domingo, 13 de abril de 2014

Liga, xornada 33: Celta 2 - R. Sociedade 2

O Celta tira de orgullo e salva un punto ante a Real Sociedade a pesar de xogar cun home menos toda a segunda parte pola expulsión de Aurtenetxe no minuto 47.
Os xogadores do Celta o remate do partido
O partido empezou cunha ocasión para cada equipo, a do Celta cun disparo de Krohn-Dehli e a da Real Sociedade cun remate de cabeza de Canales. Aos 7 minutos Canales marcaba cun forte disparo dende fóra da área no que Yoel puido facer algo máis. Tras o gol a Real se apodero do partido e puido facer o segundo nun remate de cabeza á saída dun corner de Íñigo Martínez. O Celta espertou a partir do minuto 25 onde comezou a crear ocasións, primeiro Bermejo cun disparo franco dentro da área que sae desviado, despois Nolito tras un gran pase de Krohn-Dehli no que Bravo realiza un paradon e outra do propio Krohn-Dehli cun lanzamento dende fóra da área que despexa Bravo con dificultade. Aos 35 minutos prodúcese a xogada do partido, pase de Augusto para Bermejo dentro da área e este é derrubado por Íñigo Martínez, o colexiado pita penalti (moi claro) pero incomprensiblemente mira para outro lado e non se atreve a sacarlle a segunda amarela ao defensa donostiarra (dobre rareso á hora de sacar tarxetas unha vez máis). Nolito transforma o penalti e establece o empate a un gol. No minuto 43 a Real Sociedade colga o balón dende o centro do campo á área do Celta, Hugo Mallo defende mal, o atacante donostiarra peitea o balón ao centro da área e erra primeiro Cabral e despois Aurtenetxe e Griezmann volve desnivelar o marcador, 1-2. Nada máis iniciarse a segunda metade o árbitro expulsa a Aurtenetxe con tarxeta vermella directa tras unha dura entrada no campo da Real Sociedade (repito dobre rasero coas tarxeta xa que se lle saca tarxeta amarela non tivese pasado nada), minuto 47. Pouco despois pase longo cara á área do Celta, Jonny falla no despexe e Griezmann perdoa a sentenza. Nolito intentouno cun lanzamento directo de falta pero Bravo atrapou o esférico. No minuto 60 dobre cambio no Celta, retíranse Augusto e Bermejo e entran Orellana e Santi Mina. No minuto 68 Cabral intercepta unha contra clara da Real Sociedade, recibindo un forte golpe e sendo sustituído dous minutos despois por Íñigo López. O Celta conseguía o premio do empate aos 81 minutos obra de Santi Mina (curiosamente os seus tres goles co primeiro equipo foron a equipos vascos) tras un pase de Orellana dentro da área. Pero o Celta aínda puido marcar o terceiro e desnivelar o marcador nunha gran xogada de Orellana dende a esquerda que encara os defensas donostiarras, os senta e o seu disparo o despexa Bravo. Un punto que pode ser de ouro xa que os seguintes partidos son ante rivais directos, Almería, Valladolid e Osasuna.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral (Íñigo López, 70'), Aurtenetxe, Jonny; Augusto (Orellana, 60'), Fontás, Krohn-Dehli; Rafinha, Bermejo (Santi Mina, 60') e Nolito.
Goles: 0-1, Canales (7'). 1-1, Nolito de penalti (37'). 1-2, Griezmann (43'). 2-2, Santi Mina (81').
Colexiado: Estrada Fernández, mal (como sempre). Amonestou a Hugo Mallo, Bermejo e Cabral. Expulsou con tarxeta vermella directa a Aurtenetxe (47').
Estadio: Balaídos, 20.839 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio polo ex médico do Celta Juan José Crespo Salgado.
Puntuación:
  • Yoel. Inseguro. 2.
  • Hugo Mallo. Suficiente. 1.
  • Cabral. Lesionado. 1.
  • Aurtenetxe. Expulsado. 0.
  • Jonny. Regular. 2.
  • Augusto. Loitador. 3.
  • Fontás. Normal. 2.
  • Krohn-Dehli. Ben. 3.
  • Rafinha. Irregular. 2.
  • Bermejo. Capitán. 2.
  • Nolito. Gol. 9.
  • Orellana. Asistente. 12.
  • Santi Mina. Revulsivo. 12.
  • Íñigo López. Seguro. 4.
*Reparto de puntos en estadísticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario