domingo, 6 de abril de 2014

Liga, xornada 32: Raio 3 - Celta 0

Un Raio moi inferior ao Celta goléanos por tres goles a cero, un gol de churro e en propia porta, outro nun regalo de Yoel e o último por falta de intensidade da defensa.
O mellor do partido foron os afeccionados do Celta en Vallecas
O peor do partido non foi o resultado, senón que o Celta xogou un partido horrible e aínda así foi mellor que o Raio, que nos goleou sen apenas facer nada. A primeira ocasión púxoa o Celta nun saque de esquina, Nolito pasa a Jonny pola frontal da área grande, este centra, Augusto peitea e Íñigo López esta apunto de marcar dentro da área pequena. O Celta seguía dominando ao Raio de principio a fin pero no minuto 30 contra do equipo visitante, Hugo Mallo esvara, centro dende a banda dereita e o remate do Raio tropeza en Íñigo López e introdúcese na meta de Yoel, miúdo churro. Continuaba o dominio do Celta e o Raio tivo dous remates máis en duas contras, o primeiro dende fóra da área que atrapa Yoel e o segundo de cabeza dentro da área que sae fóra por pouco. Dominio estéril do Celta na primeira parte. A segunda parte comeza con cambio no Celta, retírase un ausente Orellana e entra Álex López. No minuto 49 gol do Raio, nun disparo normal que traga Yoel, 2-0. Dez minutos despois, falta de intensidade na defensa e 3-0. Vaise Augusto, no seu peor partido coa camiseta do Celta, e entra Bermejo, e un minuto despois do cambio, agresión dun xogador do Raio a Charles, que lle fractura o tabique nasal. O árbitro expúlsao con vermello directo. Charles non pode continuar e é sustituído por Santi Mina. Ocasión para Álex López só ante o porteiro que sae fóra. Outra de Nolito que para o porteiro local. Unha máis de Álex López que despexa a saque de esquina o porteiro local. Outro disparo de Krohn-Dehli dende fóra da área coa mesma sorte. Remate de cabeza de Bermejo que sae fóra. Podiamos estar tirando cinco partidos máis que o balón non ía entrar, e no minuto 90 penalti claro sobre Nolito co árbitro pegado que non pita (e iso que o equipo local gañaba 3-0, incrible) e amoesta a Nolito. Na última xogada do partido esgarro do fillo de puta de Jonathan Viera a Íñigo López. Que noxo me dá o Puto Raio Vallecano, que quere ir de equipo simpático e o único que ten é unha banda de "ultrillas merdones" nun fondo, uns xogadores que non saben estar á altura nin cando gañan e un capitán que en vez de galego parece madrileño, espero que lle aconteza o peor a este equipo de montes de merda.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Íñigo López, Fontás, Jonny; Augusto (Bermejo, 62'), Krohn-Dehli, Rafinha; Orellana (Álex López, 45'), Charles (Santi Mina, 68') e Nolito.
Goles: 1-0, Íñigo López en propia porta (30'). 2-0, Bueno (49'). 3-0, Bueno (59').
Colexiado: Pérez Montero, ben baixo (comeuse un penalti clarísimo no minuto 90 a Nolito e o amonestou e non viu un esgarro no tempo de desconto do xilipollas e atrasado mental de Jonathan Viera. Non interveu no resultado). Amonestou a Nolito.
Estadio: Vallecas, 11.849 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Cantada. 0.
  • Hugo Mallo. Intenso. 1.
  • Íñigo López. Firme. 1.
  • Fontás. Loitador. 1.
  • Jonny. Sufridor. 1.
  • Augusto. Mal. 0.
  • Krohn-Dehli. Suficiente. 4.
  • Rafinha. Egoísta. 1.
  • Orellana. Ausente 2.
  • Charles. Agredido. 1.
  • Nolito. Regular. 0.
  • Álex López. Perigo. 6.
  • Bermejo. Aire. 7.
  • Santi Mina. Desapercibido. 2.
*Reparto de puntos en estadísticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario