O peor Celta da tempada perde en Balaídos contra o Málaga por 0-2 e pode rematar a xornada a 4 puntos dos postos de descenso.
As caras de Rafinha e Charles mostran o rostro da impotencia |
O Celta dominou todo o partido, pero sen apenas crear perigo ou o que é o mesmo, ocasións de gol. A primeira ocasión de gol tívoa Krohn-Dehli cun gran lanzamento dende fóra da área que se estrela no longueiro. O Málaga avisou cun disparo de Samuel que tamén se estrela no longueiro. Krohn-Dehli volveuno intentar outra vez dende fóra da área pero atrapa Caballero. Na seguinte xogada centro de Duda dende a dereita, remate do atacante dentro da área pequena e o rexeite de Yoel cáelle a Camacho que só ten que empurrala ao fondo das mallas, minuto 23. Oito minutos despois falta dende a esquerda botada por Duda e Camacho remata só, ante a pasividade de Oubiña, a gol, 0-2. A partir de aquí o Celta dominou sen crear perigo, agás un remate de Nolito tras unha parede con Krohn-Dehli, e o Málaga se dedicou a perder tempo e dar patadas co consentimento do árbitro, Gil Manzano. A segunda metade empezou cun gran lanzamento de falta de Nolito que sae rozando a cruceta. O Málaga seguía dando patadas, sobretodo a Rafinha e no minuto 65 agresión de Duda a Rafinha e tarxeta vermella directa ao xogador da Málaga, o raro é que só lle expulsarán a un xogador (despois temos que escoitar as parvadas de Schuster en rolda de prensa dicindo que non son un equipo...). Remate de Madinda dende fóra da área, rexeita Caballero e Charles marca de cabeza, pero en fóra de xogo. Pase de Madinda a Nolito e o seu disparo sae desviado. Mentres tanto os xogadores do Málaga seguían perdendo tempo, caendo sós sen o balón e dando patadas, como o penalti sobre Rafinha que o colexiado a un metro da xogada non quixo pitar, non vaia ser que nos metésemos no encontro. Final do partido e agora a asaltar o Camp Nou.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, David Costas, Fontás, Jonny; Augusto (Santi Mina, 77'), Oubiña (Rafinha, 46'), Krohn-Dehli; Orellana (Madinda, 63'), Charles e Nolito.
Goles: 0-1, Camacho (23'). 0-2, Camacho (31').
Colexiado: Gil Manzano, mal (é incrible que un equipo que dedicase a dar patadas e perder tempo durante 90 minutos só acabe cun expulsado). Amonestou a Krohn-Dehli.
Estadio: Balaídos, 22.470 espectadores.
Puntuación:
- Yoel. Suficiente. 2.
- Hugo Mallo. Cumpridor. 2.
- David Costas. Inseguro. 2.
- Fontás. Normal. 2.
- Jonny. Regular. 2.
- Augusto. Traballador. 2.
- Oubiña. Penoso. 1.
- Krohn-Dehli. Activo. 6.
- Orellana. Empeño. 2.
- Charles. Loitador. 2.
- Nolito. Perigo. 6.
- Rafinha. Maltratado. 6.
- Madinda. Ben. 3.
- Santi Mina. Desapercibido. 2.
*Reparto de puntos en estadísticas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario