aos 35 minutos prodúcese a xogada do partido, pase de Augusto para Bermejo dentro da área e este é derrubado por Íñigo Martínez, o colexiado pita penalti (moi claro) pero incomprensiblemente mira para outro lado e non se atreve a sacarlle a segunda amarela ao defensa donostiarra (dobre rareso á hora de sacar tarxetas unha vez máis). Nolito transforma o penalti e establece o empate a un gol. No minuto 43 a Real Sociedade colga o balón dende o centro do campo á área do Celta, Hugo Mallo defende mal, o atacante donostiarra peitea o balón ao centro da área e erra primeiro Cabral e despois Aurtenetxe e Griezmann volve desnivelar o marcador, 1-2. Nada máis iniciarse a segunda metade o árbitro expulsa a Aurtenetxe con tarxeta vermella directa tras unha dura entrada no campo da Real Sociedade (repito dobre rasero coas tarxeta xa que se lle saca tarxeta amarela non tivese pasado nada), minuto 47. Pouco despois pase longo cara á área do Celta, Jonny falla no despexe e Griezmann perdoa a sentenza. Nolito intentouno cun lanzamento directo de falta pero Bravo atrapou o esférico. No minuto 60 dobre cambio no Celta, retíranse Augusto e Bermejo e entran Orellana e Santi Mina. No minuto 68 Cabral intercepta unha contra clara da Real Sociedade, recibindo un forte golpe e sendo sustituído dous minutos despois por Íñigo López. O Celta conseguía o premio do empate aos 81 minutos obra de Santi Mina (curiosamente os seus tres goles co primeiro equipo foron a equipos vascos) tras un pase de Orellana dentro da área. Pero o Celta aínda puido marcar o terceiro e desnivelar o marcador nunha gran xogada de Orellana dende a esquerda que encara os defensas donostiarras, os senta e o seu disparo o despexa Bravo. Un punto que pode ser de ouro xa que os seguintes partidos son ante rivais directos, Almería, Valladolid e Osasuna.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral (Íñigo López, 70'), Aurtenetxe, Jonny; Augusto (Orellana, 60'), Fontás, Krohn-Dehli; Rafinha, Bermejo (Santi Mina, 60') e Nolito.
Goles: 0-1, Canales (7'). 1-1, Nolito de penalti (37'). 1-2, Griezmann (43'). 2-2, Santi Mina (81').
Colexiado: Estrada Fernández, mal (como sempre). Amonestou a Hugo Mallo, Bermejo e Cabral. Expulsou con tarxeta vermella directa a Aurtenetxe (47').
Estadio: Balaídos, 20.839 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio polo ex médico do Celta Juan José Crespo Salgado.
Puntuación:
  • Yoel. Inseguro. 2.
  • Hugo Mallo. Suficiente. 1.
  • Cabral. Lesionado. 1.
  • Aurtenetxe. Expulsado. 0.
  • Jonny. Regular. 2.
  • Augusto. Loitador. 3.
  • Fontás. Normal. 2.
  • Krohn-Dehli. Ben. 3.
  • Rafinha. Irregular. 2.
  • Bermejo. Capitán. 2.
  • Nolito. Gol. 9.
  • Orellana. Asistente. 12.
  • Santi Mina. Revulsivo. 12.
  • Íñigo López. Seguro. 4.
*Reparto de puntos en estadísticas.

sábado, 12 de abril de 2014

Lista de convocados para o Celta - R. Sociedade

Once inicial do partido de Anoeta
Álex López é baixa por lesión. David Costas é baixa por sanción. Non entra na lista de convocados por decisión técnica Welliton.
  • 01 ¬ Sergio
  • 02 ¬ Hugo Mallo
  • 03 ¬ Fontás
  • 04 ¬ Oubiña
  • 09 ¬ Bermejo
  • 10 ¬ Nolito
  • 11 ¬ Charles
  • 12 ¬ Rafinha
  • 13 ¬ Yoel
  • 14 ¬ Orellana
  • 15 ¬ Aurtenetxe
  • 17 ¬ Madinda
  • 19 ¬ Jonny
  • 21 ¬ Íñigo López
  • 22 ¬ Cabral
  • 23 ¬ Krohn-Dehli
  • 24 ¬ Augusto
  • 29 ¬ Santi Mina

Horarios das xornadas 35, 36, 37 e 38

Xornada 35:
Celta - Valladolid
Data: luns 28 de abril do 2014
Hora: 22:00 horas
Estadio: Balaídos
Xornada 36:
Osasuna - Celta
Data: sábado 3 de maio do 2014
Hora: 20:00 horas
Estadio: O Sadar
Xornada 37:
Celta - R. Madrid
Data: domingo 11 de maio do 2014
Hora: 20:00 19:00 horas
Estadio: Balaídos
Nota: esta xornada pode sufrir variación se Celta e R. Madrid non se xogan nada.

Xornada 38:
Valencia - Celta
Data: domingo 18 de maio do 2014
Hora: 20:00 horas
Estadio: Mestalla
Nota: esta xornada pode sufrir variación se Valencia e Celta non se xogan nada.

lunes, 7 de abril de 2014

2ª división B, xornada 33: Celta "B" 1 - Sp. Xixón "B" 2

Máxima condena para o Celta "B" que encaixa dous goles no desconto, minutos 92 e 94, e prácticamente queda sentenciado a descender a terceira división.
Ficha:
Alineación: Rubén, Soto, Goldar, David Costas, Samuel, Antón, Borja Domínguez, Borja Fernández (Marcos Torres, 74'), Yelko Pino (Javi Rey, 85'), Borja Iglesias, Thaylor (Añón, 82').
Goles: 1-0, Thaylor (47'). 1-1, Rachid (92'). 1-2, Álex Menéndez (94').
Colexiado: Escudero marín, amonestou a Borja Fernández, Rubén, Borja Domínguez e expulsou a David Costas (94').
Estadio: Barreiro, uns 1.500 espectadores.

domingo, 6 de abril de 2014

Liga, xornada 32: Raio 3 - Celta 0

Un Raio moi inferior ao Celta goléanos por tres goles a cero, un gol de churro e en propia porta, outro nun regalo de Yoel e o último por falta de intensidade da defensa.
O mellor do partido foron os afeccionados do Celta en Vallecas
O peor do partido non foi o resultado, senón que o Celta xogou un partido horrible e aínda así foi mellor que o Raio, que nos goleou sen apenas facer nada. A primeira ocasión púxoa o Celta nun saque de esquina, Nolito pasa a Jonny pola frontal da área grande, este centra, Augusto peitea e Íñigo López esta apunto de marcar dentro da área pequena. O Celta seguía dominando ao Raio de principio a fin pero no minuto 30 contra do equipo visitante, Hugo Mallo esvara, centro dende a banda dereita e o remate do Raio tropeza en Íñigo López e introdúcese na meta de Yoel, miúdo churro. Continuaba o dominio do Celta e o Raio tivo dous remates máis en duas contras, o primeiro dende fóra da área que atrapa Yoel e o segundo de cabeza dentro da área que sae fóra por pouco. Dominio estéril do Celta na primeira parte. A segunda parte comeza con cambio no Celta, retírase un ausente Orellana e entra Álex López. No minuto 49 gol do Raio, nun disparo normal que traga Yoel, 2-0. Dez minutos despois, falta de intensidade na defensa e 3-0. Vaise Augusto, no seu peor partido coa camiseta do Celta, e entra Bermejo, e un minuto despois do cambio, agresión dun xogador do Raio a Charles, que lle fractura o tabique nasal. O árbitro expúlsao con vermello directo. Charles non pode continuar e é sustituído por Santi Mina. Ocasión para Álex López só ante o porteiro que sae fóra. Outra de Nolito que para o porteiro local. Unha máis de Álex López que despexa a saque de esquina o porteiro local. Outro disparo de Krohn-Dehli dende fóra da área coa mesma sorte. Remate de cabeza de Bermejo que sae fóra. Podiamos estar tirando cinco partidos máis que o balón non ía entrar, e no minuto 90 penalti claro sobre Nolito co árbitro pegado que non pita (e iso que o equipo local gañaba 3-0, incrible) e amoesta a Nolito. Na última xogada do partido esgarro do fillo de puta de Jonathan Viera a Íñigo López. Que noxo me dá o Puto Raio Vallecano, que quere ir de equipo simpático e o único que ten é unha banda de "ultrillas merdones" nun fondo, uns xogadores que non saben estar á altura nin cando gañan e un capitán que en vez de galego parece madrileño, espero que lle aconteza o peor a este equipo de montes de merda.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Íñigo López, Fontás, Jonny; Augusto (Bermejo, 62'), Krohn-Dehli, Rafinha; Orellana (Álex López, 45'), Charles (Santi Mina, 68') e Nolito.
Goles: 1-0, Íñigo López en propia porta (30'). 2-0, Bueno (49'). 3-0, Bueno (59').
Colexiado: Pérez Montero, ben baixo (comeuse un penalti clarísimo no minuto 90 a Nolito e o amonestou e non viu un esgarro no tempo de desconto do xilipollas e atrasado mental de Jonathan Viera. Non interveu no resultado). Amonestou a Nolito.
Estadio: Vallecas, 11.849 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Cantada. 0.
  • Hugo Mallo. Intenso. 1.
  • Íñigo López. Firme. 1.
  • Fontás. Loitador. 1.
  • Jonny. Sufridor. 1.
  • Augusto. Mal. 0.
  • Krohn-Dehli. Suficiente. 4.
  • Rafinha. Egoísta. 1.
  • Orellana. Ausente 2.
  • Charles. Agredido. 1.
  • Nolito. Regular. 0.
  • Álex López. Perigo. 6.
  • Bermejo. Aire. 7.
  • Santi Mina. Desapercibido. 2.
*Reparto de puntos en estadísticas.

viernes, 4 de abril de 2014

Lista de convocados para o Raio - Celta

Os xogadores do Celta esperan unha arbitraxe mellor que no encontro da primeira volta
Non entran na lista de convocados por decisión técnica Madinda, Welliton e David Costas.
  • 01 ¬ Sergio
  • 02 ¬ Hugo Mallo
  • 03 ¬ Fontás
  • 04 ¬ Oubiña
  • 08 ¬ Álex López
  • 09 ¬ Bermejo
  • 10 ¬ Nolito
  • 11 ¬ Charles
  • 12 ¬ Rafinha
  • 13 ¬ Yoel
  • 14 ¬ Orellana
  • 15 ¬ Aurtenetxe
  • 19 ¬ Jonny
  • 21 ¬ Íñigo López
  • 22 ¬ Cabral
  • 23 ¬ Krohn-Dehli
  • 24 ¬ Augusto
  • 29 ¬ Santi Mina