lunes, 31 de marzo de 2014

2ª división B, xornada 32: R. Ferrol 2 - Celta "B" 0

O Celta "B" perde o derbi ante o Racing de Ferrol por dous goles a cero, tras un penalti moi dubidoso no minuto 45, e sitúase por primeira vez na tempada en postos de descenso a terceira división.
Ficha:
Alineación: Rubén, Soto, David Costas, Goldar, Samuel (Thaylor, 80'), Fernán (Marcos Torres, 68'), Borja Fernández (Antón, 80'), Borja Domínguez, Añón, Yelko Pino e Borja Iglesias.
Goles: 1-0, Manu Barreiro de penalti (45'). 2-0, Marcos Álvarez (90').
Colexiado: Fernández Pérez, amonestou a David Costas, Samuel e Añón.
Estadio: A Malata, uns 1.500 espectadores.

Liga, xornada 31: Celta 1 - Sevilla 0

Un Celta moi superior, gaña ao Sevilla cun gol de penalti (milagre) transformado por Nolito, que consegue o seu gol número 7.
Nolito tras marcar o penalti
O partido comeza con dous lanzamentos dende fóra da área, un de Krohn-Dehli e outro de Rafinha, aínda que a primeira ocasión clara foi do Sevilla cun gol anulado por fóra de xogo, para min inexistente, (aínda que non se pode falar de gol anulado xa que o árbitro pitou antes do remate). Volveuna ter o Sevilla nun man a man que Yoel despexa co pé, o balón caelle outra vez ao Sevilla e o remate o despexa Jonny tirándose ao chan. A mellor ocasión do Celta foi nun bo roubo de balón de Krohn-Dehli que encara, pasa a Augusto, este centra dende a liña de fondo e Nolito remata de cabeza, atrapando o exporteiro do Celta, Javi Varas (que recibiu unha gran ovación por parte de Balaídos ao inicio do encontro). No segundo tempo o Celta saliu máis entoado e a primeira ocasión tívoa Rafinha, tras un bo pase de Krohn-Dehli, recorta o defensa e o seu disparo o atrapa Javi Varas. No minuto 49 prodúcese o primeiro cambio do Celta, sae Álex López e entra Orellana. Outro lanzamento de Rafinha dende fóra da área que volve atrapar Javi Varas. Boa contra do Sevilla tras un mal despexe do Celta e Yoel despexa a saque de esquina un bo lanzamento do Sevilla. Bo centro de Jonny dende a esquerda que remata Orellana, o seu disparo se estrela no longueiro e o rexeite rebota en Nolito e o balón vaise fóra incriblemente. No minuto 73 producese o segundo troco do Celta entrando Bermejo por Charles e no minuto 79 Aurtenetxe sustituía a Rafinha. Outro remate dende fóra da área, esta vez Hugo Mallo, que se vai fóra. A continuación triple agarrón do mesmo xogador do Sevilla a Orellana que o árbitro aplica a lei da vantaxe e logo incomprensiblemente non amoesta o xogador visitante, cando no minuto 24 de partido amoestou a Fontás na primeira falta que cometía. A catro minutos para o final saque de banda de Hugo Mallo cara a Bermejo dentro da área e o colexiado pita penalti (milagre) por man de Fazio dentro da área que Nolito transforma no gol da vitoria. Xa no tempo de desconto Nolito dispara e Javi Varas despexa a corner nunha gran intervención, pero a última xogada tívoa o Sevilla nun remate de Bacca que Yoel volve a despexar a saque de esquina, realizando outro paradón. Para os que critican a Luis Enrique, recordarlles que a falta de 7 partidos (21 puntos) temos 36 puntos, cando o ano pasado fixemos 37 puntos en toda a liga.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Íñigo López, Fontás, Jonny; Augusto, Krohn-Dehli, Álex López (Orellana, 49'); Rafinha (Aurtenetxe, 79'), Charles (Bermejo, 73') e Nolito.
Goles: 1-0, Nolito de penalti (86').
Colexiado: Martínez Munuera, regular. Amonestou a Fontás.
Estadio: Balaídos, 19.366 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Partidazo. 12.
  • Hugo Mallo. Intenso. 6.
  • Íñigo López. Firme. 6.
  • Fontás. Seguro. 5.
  • Jonny. Eficiente. 6.
  • Augusto. Loitador. 5.
  • Krohn-Dehli. Líder. 11.
  • Álex López. Desapercibido. 4.
  • Rafinha. Empeño. 5.
  • Charles. Desaparecido. 3.
  • Nolito. Goleador. 13.
  • Orellana. Suplente. 5.
  • Bermejo. Aire. 5.
  • Aurtenetxe. Ben. 5.
*Reparto de puntos en estadísticas.

sábado, 29 de marzo de 2014

Lista de convocados para o Celta - Sevilla

Os xogadores do Celta tras a vitoria do encontro da primeira volta
Cabral é baixa por lesión. Non entran na lista de convocados por decisión técnica Madinda e Welliton.
  • 01 ¬ Sergio
  • 02 ¬ Hugo Mallo
  • 03 ¬ Fontás
  • 04 ¬ Oubiña
  • 08 ¬ Álex López
  • 09 ¬ Bermejo
  • 10 ¬ Nolito
  • 11 ¬ Charles
  • 12 ¬ Rafinha
  • 13 ¬ Yoel
  • 14 ¬ Orellana
  • 15 ¬ Aurtenetxe
  • 19 ¬ Jonny
  • 21 ¬ Íñigo López
  • 23 ¬ Krohn-Dehli
  • 24 ¬ Augusto
  • 29 ¬ Santi Mina
  • 30 ¬ David Costas

jueves, 27 de marzo de 2014

Liga, xornada 30: Barcelona 3 - Celta 0

O Celta perde por tres goles a cero ante un Barcelona moi superior, sobre todo no primeiro tempo, mostrando unha vez máis a súa fraxilidade defensiva.
Jonny foi o mellor no encontro de onte
O partido empezou coa novidade no lado esquerdo da defensa, Jonny xogou de central e Aurtenetxe como lateral. No primeiro tempo o Barcelona puido sentenciar e nada máis comezar gol de Messi anulado por fóra de xogo. Na seguinte xogada chega o primeiro gol, nun posible fóra de xogo de Alexis (moi dubidoso), era o minuto 5 de partido. Outra ocasión moi clara do Barcelona. Despois paradon de Yoel a Messi. A continuación a "cagada" do colexiado Ayza Gámez que sinala penalti por man de Adriano e logo rectifica e a pita fóra da área (a man é fóra da área, pero tamén os dous penaltis que lle pitou a favor ao Almeria no partido do luns, demostrando que cando é un penalti en contra dun grande si se pode rectificar). A falta a lanza Orellana e atrápaa Valdés sen problemas, pero rómpese o ligamento cruzado do seu xeonllo e é substituído polo excapitán do Celta Pinto. No minuto 29 o Barcelona marcaba o 2-0 nun fallo de Aurtenetxe ao tirar o fóra de xogo. Ata o final do primeiro tempo só podemos destacar a lesión de Cabral (escordadura no seu nocello esquerdo) que foi substituído por Íñigo López, era o minuto 37. Na segunda parte o Celta saliu mais centrado, con Jonny de lateral e Aurtenetxe de central, e tivo unha ocasión clara nada máis empezar, centro de Orellana dende a banda esquerda con remate de Augusto ao que Pinto responde cun paradón e o seguinte disparo de Santi Mina o volve parar con outra gran intervención. Saque de esquina do Celta sen perigo, pase en longo do Barcelona e logran o 3-0 ante a falta de contundencia de Fontás e Madinda. O Celta estivo a punto de marcar o gol da honra nunha mala cesión a Pinto que presiona Bermejo recuperando o balón pero este sae fóra por pouco. Despois disparo afastado do Barcelona e gran internada de Jonny pola banda esquerda que saca un gran disparo e despexa Pinto, noutra gran parada. Outra ocasión de Bermejo, que creou máis perigo en cerca de media hora que Santi Mina nos últimos 5 partidos, cun gran remate de cabeza e con outra gran estirada de Pinto. Final do partido e a pensar no Sevilla, onde xa non podemos fallar.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral (Íñigo López, 37'), Jonny, Aurtenetxe; Madinda, Fontás (Oubiña, 73'), Álex López; Augusto, Santi Mina e Orellana (Bermejo, 63').
Goles: 1-0, Neymar (5'). 2-0, Messi (29'). 3-0, Neymar (66').
Colexiado: Ayza Gámez, aprobado. Amonestou a Hugo Mallo y Augusto.
Estadio: Camp Nou, 67.162 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Ben. 5.
  • Hugo Mallo. Cumpridor. 1.
  • Cabral. Lesionado. 2.
  • Jonny. Activo. 7.
  • Aurtenetxe. Inseguro. 0.
  • Madinda. Regular. 0.
  • Fontás. Normal. 1.
  • Álex López. Desaparecido. 0.
  • Augusto. Empeño. 1.
  • Santi Mina. Desapercibido. 0.
  • Orellana. Empeño. 2.
  • Íñigo López. Eficiente. 3.
  • Bermejo. Perigo. 7.
  • Oubiña. Seguro. 3.
*Reparto de puntos en estadísticas.

martes, 25 de marzo de 2014

Lista de convocados para o Barcelona - Celta

Esperemos que esta vez non nos anulen ningún gol legal, nin que dean por válido ningún gol en fóra de xogo do Barcelona
Rafinha é baixa por lesión. Non entra na lista de convocados por decisión técnica Welliton. A convocatoria fórmana 19 xogadores, xa que está pendente a decisión do Comité de competición (manipulación) sobre a sanción a Krohn-Dehli pola quinta tarxeta amarela, polo que o adestrador Luis Enrique deberá descartar antes do partido a outro xogador.
  • 01 ¬ Sergio
  • 02 ¬ Hugo Mallo
  • 03 ¬ Fontás
  • 04 ¬ Oubiña
  • 08 ¬ Álex López
  • 09 ¬ Bermejo
  • 10 ¬ Nolito
  • 11 ¬ Charles
  • 13 ¬ Yoel
  • 14 ¬ Orellana
  • 15 ¬ Aurtenetxe
  • 17 ¬ Madinda
  • 19 ¬ Jonny
  • 21 ¬ Íñigo López
  • 22 ¬ Cabral
  • 23 ¬ Krohn-Dehli
  • 24 ¬ Augusto
  • 29 ¬ Santi Mina
  • 30 ¬ David Costas

lunes, 24 de marzo de 2014

Horarios das xornadas 32, 33 e 34

Xornada 32:
Raio - Celta
Data: sábado 5 de abril do 2014
Hora: 22:00 horas
Estadio: Vallecas
Xornada 33:
Celta - R. Sociedade
Data: sábado 12 de abril do 2014
Hora: 16:00 horas
Estadio: Balaídos



Xornada 34:
Almería - Celta
Data: domingo 20 de abril do 2014
Hora: 12:00 horas
Estadio: Mediterráneo

2ª división B, xornada 31: Caudal 3 - Celta "B" 0

O Celta "B" perde ante un rival directo e continúa no posto de promoción de descenso a terceira división e a un só punto do descenso directo.
Ficha:
Alineación: Rubén, Kevin (Borja Fernández, 56'), Maceira, Soto, Pablo Cespo, Goldar, Borja Domínguez, Antón, Marcos Torres (Yelko Pino, 67'), Borja Iglesias e Thaylor (Aitor, 56').
Goles: 1-0, Rojas (13'). 2-0, Abraham (63'). 3-0, Jorge (80').
Colexiado: González Esteban.
Estadio: Hermanos Antuña, uns 800 espectadores.

sábado, 22 de marzo de 2014

Liga, xornada 29: Celta 0 - Málaga 2

O peor Celta da tempada perde en Balaídos contra o Málaga por 0-2 e pode rematar a xornada a 4 puntos dos postos de descenso.
As caras de Rafinha e Charles mostran o rostro da impotencia
O Celta dominou todo o partido, pero sen apenas crear perigo ou o que é o mesmo, ocasións de gol. A primeira ocasión de gol tívoa Krohn-Dehli cun gran lanzamento dende fóra da área que se estrela no longueiro. O Málaga avisou cun disparo de Samuel que tamén se estrela no longueiro. Krohn-Dehli volveuno intentar outra vez dende fóra da área pero atrapa Caballero. Na seguinte xogada centro de Duda dende a dereita, remate do atacante dentro da área pequena e o rexeite de Yoel cáelle a Camacho que só ten que empurrala ao fondo das mallas, minuto 23. Oito minutos despois falta dende a esquerda botada por Duda e Camacho remata só, ante a pasividade de Oubiña, a gol, 0-2. A partir de aquí o Celta dominou sen crear perigo, agás un remate de Nolito tras unha parede con Krohn-Dehli, e o Málaga se dedicou a perder tempo e dar patadas co consentimento do árbitro, Gil ManzanoA segunda metade empezou cun gran lanzamento de falta de Nolito que sae rozando a cruceta. O Málaga seguía dando patadas, sobretodo a Rafinha e no minuto 65 agresión de Duda a Rafinha e tarxeta vermella directa ao xogador da Málaga, o raro é que só lle expulsarán a un xogador (despois temos que escoitar as parvadas de Schuster en rolda de prensa dicindo que non son un equipo...). Remate de Madinda dende fóra da área, rexeita Caballero e Charles marca de cabeza, pero en fóra de xogo. Pase de Madinda a Nolito e o seu disparo sae desviado. Mentres tanto os xogadores do Málaga seguían perdendo tempo, caendo sós sen o balón e dando patadas, como o penalti sobre Rafinha que o colexiado a un metro da xogada non quixo pitar, non vaia ser que nos metésemos no encontro. Final do partido e agora a asaltar o Camp Nou.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, David Costas, Fontás, Jonny; Augusto (Santi Mina, 77'), Oubiña (Rafinha, 46'), Krohn-Dehli; Orellana (Madinda, 63'), Charles e Nolito.
Goles: 0-1, Camacho (23'). 0-2, Camacho (31').
Colexiado: Gil Manzano, mal (é incrible que un equipo que dedicase a dar patadas e perder tempo durante 90 minutos só acabe cun expulsado). Amonestou a Krohn-Dehli.
Estadio: Balaídos, 22.470 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Suficiente. 2.
  • Hugo Mallo. Cumpridor. 2.
  • David Costas. Inseguro. 2.
  • Fontás. Normal. 2.
  • Jonny. Regular. 2.
  • Augusto. Traballador. 2.
  • Oubiña. Penoso. 1.
  • Krohn-Dehli. Activo. 6.
  • Orellana. Empeño. 2.
  • Charles. Loitador. 2.
  • Nolito. Perigo. 6.
  • Rafinha. Maltratado. 6.
  • Madinda. Ben. 3.
  • Santi Mina. Desapercibido. 2.
*Reparto de puntos en estadísticas.

viernes, 21 de marzo de 2014

Lista de convocados para o Celta - Málaga

Charles e Nolito festexando o cuarto gol da goleada da primeira volta (0-5)
Son baixa por sanción Aurtenetxe é Cabral. Non entran na lista de convocados por decisión técnica Álex López é Welliton. Entra por primeira vez na convocatoria o defensa do filial David Goldar.
  • 01 ¬ Sergio
  • 02 ¬ Hugo Mallo
  • 03 ¬ Fontás
  • 04 ¬ Oubiña
  • 09 ¬ Bermejo
  • 10 ¬ Nolito
  • 11 ¬ Charles
  • 12 ¬ Rafinha
  • 13 ¬ Yoel
  • 14 ¬ Orellana
  • 17 ¬ Madinda
  • 19 ¬ Jonny
  • 21 ¬ Íñigo López
  • 23 ¬ Krohn-Dehli
  • 24 ¬ Augusto
  • 29 ¬ Santi Mina
  • 30 ¬ David Costas
  • 31 ¬ David Goldar

lunes, 17 de marzo de 2014

2ª división B, xornada 30: Celta "B" 1 - Compostela 1

O Celta "B" realiza un gran partido no derbi ante o Compostela, pero vólvese deixar puntos nos últimos minutos, e continua no posto de promoción de descenso a terceira.
Ficha:
Alineación: Rubén, Kevin (Javi Rey, 76'), David Costas, Soto, Maceira, Goldar, Borja Domínguez, Antón, Marcos Torres (Borja Fernández, 83'), Thaylor (Aitor, 78') e Borja Iglesias.
Goles: 1-0, Borja Iglesias (19'). 1-1, Joselu (83').
Colexiado: Moreno Aragón.
Estadio: Barreiro, uns 2.000 espectadores.

Liga, xornada 28: Levante 0 - Celta 1

O Celta gaña ao Levante nun partido que foi de ida e volta, onde houbo de todo, e deixa o descenso a 7 puntos.
Madinda, Charles e Fontás felicitan a Nolito tras marcar o seu gol
O Celta saltaba ao campo con sorpresas no 11 titular. O Levante era o primeiro en tirar a portería cun lanzamento directo de falta que Yoel despexa a saque de esquina con dificultade. A partir de aquí o Celta fíxose dono absoluto do partido e aos 18 minutos marcaba o gol que daría os 3 puntos, nun pase longo de Jonny para Augusto, este rompe o fóra de xogo, a controla e centra para que Nolito marcase a porta baleira. A continuación outra gran xogada entre Jonny e Augusto e o centro deste remátao Orellana e o para Navas coa axuda do defensa. Despois xogada clásica de Nolito dende a esquerda e o seu remate estrélase no pau, o rexeite vólvelle caer a Nolito e o seu segundo disparo despéxao a defensa a corner. O Celta non sentencio o partido no primeiro tempo e deixono todo aberto para o segundo tempoNo segundo tempo o Levante saliu máis entoado e Barral tivo a primeira ocasión cun disparo que despexa Yoel realizando unha gran parada. Despois penalti sobre Charles que o árbitro non pita (o incompetente de Rafa Guerrero no programa de Pedrerol non di nada), na seguinte xogada, penalti de Nolito sobre un xogador do Levante que tampouco pita (pero este se que o viu o ex árbitro con pinta de "yonki"Rafa Guerrero). Triple ocasión do Celta nun centro de Augusto dende a dereita con remate de Nolito que rexeita Navas, o balón vólvelle caer a Nolito e o seu disparo pega nun defensa pero o balón chégalle a Fontás e o seu remate vólveo despexar a defensa, o Levante monta unha contra e penalti de Jonny sobre Barral, o Levante pedía a expulsión de Jonny pero o árbitro acerta mostrando so tarxeta amarela, xa que Aurtenetxe estaba diante de Barral (para o sinvergüenza de Rafa Guerrero é expulsión, como non podía ser doutro xeito). Barral lanza o penalti pero estrélao no longueiro. Na seguinte ocasión prodúcese un "gol fantasma" nun remate de Barral, que pode estar en fóra de xogo (para o idiota de Rafa Guerrero é gol, que raro, pero para o programa informático "el libero" que utiliza canal + para resolver os goles fantasmas non é gol). Despois Yoel faille un paradón outra vez a Barral nun man a man. Xogada entre Jonny e Orellana, este vaise de dous defensas dentro da área e o seu disparo con Navas batido despéxao un defensa, tamén a tivo Krohn-Dehli noutra xogada cun remate cruzado que sae fóra por pouco. Disparo dende fóra da área do Levante que vai directo á escuadra pero Yoel o atrapa en dous tempos. No intercambio de golpes Nolito estrelaba unha falta na cruceta (con este leva 7 balóns aos paus no que vai de liga). Outro paradón de Yoel a un lanzamento de falta do Levante. Pase longo cara a Charles, control incrible e paradón de Navas no intento de vaselina e a última tívoa Santi Mina que se interna e só ante Navas a manda fóra. Por último quero explicar as miñas críticas cara o individuo chamado Rafa "no me jodas" Guerrero, estas críticas son pola manipulación que exerce todas as semanas dicindo que ao Celta os árbitros lle regalaron 10 puntos, esquecéndoselle o roubo de San Sebastián, o gol anulado a Santi Mina ante o Elxe, o gol anulado ante a Barcelona con 0-1, o penalty deste partido, etc... pero o máis grave é a súa obsesión con favorecer ao Betis como o penalti clarisimo que cometeu o Betis ante o Elxe (esta xornada) no desconto e que viu todo o mundo menos o el e o árbitro do encontro, pero curiosamente viu un penalti sobre o Betis que non mirou ninguén. Pero é tan estúpido este personaxe que conta os penaltys non pitados como goles, cando primeiro hai que metelos, e os foras de xogo do R. Madrid non existen como o de Ronaldo ante o Valencia...
Ficha:
Alineación: Yoel; Jonny (Hugo Mallo, 66'), Cabral, Íñigo López, Aurtenetxe; Augusto, Fontás, Madinda (Krohn-Dehli, 69'); Orellana (Santi Mina, 85'), Charles e Nolito.
Goles: 0-1, Nolito (18').
Colexiado: Hernández Hernández, regular. Amonestou a Madinda, Jonny, Cabral, Aurtenetxe e Charles.
Estadio: Ciutat de València, 14.300 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Espectacular. 12.
  • Jonny. Normal. 4.
  • Cabral. Seguro. 4.
  • Íñigo López. Eficiente. 5.
  • Aurtenetxe. Ben. 4.
  • Augusto. Partidazo. 12.
  • Fontás. Firme. 5.
  • Madinda. Relevante. 4.
  • Orellana. Exquisito. 6.
  • Charles. Loitador. 5.
  • Nolito. Goleador. 12.
  • Hugo Mallo. Sorpresa. 3.
  • Krohn-Dehli. Tranquilidad. 3.
  • Santi Mina. Pouco tempo. 2.
*Reparto de puntos en estadísticas.