domingo, 20 de abril de 2014

Liga, xornada 34: Almería 2 - Celta 4

O Celta segue co seu idilio en terras andaluzas (5 victorias en 5 partidos) e golea o Almería por 2 a 4, asegurando salvo catástrofe a permanencia a falta de 4 xornadas para rematar a liga.
Charles, Nolito e Jonny festexan un dos catro tantos
O Celta, como vén sendo habitual nos primeiros minutos de cada partido sae durmido e a punto estivo de recibir dous goles, en dous pases longos con dous remates de Rodri, un fóra e outro ao pau. A partir de aquí o Celta fíxose dono do partido e empezou a crear perigo sobre todo nunha ocasión de Nolito que o ex porteiro do Celta, Esteban, desbaratou cunha gran intervención. No minuto 18 o Celta marca o 0-1 nunha gran xogada de Rafinha dentro da área que senta o defensa cun cano e o seu disparo / centro lle cae a Nolito que controla e bate a Esteban. A continuación Álex López puido ampliar a conta con dous disparos dende fóra da área que despexou Esteban. Dominio absoluto celeste, pero o Almería ía empatar o partido no minuto 39 nun saque rápido dunha falta que pilla durmida á defensa e Rodri dende o chan, agora si, bate a Yoel. Ao descanso empate a un. A segunda parte empeza coa entrada de Madinda por Álex López e aos cinco minutos xogada individual de Orellana que pasa a Nolito (en fóra de xogo) e este cede a Charles para poñer o 1 a 2 no marcador. Segundo cambio no Celta, retírase Charles e entra Mario Bermejo, minuto 66. O terceiro gol chegou nun pase de Hugo Mallo para Orellana que centra para que Nolito marque a porta baleira o seu segundo gol do partido. Pase medido de Rafinha para Orellana que rompe á defensa, vaise do porteiro e marca o 1 a 4. Retírase Rafinha e entra Íñigo López. No minuto 88 o Almería marcaba o seu segundo gol por mediación do ex céltico Óscar Díaz cun gran lanzamento dende fóra da área que se coa pola escuadra. Final do partido e agora a gañar ao Valladolid en Balaídos e asegurar matemáticamente a permanencia.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Rafinha (Íñigo López, 77'), Krohn-Dehli, Álex López (Madinda, 46'); Orellana, Charles (Bermejo, 66') e Nolito.
Goles: 0-1, Nolito (18'). 1-1, Rodri (39'). 1-2, Charles (50'). 1-3, Nolito (71'). 1-4, Orellana (75'). 2-4, Óscar Díaz (88').
Colexiado: Muñiz Fernández, regular.
Estadio: Xogos do Mediterráneo, uns 12.000 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Aprobado. 3.
  • Hugo Mallo. Firme. 3.
  • Cabral. Suficiente. 2.
  • Fontás. Competente. 3.
  • Jonny. Soberbio. 4.
  • Rafinha. Asistente. 12.
  • Krohn-Dehli. Ben. 3.
  • Álex López. Empeño. 3.
  • Orellana. Notable. 13.
  • Charles. Loitador. 7.
  • Nolito. Goleador. 18.
  • Madinda. Firme. 3.
  • Bermejo. Normal. 3.
  • Íñigo López. Minutos. 2.
*Reparto de puntos en estadísticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario