lunes, 17 de marzo de 2014

Liga, xornada 28: Levante 0 - Celta 1

O Celta gaña ao Levante nun partido que foi de ida e volta, onde houbo de todo, e deixa o descenso a 7 puntos.
Madinda, Charles e Fontás felicitan a Nolito tras marcar o seu gol
O Celta saltaba ao campo con sorpresas no 11 titular. O Levante era o primeiro en tirar a portería cun lanzamento directo de falta que Yoel despexa a saque de esquina con dificultade. A partir de aquí o Celta fíxose dono absoluto do partido e aos 18 minutos marcaba o gol que daría os 3 puntos, nun pase longo de Jonny para Augusto, este rompe o fóra de xogo, a controla e centra para que Nolito marcase a porta baleira. A continuación outra gran xogada entre Jonny e Augusto e o centro deste remátao Orellana e o para Navas coa axuda do defensa. Despois xogada clásica de Nolito dende a esquerda e o seu remate estrélase no pau, o rexeite vólvelle caer a Nolito e o seu segundo disparo despéxao a defensa a corner. O Celta non sentencio o partido no primeiro tempo e deixono todo aberto para o segundo tempoNo segundo tempo o Levante saliu máis entoado e Barral tivo a primeira ocasión cun disparo que despexa Yoel realizando unha gran parada. Despois penalti sobre Charles que o árbitro non pita (o incompetente de Rafa Guerrero no programa de Pedrerol non di nada), na seguinte xogada, penalti de Nolito sobre un xogador do Levante que tampouco pita (pero este se que o viu o ex árbitro con pinta de "yonki"Rafa Guerrero). Triple ocasión do Celta nun centro de Augusto dende a dereita con remate de Nolito que rexeita Navas, o balón vólvelle caer a Nolito e o seu disparo pega nun defensa pero o balón chégalle a Fontás e o seu remate vólveo despexar a defensa, o Levante monta unha contra e penalti de Jonny sobre Barral, o Levante pedía a expulsión de Jonny pero o árbitro acerta mostrando so tarxeta amarela, xa que Aurtenetxe estaba diante de Barral (para o sinvergüenza de Rafa Guerrero é expulsión, como non podía ser doutro xeito). Barral lanza o penalti pero estrélao no longueiro. Na seguinte ocasión prodúcese un "gol fantasma" nun remate de Barral, que pode estar en fóra de xogo (para o idiota de Rafa Guerrero é gol, que raro, pero para o programa informático "el libero" que utiliza canal + para resolver os goles fantasmas non é gol). Despois Yoel faille un paradón outra vez a Barral nun man a man. Xogada entre Jonny e Orellana, este vaise de dous defensas dentro da área e o seu disparo con Navas batido despéxao un defensa, tamén a tivo Krohn-Dehli noutra xogada cun remate cruzado que sae fóra por pouco. Disparo dende fóra da área do Levante que vai directo á escuadra pero Yoel o atrapa en dous tempos. No intercambio de golpes Nolito estrelaba unha falta na cruceta (con este leva 7 balóns aos paus no que vai de liga). Outro paradón de Yoel a un lanzamento de falta do Levante. Pase longo cara a Charles, control incrible e paradón de Navas no intento de vaselina e a última tívoa Santi Mina que se interna e só ante Navas a manda fóra. Por último quero explicar as miñas críticas cara o individuo chamado Rafa "no me jodas" Guerrero, estas críticas son pola manipulación que exerce todas as semanas dicindo que ao Celta os árbitros lle regalaron 10 puntos, esquecéndoselle o roubo de San Sebastián, o gol anulado a Santi Mina ante o Elxe, o gol anulado ante a Barcelona con 0-1, o penalty deste partido, etc... pero o máis grave é a súa obsesión con favorecer ao Betis como o penalti clarisimo que cometeu o Betis ante o Elxe (esta xornada) no desconto e que viu todo o mundo menos o el e o árbitro do encontro, pero curiosamente viu un penalti sobre o Betis que non mirou ninguén. Pero é tan estúpido este personaxe que conta os penaltys non pitados como goles, cando primeiro hai que metelos, e os foras de xogo do R. Madrid non existen como o de Ronaldo ante o Valencia...
Ficha:
Alineación: Yoel; Jonny (Hugo Mallo, 66'), Cabral, Íñigo López, Aurtenetxe; Augusto, Fontás, Madinda (Krohn-Dehli, 69'); Orellana (Santi Mina, 85'), Charles e Nolito.
Goles: 0-1, Nolito (18').
Colexiado: Hernández Hernández, regular. Amonestou a Madinda, Jonny, Cabral, Aurtenetxe e Charles.
Estadio: Ciutat de València, 14.300 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Espectacular. 12.
  • Jonny. Normal. 4.
  • Cabral. Seguro. 4.
  • Íñigo López. Eficiente. 5.
  • Aurtenetxe. Ben. 4.
  • Augusto. Partidazo. 12.
  • Fontás. Firme. 5.
  • Madinda. Relevante. 4.
  • Orellana. Exquisito. 6.
  • Charles. Loitador. 5.
  • Nolito. Goleador. 12.
  • Hugo Mallo. Sorpresa. 3.
  • Krohn-Dehli. Tranquilidad. 3.
  • Santi Mina. Pouco tempo. 2.
*Reparto de puntos en estadísticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario